Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta REPRESIÓN

SERVIDUME VOLUNTARIA (VIII/IX)

Imaxe
ÉTIENNE DA BOÉTIE (1530-1563) “Non hai política, sen coñecemento do cidadán”, podería ser o corolario da breve obra de "Da Boétie", que constatando as inclinacións humanas, tece con desenvolvemento esta trama, incluíndo a teima polo poder e a paixón pola autoridade, xunto coas debilidades que abocan á subordinación. Aprende dos seus predecesores pensadores, a vislumbrar os cálculos do tirano e os síntomas, no que se manifesta esa liberdade secuestrada e pouco a pouco subxugada. Etienne mostra agudeza, negando, por principio, calquera dignidade ou atributo o tirano, expoñendo que o tirano, so pode exercer o seu dominio si quenes son tiranizados o desexan. Si o cidadán sirve, e que foi criado como servo. Axuda a entender que a loita contra o autoritarismo, non depende das declaracións bélicas ou das ameazas de revolución, senón de acoutar a disipación ou a indiferenza política, que se adiviñan como os auténticos males da república. Pasarei agora a un punto que, ao meu ver...

SERVIDUME VOLUNTARIA - V/IX

Imaxe
QUINO O “Discurso sobre a Servidume Voluntaria” ou “O Contra Ún”, é unha breve requisitoria de 18 páxinas contra o absolutismo, que sorprende pola súa erudición e solidez, xa que quen o escribiu, só tiña 18 anos de idade. Cando Michel de Montaigne leeu esta obra, inmediatamente quixo coñecer ó autor. De este encontro, nace unha amizade, que remata coa temprana morte de La Boétie. Hai tres especies de tiranos. Refírome aos malos príncipes. Chegan uns ao poder por elección do pobo, chegan outros pola forza das armas, e outros sucedendo aos da súa raza. Dignos de lamentación, son os que naceron coa canga ao pescozo. Deben ser desculpados e perdoados, pois, nunca tendo visto sequera a sombra da liberdade e ninguén lla teña mostrado, non saben como é de malo seren escravos. Hai países en que o Sol aparece de modo distinto a como estamos habituados: despois de brillar durante seis meses seguidos, quedan mergullados na escuridade, e non os visita en medio ano; se os que naceron durant...

O BARCO DA MEMORIA

Imaxe
Evasión Os barcos que partiron da costa galega, nos tempos posteriores ao golpe fascista do 18 de xullo, levaban xente cun destino gravado na íntima bitácora: volver. Non habería que falar en realidade de fugas, senón dunha epopeia de salvación. Eran barcos que "zafaban" dunha morte segura, da cacería humana desatada en terra. Xunto coas vidas a salvar, aqueles barcos levaban un transporte valiosísimo, un tesouro laboriosamente labrado durante moitos anos, unha obra transmitida e continuada de xeración en xeración de loitadores: a consecución das liberdades e os dereitos humanos, a procura dun "habitat democrático" que dera un xiro copernicano á historia, que cambiara o signo fatal de séculos de dominación reaccionaria e escurantista. E tamén, dende diferentes ópticas, tomaba corpo a reivindicación dun autogoberno, o que os librepensadores republicanos e galeguistas denominaban “a redención da Nosa Terra”. Todo iso ía neses barcos. Moitos deses refuxiados, a quen o...

O NÉCORAS

Imaxe
Eduardo Ponte Carracedo, O NÉCORAS (Campo das Hortas - Santiago de Compostela, 17/03/1886 - Capturado nalgún lugar preto de Santiago e paseado arrastrando o seu corpo polas rúas de Compostela, como un trofeo do "circo romano", na traseira do vehículo conducido polo criminal falanxismo no 1936). Hai vidas que de ser recollidas nun libro, parecerían unha esaxerada fixación no apoderamento do cidadán ante un estado político-relixioso que o deprecia e acosa. Así é a desbordante e fascinante vida de, Eduardo Ponte Carracedo “O Nécoras”. Nace en Compostela o 17 de Marzo de 1.886, na panadería do Pai, Antonio Ponte Arrochena no Campo das Hortas. Foi un dos fundadores do colectivo “Xuventude Liberal” e participa nun mitin en memoria de Francisco Ferrer i Guardia no 1910 (un ano despois da súa execución, decretada pola xustiza Alfonsina). En Xaneiro de 1912 secuestra a namorada Adela Garcia, para casar sen contar coa aprobación da familia dela. A meniña da Coruña, de alta posici...

O EXCREMENTO DAS IDADES

Imaxe
A comezos do século XX, os medios de información operan unha transformación a medios de comunicación, convertendo a bidericcionalidade informativa entre emisor ou creador-elaborador de contidos informativos e o público a quen se dirixe, nunha comunicación unidireccional, onde o emisor informativo se postula interesadamente, determinando o tipo de información que recibe o público, discriminando calquera "disidencia" en prol da verdade, converténdose nun cuarto poder ó servizo instrumental dos poderes económicos. O poder económico e o mediatíceo, operan impoñéndose como poder inquisitorial, sobre o poder político organizado en Estado, invalidando o funcionamento democrático do Estado, converténdose en capadores do dereito a información da cidadanía. O fascismo non precisa abrirse camiño ao poder. Moitos movementos de extrema dereita, están xa no goberno, tanto polo seu propio dereito, como ao traveso da colonización de outros partidos, ou uníndose en coalicións coa extrema d...