Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta OSWALD SPENGLER

A DECADENCIA DE OCCIDENTE de OSWALD SPENGLER (4/4)

Imaxe
Gustav Stresemann (Berlín, 10 de maio de 1878-Berlín, 3 de outubro de 1929). Fundador e dirixente do Partido Popular Alemán (DVP) no 1918. A economía foi un dos motores do seu pensamento, xa que entendía que os problemas políticos e a orixe das guerras, derivan de cuestións de índole económico. O 13 de agosto de 1923, o presidente da República, Friedrich Ebert, o nomea Canciller; os seguintes cento tres días, Stresemann resolve a maioría dos problemas do momento. En outubro do 23, instaura a nova moeda: «Retenmark», que baseaba o seu valor, non no ouro, senón sobre na produción agrícola e industrial, conseguindo estabilizar a economía alemán. Do doble album "Nude Ants" do 1979, interpretado por: Keith Jarrett no piano, Jan Garbarek no saxofón, Palle Danielsson no contrabaixo e Jon Christensen na batería; o tema "Processional". No agosto do 24 reemplázase o «Rentenmark» pola recuperada moeda «Reichsmark», posibilitando a inversión estranxeira en Alemaña e fortal...

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (3/4)

Imaxe
Tropas da Brigada Erhardt da Weimar, na Porta de Brandeburgo durante o golpe do Kapp, Berlín, 1920. A REVOLUCIÓN ALEMANA Sigue o conflito bélico na «fronte interna». Vencedores e vencidos retornan ó seu lugar de orixe, a intentar refacer as súas destrozadas vidas. Algúns celebrando o seu primeiro baile popular tras catro anos de carestía e horror, os prisioneiros que esperan ser reenviados ó seu pais, nenas e nenos orfos da guerra, ... Todo un mostrario da desolación de seres humanos, atrapados pola violencia e o deterioro da guerra. Escenas de compasión e dor, de xentes afectadas por unha catástrofe común, sobre a que non teñen maior responsabilidade que soportar o desastre. A comezos de decembro do 1918, co apoio do SPD no goberno, o líder nazi Eduard Stadtler e promotor da «Liga Antibolxevique», publica un folleto distribuído por Berlín en grandes cantidades, animando ó linchamento dos líderes espartaquistas: «Obreiros, cidadáns! A patria achégase ao fin. Salvádea! Se encontra ...