
Vista de "este" a "oeste", do "albor" ó "solpor" dende o Couto, o río Traba desembocando, a dereita o casco urbano, a esquerda San Lázaro, de fondo a Ponte de Noia, Balbargos e a elevación do monte San Lois; escoitei ou soñei, que "SanLois" é a cristianización do "Elohim", do hebreo antigo que no «Antigo Testamento» se usa de xeito abundante para referirse a "Deus" en plural como lugar ou «olimpo» dos ou do «creador soberano» e «todopoderoso», enfatizando a súa «maxestade divina». Tamén dispón dun "castro" agredido dun xeito "desidioso", como «montón de pedras de parede de "repetidor"». A nova e vangardista cidadán xurdirá da lectura, aprecio e revalorización das ruinas da historia nuclear.
Como noutras vilas e cidades importantes, Noia participará activamente na proclamación da República, a pesar de que "republicáns" e "socialistas" non acadaron representación no goberno local. O comerciante Santiago Peiteado Valls, despregou no escaparate da súa xastrería, situada na Rúa do Cantón 33, unhas cortinas coas cores morada, amarela e vermella da bandeira republicana. Tamén Ricardo Diz Agra, candidato a concelleiro pola U.M.N., coloca outra bandeira no escaparate do seu negocio, visible dende os locais da Sociedade Liceo (Porta da Vila, 10).
Proclamada a República, establécese a Xunta Provisional Republicana e nomease como presidente desta Xunta a Santiago Peiteado Valls.
19 de Abril: Celébrase sesión plenaria para que a Xunta Provisional Republicana de posesión ós Concellais electos. Esta Xunta estaba presidida por Álvaro das Casas e Blanco (Santiago Peiteado, estaba enfermo), e os vocais Antonio Oviedo Arce e Basilio Fernández Barbazán.
Anxo Pérez Morales e Xermán Vidal Barreiro, enzarzáronse nunha discusión, que capitalizou o desenrolo desta sesión. Ambos cruzaron acusacións de coaccionar ós veciños durante a campaña. A discusión foi cortada por Álvaro das Casas, recomendando ós presentes: “... e polo ben da República, orde, paz e tranquilidade, pois non agardaba menos da cultura cívica de esta vila de Noia”.
O Presidente da Xunta declara non proceder a dar posesión ós Concellais electos, e facer consulta á superioridade sobre este particular. Dando por rematada a sesión.
 |
Xosé Hombre Blanco, carpinteiro de Orro, candidato da Esquerda Republicana polo distrito de Róo. Acadou representación como Concellal nas designacións do Diputado
Provincial na sesión celebrada o 25 de marzo do 36, integrándose na
Comisión de Facenda. Formou parte da derradeira Corporación Municipal da Segunda República presidida por Severino Iglesias Siso. |
24 de Abril: Chegan a Noia o señor Somoza e outros concellais republicanos da Coruña, en representación do Gobernador Provincial, para constituír a «Xunta Republicana Provisional», que se fará cargo do municipio ate a convocatoria das novas eleccións. Quedou constituída por: Peiteado, Oviedo Arce, Fernández e Xenaro Blanco.
25 de Abril: Sesión extraordinaria do Concello, presidida por Álvaro Das Casas, membro da Xunta Republicana Provisional, acompañado do Tenente da Garda Civil e o notario señor Hermida. O líder dos liberais, Anxo Pérez Morales, insistía na ilegalidade das eleccións do día 12. Vidal Barreiro replicaba, acusando de coaccións ós liberais. O Presidente levantou a sesión, sen dar posesión os candidatos, por ser unánimes as protestas.
A presidencia provisional do goberno da República, acorda a "repetición dos comicios municipais" para o día 31 de maio.
1 de Maio Festa do Traballo: Unha banda de música e gaitas do país, fixeron un pasarrúas na alborada do día. A excepción dos cafés e casas de comidas, os demais comercios pecharon, o que daba a Noia un aspecto desacostumado. De mañá, varias agrupacións obreiras fixeron un pasarrúas, precedidas de bandeiras e gaitas, aledando a vila. Varias excursións de vilas limítrofes que aproveitaron a festividade do día para visitar o famoso salto do Tambre. Ás cinco da tarde, celebrouse no Coliseo Noela un mitin republicano, facendo uso da palabra os señores Tirso e Leoncio Virgós, Juán Xesús González, Caamaño e Moroño, todos de Santiago, presentados polo catedrático do instituto Mariano Pérez Gómez. O teatro abarrotado de público, aplaudiu ós oradores nas súas intervencións e ó final da mesma.
 |
Ponte de Traba. |
2 de Maio: Crease a «Agrupación Socialista Obreira» de Noia promovida por Antonio Oviedo Arce, presidente do Comité Socialista de Noia, que enviou ó Gobernador Civil os estatutos e regulamento dun proxecto de sociedade nomeada “Agrupación Socialista Obreira de Noia”.
10 de Maio: Fúndase en Bos Ares a Asociación do Partido Xudicial de Noia.
13 de Maio: Celebración dun mitin da candidatura republican-socialista no distrito de Barro, intervindo Basilio Fernández-Barbazán, Mariano Pérez Gómez, Álvaro das Casas e o líder asturiano e concellal de Oviedo Sr. Lozano. Os señores Barbazán e Casas, falaron en galego. Todos os intervintes foron aplaudidísimos, victoreándose con verdadeiro frenesí a República e a Galicia. Concorreu ó acto moitísima xente de Noia de tódalas clases sociais, que quedaron altamente satisfeitos.
29 de Maio (domingo): Mitin no Obre, Camboño e en Portosín do Centro Republicano, intervindo Álvaro das Casas e o señor Virgós de Santiago, Basilio Fernández Barbazán e outros. Ó día seguinte, nas parroquias de Fruime, Vilacoba e Lousame, acadando grande entusiasmo do público asistente.
Os "Liberais" de Anxo Pérez Morales e os "Umenistas" de Xermán Vidal Barreiro, tiñan a súa propia e hostil campaña que se remonta ó período da Restauración monárquica (comenzo anos vinte), acrecentada no período posterior á "ditadura primaverista", na que Xermán exerceu de "alcalde provisional". Os liberais, profundaban en graves acusacións por medio das “follas volandeiras” que circulaban de man en man entre os veciños da Vila, que contemplaban -despois de oito anos de non poder acudir ás urnas-, como a loita electoral deixaba ó marxe os contidos políticos, para limitarse a desprestixiar a un rival que, pola natureza das persoas que compoñían as listas, e os cambios de afiliación que se estaban a producir, nun momento de plena efervescencia e republicanización da sociedade, eran o mellor "flanco de ataque" para debilitar o poder de convocatoria do inimigo.
 |
Miguel Vázquez Valiño (Couto-Noia, 1910 - Montevideo, 1990). De novo traballou como aprendiz de zapateiro. No 1928 emigra a Arxentina, para zafar do servizo militar. Retorna no 1935, afiliándose ao "Sindicato de Oficios Varios" da CNT. Candidato da Esquerda Republicana, é nomeado 2º Síndico nas eleccións de marzo do 36. Nos primeiros dias do golpe franquista, partcipa na fuxida nos bous que saen de Muros, "Santa Rosa" e "Santa Eulalia". Afíncase en Xixón, onde colabora na fundación da «Federación Rexional de Xuventudes Libertarias Galaicas do Norte». Coa caida de Asturias, fuxe nun barco inglés a Barcelona. Na cidade condal coincide co alcalde de Noia, Severino Iglesias, que lle consigue un traballo en Port da Selva (Xirona). Colabora na constitución dun colectivo integrado na "Federación de Agrupacións Galegos Libertarios", colaborando no seu voceiro "Galicia Libre". Derrotada a República, pasa por diversos campos de concentración franceses coa súa compañeira. No de Monterdre, é elixido para o primeiro comité de campo polos libertarios, participando en accións da resistencia contra o exército alemán. Reside en Tolosa a partir do 1946. Nun pleno é designado secretario de organización do "Movimento Libertario Español" en Francia, cargo no que sería confirmado polo II° Congreso de Federacións Locais do MLE, celebrado en Tolosa en outubro de 1947. Un ano máis tarde, será responsable tanto do Boletín da CRG, Solidariedade, como da Editorial Galicia Libre, prologando o ensaio de Carpio Carpio, Curros Enriquez, poeta épico da "España heroica" (Tolosa, 1949). No ano 1950, trasládase coa súa familia ao Brasil, tomando parte dunha expedición organizada polo goberno daquel país para colonizar Río Grande do Sul. Radicado por cinco anos en Porto Alegre, abandonou a militancia cenetista e, no medio dunha forte polémica co exhilio anarquista, artellou o "Centro Español", como unha cooperativa de construcción xunto con algúns albaneis. No 1955 cruza clandestinamente a fronteira con Uruguai, pasando a residir definitivamente en Montevideo. Aquí vencéllase á colonia galaica, alentando actividades culturais da "Casa de Galicia" e fundando o "Centro Coruñés" en 1957. Logo de dirixir ate o 1962 o boletín Finisterre do Centro Coruñés, participa na fundación da Irmandade Galeguista, colaborando no seu voceiro O Irmandiño. Publica artigos colaborativos no Diario Español, artellando o seu "Suplemento Gallego". Foi cofundador do Padroado da Cultura Galega en Montevideo no 1964, formando parte da súa primeira Comisión Directiva, participando arreo nas emisións radiofónicas do Padroado, sempre dende o seu compromiso galeguista e antifascista. |

Mulleres e neno na Parroquia de Santamariña do Obre, e vista de Noia ó fondo. En torno ó ano 1898. Foto de Xosé María Limia Rodriguez (1871-1955). Arquivo da Catedral Santiago de Compostela.
A Unión Monárquica Nacional (Umenistas) é o resultado da agrupación da Unión Patriótica Nacional (Upetistas) fundada polo ditador Miguel Primo de Rivera en 1930, e os conservadores de Calvo Sotelo (Calvosotelistas).
Nos diferentes procesos electorais (municipais e xerais), foise desintegrando dos elementos máis pro-republicanos, que se ían posicionando en partidos que se axustaban á evolución dos seus intereses idearios. A U.M.N., converteuse na ponte de paso a posicións antirepublicáns e profascistas, ate constituírse no núcleo orixinario dos fundadores da Falanxe.
A Comisión Xestora Municipal examina os libros de intervención, faise responsable da custodia dos fondos municipais, paga os gastos con motivo da proclamación da República e satisfai outras débedas contraídas coas empresas Electra Xallas, Telefónica e a Unión e o Fénix Español, verifica as operacións de rectificación e actualización do censo electoral, para os próximos comicios municipais.
Foron 53 días, nos que a Comisión Xestora Republicana, estivo a fronte do goberno local da Vila.
31 de Maio: Celebración das novas Eleccións Municipais: O resultado electoral no Estado Español, da unha maioría absoluta a agrupación republicano-socialista, a excepción de Noia: 16 Umenistas e 3 Liberais. Tendencia semellante de apoio ós partidos monárquicos, produciuse en Murcia, Castellón, Alicante, Coruña, Lugo e Huelva. Nas vésperas das eleccións en moitos pobos, os “Viva o Rei!” e o himno monárquico acompañaba os actos de campaña.
1º Distrito-Noia Umenistas (7): Xermán Vidal B., Rodrigo Romaní Riva, Severo González Riva, Segundo González Pérez, Xaquín María Agra Cadarso, Emilio Seixas e Xosé Viñas.
2º Distrito-Barro Umenistas (1): Manuel Villaverde Nieto de Ponte; Liberais (3): Ramón Calvo Rodríguez, Francisco Fernández Rodríguez (Ex-membro da Comisión Xestora Republicana) e Xaquín Fernández Luces (Ex-alcalde de Noia no período da restauración monárquica 1922-1923).
3º Distrito-Róo Umenistas (4): Constantino Nimo, Manuel Antelo Lourido, Manuel Róo Pais e Xosé Montero Campos.
4º Distrito-Obre Umenistas (4): Pedro Sáez Pichel, Manuel Mariño Boullón, Ramón Tomé Carou e Ricardo Abeixón Suárez.
Este primeiro pleito electoral da Segunda República, claramente beneficiou ós "Umenistas" de Xermán Vidal Barreiro. Os Liberais de Anxo Pérez Morales deixa descolgado ó seu lider, xunto Xenaro Blanco polo distrito de Noia, e Tomás Blanco polo de Róo, permanecendo os tres por Barro que conservaron o apoio das primeiras eleccións.
 |
Francisco Martínez Agra, coñecido co 'alias' de "Paco o Bolo", traballa como zapateiro no taller familiar no Couto. O barco no que proba sorte na emigración americana, sofre un dramático naufraxio -a familia celebrou os funerais- pero Paco o Bolo logra sobrevivilo, iniciando o periplo americano por Cuba e EUA, o que contribuiu a que asumira unha visión progresista sobre a realidade social experimentada. Monta unha zapatería preto da praza da Fanaqueira, onde vive ca súa dona Mercedes Brenlla Pestonit e os fillos (Paco, Xosé e Lola). Se presenta como candidato nas listas da Esquerda Republicana. Sae electo nas Municipais de marzo do 36, asignado como 3º Tenente de Alcalde, exerceo funcións de Alcalde cubrindo o vacío do titular Xermán Vidal que tomaba posesión da súa nova responsabilidade política como Gobernador Civil de Cidade Rial. Na sesión celebrada O 23 de xuño do 36, Severino Iglesias Siso é nomeado novo Alcalde de Noia cunha corporación claramente socialista, un «efímero nirvana político» de apenas un mes. Paco o Bolo se encargaba das funcións de segundo tenente de alcalde. O 31 de agosto do 36, os falanxistas aporrean coas súas armas a porta da súa casa na rúa Pescadería as dúas da madrugada -por un chivatazo-, logrando escapar, escondéndose nos montes da Perouta, de Mazaricos e as terras do Xallas. Entrēgase no 1940, foi xulgado e condeado a pena capital. A condea foille conmutada e, tras pagar unha importante sanción económica saleo en libertade.
 Paco o Bolo polos Cantóns da Coruña nos anos coarenta. Como di o poeta : "Vivir para vivir, só val a pena vivir para vivir".
4 de Xuño: O Ministerio de Instrucción Pública acorda declarar "Monumento Histórico Artístico Nacional" a Igrexa de San Martín de Noia.
18 de Xuño: Toma de posesión a nova Corporación Local de Noia: A Comisión Xestora Republicana, presidida por Santiago Peiteado, proclama como alcalde de Noia a Xermán Vidal Barreiro, que gobernará os destinos municipais da vila ate a primavera do 36, que sería nomeado gobernador civil de Cidade Real.
Xermán Vidal Barreiro desmárcase politicamente da Unión Monárquica Nacional, abandonando as directrices Umenistas, conseguindo maior respectabilidade entre os círculos conservadores da Vila. Despois de proclamarse a República, creará unha nova sociedade política local, que ingresará no Partido Radical de Alexandre Lerroux, integrada na Alianza Republicana que unía a Azaña (Acción Republicana), Manuel Hilario Ayuso (Partido Republicano Federal), Marcelino Domingo (Republicanos cataláns), Gregorio Marañón, Blasco Ibáñez e Ortega Gasset, nun intento de elaborar unha estratexia política destinada a instaurar a República e volver a orde constitucional. Con esta estratexia, Xermán apropiase dun espazo electoral que, ate aqueles momentos, estaba en poder dos liberais de Anxo Pérez Morales.
 | Panfleto ou Folla Volandeira, sen sinatura nen data. Parece que corresponde a este período electoral do 31 de Maio, do Partido de Xermán Vidal (U.M.N.), onde os Liberais visitan a un paisano para reclamarlle o voto, sendo ridiculizados pola aguda e digna intelixencia do paisano, que lembra a perda do fillo no desastre militar do Annual (Marrocos). |
Fontes:
- "400 Anos da Historia da Vila de Noia" de Xerardo Agrafoxo.
- "A Segunda República en Lousame e Noia - Radiografía dunha Época" de Xerardo Agrafoxo. Edicións do Concello de Lousame.
- "O Anarquismo na Galiza: Apuntes para unha Enciclopedia", de Eliseo Fernández e Dionisio Pereira. Edicións Positivas, 2004.
- "Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña" de Lupe Martínez. Editorial Galaxia - Memoria Histórica. 2023
https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/aurora-marco-reconstrue-historia-do-noies-paco-bolo-GJCG859087
https://www.dicoruna.es/cultura/xeracion-perdida/concelleiros-das-corporacions-republicanas/
PUBLICADOS:










OS + LEIDOS
Detalle do balcón do Pazo dos Arzebispos no Tapal. Foto de Ruth Matilde Anderson, en outubro de 1924. A Fortaleza Arzebispal do Tapal foi construída no século XII (se decreta o traslado da antiga poboación diseminada pola Barquiña e Santa Cristina, para a nova ubicación actual no 1169), punto de control do paso de xente e mercancías. Contaba con varias liñas defensivas, destacando a chamada "Torre da Homenaxe" a máis elevada, para un óptimo control do entorno terrestre, río e mariño. Outras oito torres de altura menor, creaban o perímetro da Noia de intramuros. Según Santiago Abella (Noia, 1815 - Bos Ares, 5 de agosto de 1913), o nome de "Tapal" venlle porque ó toque de "oración" se "tapeaban" ou pechaban as portas que daban acceso ó espacio "atabicado" pola Fortaleza, volvéndose a abrir co novo día. Contaba a Praza con espazo suficiente, para amparar unha gornición de 200 soldados. Na Revolta Irmand...
Sion (transliterado a veces como Zion, Tzion o Tsion) foi inicialmente o nome dunha fortaleza «xebusea» conquistada polo rei David, situada na actual Xerusalén. Trala morte do rei David, o termo comezou a usarse para definir o outeiro no que se situaba o Templo de Salomón. Máis tarde, Sion empregouse para facer referencia tanto ó templo como a os seus propios cimentos. No Medievo, Sion o usaban militares e relixiosos católicos para denominar a «orde de Sion» nas primeiras cruzadas do século XII. A finais do século XIX e principios do XX, o "sionismo" vaise dando a coñecer no «mundo hebreo» como un movemento político integrista radical e amoral, que se vale da "mentira, ameaza e asasinato" para lograr os seus fins. O 17 de maio de 1948, o exército sionista perpetra un ataque con morteiros contra o edificio do Patriarcado Armenio Ortodoxo do Monte Sion, dende o mosteiro dos abades beneditinos, ocupado polos sionistas. O bombardeo tamén afectou ó Mosteiro de Santiag...
Combinando a relación experimental, distancia-velocidade radial das galaxias, cos modelos teóricos derivados da Relatividade Xeral de Einstein, chegamos a idea actual de vivir nun Planeta, cun diámetro de 40.000 Km., que xunto con outros, dan voltas ó redor do Sol, formando un Sistema Solar cun diámetro duns 100.000 a.l. (anos luz), integrado nunha Galaxia con forma de espiral chamada "Vía Láctea". O Sol, a nosa estrela, é ún dos douscentos millóns delas que se estima que hai na Vía Láctea, esto daría uns 3,2 billóns de planetas na Galáxia. O Sistema Solar dista uns 26.000 a.l. do centro da Galáxia, e demora uns 250 millóns de anos en orbitar a Vía Láctea. A Galáxia ten uns 100.000 a.l. de ancho e uns 1.000 a.l. de grosor. A nosa Galáxia, nun Universo en expansión, cuns dous billóns de galaxias como a nosa no Universo observable, e xurde a cuestión de: "si o Universo é 'o todo' , ou formará parte dun hipotético multiuniverso ?". Desde o punto de vista mec...
O teatro lírico ou zarzuela, retómase en Noia coa reposición de "Xigantes e Cabezudos", coa dirección artística de Emilio Salanova, e dirección musical a cargo de Francisco de Andrés, entre as actrizes: Leonor Reino, Isabel Sarmiento, Emilia Caamaño, Clara Hidalgo, …; e os actores: Prudencio Romo, Francisco Vaamonde, Francisco Pérez, Xesús Arufe, Xosé Brenlla, Renato Pestonit. Nun "combo" onde se contabilizan seis cabezudos, dezaoito mulleres, vintedous homes e seis rapaces, facendo un total de cincoenta e duas persoas. Representaron no Coliseo Noela, no ano seguinte tuveron un éxito sen precedentes na súa representación en Vilagarcía de Arousa. FAI 79 ANOS... No obituario de famosos deste ano, cabe destacar a morte do toureiro Manolete, corneado na praza de touros de Linares (Xaén), o ganster Al Capone na súa casa de Miami Beach, víctima da sífilis, o poeta Manuel Machado, o político nacionalista catalán Francesc Cambó e o magnate do automóvil Henri Ford. Declár...
Muller cun carro ateigado de madeira. Esta vella enxuta non me permitia que a retratase, pero ao final parouna un home e conseguín facerlle unha foto aceptable. Levaba un sombreiro de palla claro sobre un pano negro, manto negro, saia negra e calzado con sola de madeira. As pernas, sen medias, víanse encarnadas e en carne viva (Ruth Maltilde Ánderson, outubro de 1924). A GACETA MUNICIPAL A Gaceta Municipal mantén informada a cidadanía, moita analfabeta, que se converten nun corrillo de oíntes entorno ó lector, que con voz alta e clara, relata o desenrolo dos primeiros plenos municipales da Segunda República no Concello de Noia. Este esforzo que realiza o cronista, editor e impresor, vese compensado polo aprecio que se xera do empoderamento social por esta divulgación informativa, poñendo ós políticos locais ó servizo do interese social. Nunca antes, que se sepa, sucedeu que alguén individualmente asumira a defensa a ultranza do «ben común» ( rex pública ), coa ferramenta máis pote...
“Citizens Warning on Overshoot and Collapse (Advertencia Cidadán sobre a Extralimitación e o Colapso)” , foi lanzado recentemente pola The Real Green New Deal Project conxuntamente cos autores do libro «Bright Green Lies (Brilantes trolas verdes)». Coa autoría principal de Megan Seibert e apoiado como cidadáns iniciais William Rees, Ron McCormick e Alice Friedemann (por parte do Real GND) e Derrick Jensen, Max Wilbert e Lierre Keith como autores do citado libro, e gracias a tradución de Manuel Casal Lodeiro do Instituto Resiliencia , revisada por Jorge Riechmann. Esta advertencia, está aberta a asinar por calquera cidadán preocupada polo futuro da humanidade e a súa relación co medio natural, por medio dun formulario de Google ou mediante un correo electrónico a los responsables del Real GND. ADVERTENCIA A OS CIDADÁNS ACERCA DA EXTRALIMITACIÓN E DO COLAPSO Nesta penúltima hora da Humanidade e o Planeta, denunciamos que o que se está vendendo ó mundo encol da viraxe climática, é ...
«Entre trancas e barrancas, / entre o pozo de Ferpilleira e Taramancos, / está enterrado o pozo de sete reinados». Lenda recollida entre veciñas de Taramancos, que fala dunha cidade asulagada, na que se agocharía ouro para quen a conseguise desencantar; o desencantador, precisaría dunha verba máxica e acadaría o posto de Rei. A construción da variante de Noia, que une a estrada VAP9 Brión-Noia coa SC-550 entre Noia e Taramancos , deu pé á descuberta, preto deste lugar, dun importante xacemento arqueolóxico. Os restos dun poboado que presumiblemente estivo ocupado dende a Idade do Ferro ata época romana, vencellado á explotación marisqueira (a xulgar polos depósitos dos seus cuncheiros), e o que é máis curioso, sen ningunha evidencia de murallas ou defensas de ningún tipo, como cabería agardar dun hábitat castrexo. O "sorprendente xacemento", foi escavado no verán do 2011, pero a Xunta de Galicia destruíuno e sepultou os seus restos debaixo do piche. A escusa é que, segun...
Durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-30) a Comarca de Noia contempla as obras de construción da Central do Tambre (1924), edificio que representa o "Rexionalismo Arquitectónico" de Antonio Palacios Ramilo (1874-1945) . A modernidade dáballe un protagonismo ao traballador e a sociedade en xeral. No 1927, a Central do Tambre ofrece servizo de luz eléctrica a Vilagarcía de Arousa. No seguinte ano, subministra enerxía a toda a provincia de Pontevedra. Mentres en EEUU prodúcese o "crack financeiro", sumindo ó País nunha grave crises económica e social, que afecta as finanzas de tódolos paises. O/a traballador/a desperezábase da ignorancia, pondo en valor a súa capacidade de asociación e diálogo, para dar conta dos desafíos do período de entre-guerras. El último número de La Gaceta Municipal tuvo un enorme "éxito de librería", como suele decirse en el lenguaje reporteril. ¡Non había mans a dalas!, se dice en el idioma vernáculo, en el idioma enxebre, ...
Despois de que Zeus conquerira o Olimpo derrotando ós Titáns, encargou a Prometeo e Epimeteo que repoboasen a terra, que quedara destrozada. Prometeo creou unha nova e espléndida raza de homes, pero envexaba a forza e astucia que Epimeteo outorgara ós animais, e decidiu darlles un poder exclusivo, para o cal roubou o lume do ceo. Zeus, enfurruñouse polo roubo, e castigou terriblemente a Prometo, e ordenou ós deuses que pensaran un castigo para os homes mortais. Entre todos tramaron unha vinganza sutil pero eterna. Modelaron en barro a figura dunha fermosa muller, a que lle deron todas as calidades dunha deusa, e puxéronlle de nome "Pandora", que significa “A Ben Dotada” , pois todos os deuses outorgáronlle os seus dons. Como regalo de despedida entregáronlle unha furna de ouro selada, de exquisito deseño, advertíndolle que nunca debería abrila para mirar o contido. Pandora foi a primeira muller que apareceu entre os homes, os cales sentiron novas e estrañas emocións ó con...
Domingo Fontán , n. Portas-Caldas de Reis (Pontevedra) o 17 de abril de 1788 - m. Santiago de Compostela o 22 de maio de 1867. A INDUSTRIA DO PAPEL A Industria Papeleira tiña unha arraigada tradición, na que seguramente influirían os industrias xenoveses do papel na Idade Media. Na aldea de Castro, Domingo Fontán funda unha papeleira no 1835, onde residiu algún tempo o insigne matemático e xeógrafo, autor do mapa topográfico de Galicia. A súa fábrica contratou co Estado a fabricación do selado. Posteriormente pasaría a mans de Ramón López Rodríguez. No 1844 sairon polo porto noiés 1.200 resmas de papel. No 1849 había unha fábrica de papel en Noia, e en Lousame na Alvariza e dúas en San Martín de Lesende. Francisco Iglesias expuso papel de estraza fabricado con "pita" na Exposición de Santiago de 1858, e na de Pontevedra no 1880. Actualmente non existe nengunha papeleira na Comarca, a derradeira que funcionaba en Brandia (Lousame) a pleno rendemento, foi trasladada a finais ...
|