SIMBIOXÉNESIS DE LYNN MARGULIS
Lynn Margulis (1938-2011) foi profesora da Universidade de Massachusetts en Amherst (EEUU), dende 1998. Antes pasou por outras universidades e outros moitos países. Nesa época xa era unha microbióloga famosa e controvertida. Na Wikipedia di dela: “Trae unha influencia espectacular, pois aporta a mistura de bioloxía con humanidades. É da liñaxe dos científicos como Galileo Galilei, Copérnico e Newton. Cunhas ideas radicais, que o tempo e a historia demostran ser correctas”. Recibiu a Medalla Nacional de Cencias dos EEUU no 1999, e varios doutorados honoris causa, un deles en Valencia e outro en Barcelona. A pesares delo, nunca obtivo financiación da National Science Foundation, nin o premio Nobel que merecía. Cando lle preguntaron, por que cree ela que a xente non lle gusta a "simbioses"?, ela contestou que “é feminina, cooperativa e non competitiva”. O periódico británico The Telegraph revela que se lle denegaron moitas becas, algunhas coa resposta: “A súa investigación é un...