FESTAS PATRONAIS 1948 / 50 ANIVERSARIO A LOIS CADARSO REI / SONETO AO BERBERECHO + ...
Familia do Capitán de navío Lois Cadarso Rei (1896). De esquerda a dereita: Petronila Sevigne (terceira dona) e os fillos: Carmen, Natalia, Demetrio (froito do 1º matrimonio no 1870 coa noiesa Demetria Andrés e Curiel; morto tamén no Cavite), Emilio e Lois Cadarso Rei. A BATALLA DO CAVITE (FILIPINAS) O 1 de Maio de 1898 o capitán de navío Lois Cadarso Rei (Noia, 24/11/1843 – Cavite (Filipinas), 1/05/1898), xunto co seu fillo Demetrio Cadarso, alferez de navío que formaba parte do continxente militar no mesmo cruceiro que o seu Pai, falecen en combate nas augas da baía filipina de Cavite, comandando o cruceiro Reina María Cristina: "casco de madeira deseño antigo, construído facía 13 anos, con 3 pezas por costado de 16 cm., tendo que manobrar para usar todas as súas baterías dispoñible, facendo un total de 6 pezas de artillería"; defendendo as últimas colonias do vasto imperio español, contra a moderna escuadra norteamericana do almirante Dewey. O almirante Dewey dirixía a...