ADVERTENCIA Á CIDADANÍA

“Citizens Warning on Overshoot and Collapse (Advertencia Cidadán sobre a Extralimitación e o Colapso)”, foi lanzado recentemente pola The Real Green New Deal Project conxuntamente cos autores do libro «Bright Green Lies (Brilantes trolas verdes)». Coa autoría principal de Megan Seibert e apoiado como cidadáns iniciais William Rees, Ron McCormick e Alice Friedemann (por parte do Real GND) e Derrick Jensen, Max Wilbert e Lierre Keith como autores do citado libro, e gracias a tradución de Manuel Casal Lodeiro do Instituto Resiliencia, revisada por Jorge Riechmann.
Esta advertencia, está aberta a asinar por calquera cidadán preocupada polo futuro da humanidade e a súa relación co medio natural, por medio dun formulario de Google ou mediante un correo electrónico a los responsables del Real GND.
ADVERTENCIA A OS CIDADÁNS ACERCA DA EXTRALIMITACIÓN E DO COLAPSO
Nesta penúltima hora da Humanidade e o Planeta, denunciamos que o que se está vendendo ó mundo encol da viraxe climática, é pura vasoira. Imos, sobradamente demorados. Hai demasiado en xogo. O tempo de negar as verdades inconvenientes, xa rematou.
Tras dunha cume mundial falida máis sobre o clima -hoxe en día, apenas son outra cousa que galas para exhibir a vaidade dos famosos do clima e da xente máis rica e poderosa do mundo-, o sono gaiacida dunha "Cuarta Revolución Industrial", estase afianzando con forza. Respectadas figuras públicas, están sucumbindo unha tras de outra, a este conto de fadas politicamente aceptable, pero que resulta fatal. Chegou a hora, de erguerse contra a loucura.
Lanzáronse outros avisos, falidos na diagnose con precisión do problema, ofrecendo curas realmente efectivas ó padecemento subxacente. Ambas cuestións, "a diagnose e a cura", poden ser remedios de difícil inxesta para moitos, pero son a única esperanza, de evitar un colapso totalmente catastrófico, e de construír o fermoso mundo, que todos sabemos nos nosos corazóns, que é posible.
MUDAR DIAGNOSE
1. A viraxe climática non é o problema, o é «a extralimitación»!
«A extralimitación», "rebasamento" e "sobardamento (overshoot)", alude a que somos demasiadas persoas consumindo e contaminando en esceso. Estamos usando os "biorecursos", máis rápido do que Gaia os pode rexenerar, e contaminando máis aló da súa capacidade de asimilación. Isto é, estamos rematando coa «base biofísica» da nosa propia existencia, e a de todas e cada unha das outras criaturas, coas que compartimos este precioso planeta. Se non asumimos esta situación, «a extralimitación» acabará con nós.
A viraxe climática -un problema masivo de xestión de residuos- é tan só, un dos moitos síntomas do problema subxacente da extralimitación. Coexisten con moitos outros síntomas, como a "perda de biodiversidade", a "escaseza de auga", a "deforestación", a "acidificación dos océanos", a "erosión do chan", etc. Isto quere dicir, que non podemos ocuparnos da viraxe climática illadamente: temos que tratar o «cancro» que o provoca, xunto con todos os demais «co-síntomas».
2. As chamadas enerxías renovables que nos venden como solucións a viraxe climática, non son tecnoloxías realmente renovables, senón que radicalizarán a «extralimitación», conducíndonos a un saqueo final, por parte das elites capitalistas mundiais, a medida que o barco se vai a pique.
Os "paneis solares", os "aeroxeradores de alta tecnoloxía", as "células de hidróxeno", a "nuclear", a "gran hidroeléctrica" e calquera "outra tecnoloxía", que se che poda ocorrer e que supostamente vaia a quitarnos do apreto:
➜ Son imposibles de construir e manter sen enerxía fósil.
➜ Requiren outros minerais/metais, non renovables, que se están esgotando de xeito masivo, e cuia extracción implica unha "destrución ecolóxica" e unhas "inxustizas sociais" significativas.
➜ Teñen vidas útiles curtas, e ademais requiren un continuo reemprazo a perpetuidade, xerando toneladas de residuos -que non se poden esfumar, por medio da "variña máxica" da economía circular industrial-.
➜ Producen unicamente electricidade, o cal deixa un problema descomunal que non se ten en conta, posto que tan só o 19% do consumo mundial de enerxía, é en forma de electricidade, e non existen alternativas viables para electrificar o 81% restante.
➜ En moitos casos, apenas producen un excedente de enerxía, máis alá da que se precisa para construílas, distribuílas e desmantelalas.
➜ Requirirán, unha xigantesca construción de novas infraestruturas:
• Na rede eléctrica dos EUA: 14 veces maior, que a realizada no último medio século, cando o uso de combustibles fósiles era omnipresente e estaba en aumento. Implicaría, cuadriplicar a construción de "aeroxeradores" feita nos EUA no ano 2019, e «triplicar» a de "paneis solares" de ese mesmo ano, cada ano, durante os próximos 15, tan só, para reproducir o proceso de xeito indefinido, dado a súa corta vida útil.
• A escala mundial: 1,2 veces o stock acumulado ate 2020 en todo o mundo, de aeroxeradores e paneis FV, cada ano, durante os próximos 9 anos..., para apenas lograr reemplazar a metade do uso actual de combustibles fósiles no 2050.
3. O “desacoplamento” é imposible e o “cero neto” un fraude
A idea, tras o concepto do «desacoplamento», é que podemos aspirar a un crecemento económico e material, que non afecte negativamente o medio ambiente, sempre e cando o crecemento estea baseado en enerxías e tecnoloxías que sexan “verdes”. Esta visión tecno-optimista, propia do excepcionalismo humano, nega que as actividades dos seres humanos, como sucede cos demais organismos, sexan un subsistema inserto na ecosfera e que os humanos se converterán na especie consumidora dominante en tódolos ecosistemas principais do planeta. Desacoplarnos de Gaia é imposible, ate no plano teórico.
Ó contrario que o “cero bruto”, o plan para alcanzar o “cero neto”: 1) seguiría permitindo o uso dos combustibles fósiles, baixo a condición de que as emisións de carbono fosen capturadas e enterradas baixo o chan -o que se chama, Captura e Almacenaxe de Carbono, CSS nas siglas inglesas-; 2) chuparía carbono directamente do ar -Captura Directa do Ar, DAS en inglés-; e 3) utilizaría a forestación, reforestación e rexeneración do chan para almacenar carbono.
O problema do «cero neto» e que:
➜ Depende de tecnoloxías que non foron probadas, nin son susceptibles de aumentar á escala requerida, que capturarían só "unha fracción" do que se precisaría, e que só se poden fabricar por medio de procesos tecnoindustriais, baseados nos combustibles fósiles.
➜ Implica a inxección de sustancias tóxicas en Gaia.
➜ Contradí o feito de que, precisamos a restauración de ecosistemas para sandar o noso planeta, non só para retirar e almacenar carbono.
➜ Ignora, a necesidade de deixar de usar enerxía fósil: 1) para prepararnos para o seu eventual esgotamento, dado que cada día, vanse encarecendo os costos financeiros e enerxéticos, pola súa extracción e uso; e 2) para evitar os continuados impactos ecolóxicos de extraela, transportala e procesala
CAMBIAR O REMEDIO
4. A única resposta a extralimitación (o noso problema central) é unha contracción masiva, deliberada e planificada das actividades humanas. Isto implicaría:
5. Reducir enormemente o tamaño da poboación mundial, por medio das ferramentas perfectamente xustas e humanamente asumibles a nosa disposición, como son: «a extensión da igualdade de dereitos para as mulleres, a educación, incentivos financeiros e un acceso gratuíto e universal á contracepción e o aborto, ate alcanzar a cifra aproximada de mil millóns de persoas ou menos, que poderían prosperar de xeito sostible con comodidade material e un planeta que xa está moi danado.»
É imposible, que un réxime de enerxía non-fósil, poda soportar cifras, nin tan sequera aproximadas ó tamaño poboacional actual, preto dos 8 mil millóns. Si erramos no control de xeito indolente coa nosa propia reprodución, podemos dar por seguro que «Gaia nos imporá unha catástrofe demográfica dolorosa».
6. Forte redución do consumo de enerxía e materiais, eliminando o crecemento financeiro e os imperativos de consolidación que o dirixen, mediante mecanismos como:
➜ Prohibicións, racionamentos, reducións progresivas.
➜ Internalizando os custes, externalizados dos bens que se sigan producindo, por medio de impostos a contaminación e cotas que limiten a extracción de recursos naturais, equilibrado con límites as ratios dos salarios, entre executivos e empregados, e unha «renta básica garantida» para axudar a sobrelevar os precios en alza.
➜ Eliminar a débeda con intereses, e decretar xubileus de débedas.
7. Ser realistas con respecto ó que constitúen enerxías realmente renovables -a biomasa (p.ex. Leña, bambú, cáñamo, …), sinxela enerxía mecánica producida polo vento e a auga, solar pasiva, e forza humana e animal- e recoñecer que con elas non podemos manter nada remotamente parecido o tipo de vida que coñecemos hoxe en día.
No primeiro curso de Ecoloxía estúdase: «a "biomasa" é renovable; o ritmo e escala, a que a usemos, determinará si a usamos de xeito sostible ou non».
Sinxelamente, «non existen substitutos en calidade, nin en cantidade para os combustibles fósiles», a herencia irrepetible, de enerxía sobreabundante, que fixo posible a Revolución Industrial. Moita xente percibiu, erradamente, que os últimos 200 anos eran o normal, cando de feito, foi o parpadexo máis excepcional e anómalo na historia humana. A civilización tecno-industrial deixará de existir cando deixemos de usar os combustibles fósiles.
8. Nacionalizar as empresas de combustibles fósiles e establecer unha redución programada da enerxía fósil ó tempo que se reestrutura radicalmente a sociedade en liña cos novos imperativos enerxéticos e de rexeneración, incluíndo:
➜ Liberar, aproximadamente, a metade do planeta para Gaia, en paralelo á restauración dos ecosistemas.
➜ Desmantelar, a infraestrutura baseada en combustibles fósiles como sexa posible, ó tempo que se adaptan e reconstitúen, os asentamentos humanos dentro dos ecosistemas que os soportan, para que podan funcionar con enerxía e materiais xenuinamente renovables.
➜ Reasentamento de poboacións, procedentes de áreas urbanas densas e liñas costeiras vulnerables.
➜ Un cambio á «agroecoloxía», deixando a porta aberta a un "uso limitado e xuizoso" da enerxía fósil, si fora necesaria, para alimentar a desproporcionada poboación humana, ate que volva a situarse dentro da capacidade de carga.
➜ Descentralización / Relocalización, reaprendizaxe de habilidades esenciais, un retorno a comunidade, á armonía con Gaia e a expansión de mente e espírito.
De continuar co noso rumbo actual, será inevitable un «colapso caótico da sociedade». Non ten porque ser este o noso destino, pero converter unha potencialidade positiva en realidade, vai requirir despertar e espelirnos, deixarnos de fantasías infantís e afrontar estas difíciles circunstancias con madurez, convicción e elegancia.
Asinantes iniciais,
autores e asinantes de esta advertencia:
Megan Seibert, William Rees, Ron McCormick, Alice Friedemann
de The Real Green New Deal Project, notablemente seu artigo:
“Through theEye of a Needle” (Polo ollo dunha agulla)
Derrick Jensen, Max Wilbert, Lierre Keith
(Autores do libro Bright Green Lies)
Co-asinantes
Engade o teu nome
AVISO: Os nomes demoran un tempo en aparecer listados.
Lista dispoñible unicamente na versión en inglés deste texto.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN