RAPID DE RIVEIRATORTA - 6 / ROYAL NAVY – 5
Curiosa instantánea da Equipa do Rapid, pódese apreciar como pasaron do melón o balón. Recuperamos hoxe, non un personaxe, senón un feito histórico inacreditablemente esquecido: "O Primeiro Partido de Fútbol acontecido na Europa Continental". No ano 1.869, atopándose de manobras a Escuadra Inglesa en Villajarsia, o que empezou sendo unha pelexa de mozos novos e bébedos, que falaban distintas linguas na Romaría de "Santa Isaura do Monte" -abojosa dos virollos-, rematou cunha oferta por parte do Lord Almirante Míster Johnson, dirixida ó Señor Alcalde da nosa Vila, de lavalas ofensas e golpes, nun neutral campo de fútbol -oferta moi en boga naqueles tempos e entre aquelas xentes-. O rebumbio que se montou nas aldeas do concello, foiche de “moito carallo”. Todos querían xogar!. Foi necesario facer unha primeira selección, descartando a tocos, coxos, cegos, chepas e encrequenados. Non foi adiante porque Paco "O Toco", que lle faltaban "oito dedos"...