Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta NOIA NO TEMPO

GACETA MUNICIPAL - 18 SETEMBRO 1931

Imaxe
Muller cun carro ateigado de madeira. Esta vella enxuta non me permitia que a retratase, pero ao final parouna un home e conseguín facerlle unha foto aceptable. Levaba un sombreiro de palla claro sobre un pano negro, manto negro, saia negra e calzado con sola de madeira. As pernas, sen medias, víanse encarnadas e en carne viva (Ruth Maltilde Ánderson, outubro de 1924). A GACETA MUNICIPAL A Gaceta Municipal mantén informada a cidadanía, moita analfabeta, que se converten nun corrillo de oíntes entorno ó lector, que con voz alta e clara, relata o desenrolo dos primeiros plenos municipales da Segunda República no Concello de Noia. Este esforzo que realiza o cronista, editor e impresor, vese compensado polo aprecio que se xera do empoderamento social por esta divulgación informativa, poñendo ós políticos locais ó servizo do interese social. Nunca antes, que se sepa, sucedeu que alguén individualmente asumira a defensa a ultranza do ben común, coa ferramenta máis potente ca que foi dota...

RUTH MATILDE ANDERSON EN NOIA - 1924 e 1926

Imaxe
De camiño pasamos onda o Hospicio do Espirito Santo, sobre cuxa porta estaba esculpida en baixorelevo a representación máis antigua coñecida do escudo de Noia, a arca a cabalo das ondas e a pomba voltando coa súa pola de oliveira. Un gardia civil explicounos o seu significado: Noia foi fundada polo patrón da arca, o mesmísimo Noé!. A lenda asegura, ademáis, que por riba de fundar a Vila, quedou a vivir nela seis ou sete anos, para asegurarse de que tiña un bon comezo. CRÓNICA DE RUTH MATILDA ANDERSON NA GALIZA O 7 de agosto de 1924, dous pasaxeiros americanos do SS Roussillon desembarcaron en Vigo. Houbo problemas á hora de presentar a equipaxe na aduana. Trouxeran moitas caixas co equipo fotográfico e ninguén sabía como as gravar. Logo de confusas disputas, os axentes chamaron o seu superior, quen solucionou o tema aplicando os impostos en función do peso. Deste xeito, Ruth Matilda Anderson (1893-1983) e o seu pai, Alfred T. Anderson, comezaron unha extraordinaria viaxe fotográfi...