SANGUE DE LADRA
«GULAG» é o acrónimo de Glavnoye Upravleniye Ispravitelno-Trudovykh Lagerey , co significado: "Dirección Xeral de Campos e Colonias de Traballo Correccional" . Baixo o control da Policía Secreta da URSS, que administrou e dirixiu un amplo complexo ó longo e ancho do territorio ruso, os Gulags conxugan con fría precisión política a aniquilación dos sospeitos*s de disidencia ideolóxica co asasinato en masa. Creadas no principio da década dos anos vinte do século XX, a finais da mesma década Stalin lle da dimensións industriais, ligándoa a extracción de codiciados recursos mineiros, condicións extremísimas e como «carpantas». «SANGUE DE LADRA» A continuación se transcribe parte do capítulo «Sangue de Ladra», incluido nos Ensayos sobre o Mundo do Hampón , o VI libro e último dos Relatos de Kolimá de Varlam Shalámov. A INSPIRACIÓN ARTÍSTICA CANDO O ROUBO Os hampóns din que no momento do roubo experimentan unha emoción moi especial, unha excitación nerviosa que emparenta o ac...