O PESADELO DE RASKÓLNICOV
Raskólnikov permaneceu no hospital o resto da Coresma e ata despois da Pascua de Resurrección. Convalecente xa, lembrou os soños que tivera cando estaba con febre e deliraba. Na súa enfermidade, soñara que o mundo enteiro, estaba condenado a unha "praga mortífera e descoñecida", que dende Asia avanzaba cara a Europa. Todos tiñan que morrer, agás un pequeño número de elixidos.
Apareceran unhas triquinas dun tipo novo, "seres microscópicos" que se introducían no corpo dos seres humanos. Mais tales seres, eran espíritos dotados de intelixencia e vontade. A xente que os recibía dentro de si volvíase enseguida endemoñada e tola. Pero, nunca antes os homes, se consideraran tan lúcidos e tan seguros, de estaren en posesión da verdade como os apestados.
Ata entón, nunca tiveran tanta confianza na infalibilidade das súas sentenzas, na firmeza das súas conclusións científicas, das súas conviccións morais e relixiosas. Aldeas enteiras, cidades e vilas contaxiadas daquela loucura. Todos estaban alarmados e ninguén comprendía aos demais; cada un pensaba, que era o único posuidor da verdade e sufría mirando aos demais, golpeaba o peito, choraba e retorcía as mans. Non sabían a quen xulgar nin como xulgalo, non podían poñerese de acordo sobre o que era o mal e o que era o ben. Non sabían a quen acusar, nin a quen absolver. Os homes matábanse uns a outros, arrastrados por unha rabia absurda. Reuníanse para combater formando exércitos enteiros; pero unha vez en marcha, de repente destruíanse a si mesmos, descompoñían as filas, os combatentes lanzábanse uns contra outros, degolábanse, e pasábanse a coitelo, mordíanse e comíanse mutuamente.
Nas cidades tocaban a rebato a diario: convocaban a todos, pero, ... quén convocaba?, e para qué?, ninguén o sabía, e estaban alarmados.
Abandonáronse os oficios máis correntes, pois cadaquén propuña as súas ideas, as súas emendas, e non podían chegar a un acordo. Quedou parada a agricultura.
Nalgún que outro lugar, a xente chegaba a reunirse, acordaba facer algo, xuraban non separarse, mais, ao instante empezaban a ocuparse de algo, totalmente distinto do que acababan de acordar, empezaban a acusarse uns a outros, a pelexar e a matarse. Declaráronse incendios, e estendeuse a fame. Todos e todo perecía. A peste seguía crecendo, e estendíase cada vez máis.
No mundo enteiro, só unhas cantas persoas podían salvarse, os puros e elixidos, predestinados a iniciar un novo xénero humano e unha nova vida, a anovar e purificar a terra, mais ninguén os vira en ningures, ninguén oíra as súas palabras, nin as súas voces.
Fonte:
“Crime e castigo” (1866), de Fiódor Dostoievski (1821-1881).
Rodión Románovic Raskólnicov: Personaxe principal da novela.
Estudante de Dereito en San Petesburgo, a capital da Rusia Imperial.
Estudante de Dereito en San Petesburgo, a capital da Rusia Imperial.
Imáxenes: Historieta "ÍBICUS" de Pascal Rabaté.



