JAZZ NO FORO - 1992

A máxima aspiración do Foro nesta época, era ofrecer algunha actuación, si era de música Jazz, sublime, complacía máis que o beneficio pecuniario.
NANI GARCÍA TRIO
&
ROBERTO SOMOZA
&
ROBERTO SOMOZA

O Foro ofertaba todo xogo de mesa que había no mercado, ca aviesa intención de convocar a máis cafés a vender. Entre os xogos un, edición limitada que sacara o comic "O Víbora", ambientado nun barrio de putas, con figuriñas de chulos, polis, putas, testaferros, ..., que retirei antes de que desapareceran tódalas figuras. Si fora público, tamén jodería algunha, eran moi chulis.

Tamén dispuña dun "revisteiro" con cuotas para actualizar as revistas. Algún, só estaba interesado no "Playboy", pero había variedade, o que non había era vagar nelas.

Naquel tempo, resucitaran en Madrid a cabeceira do periódico "El Sol" de antes da "longa noite de pedra", e acompañaba diariamente cun libriño de autores clásicos e do momento, incluso chinos ou xaponeses. Estaban todos a disposición, e de cando en vez alguén "xateaba" o seu pó.

A actuación, así como a súa preparación, tiñan improvisación. Actuaban sobre unhas planchas de chapa, con base de caixas de vacío, que lle daba gran inseguridade ó grupo, dificultando unha óptima execución dos músicos. Polo resto, o público gozaba do privilexio inmaterial, dunha actuación de notables músicos ao pé da Alameda.

Foron dezasete meses co Foro e non podo, e nen quero substituilos por nada. Como sempre, o tempo máis importante da nosa vida é o vivido.

Isolino ó frente do servicio do Foro. Entre o público asistente, pódese ver a Kin García. Co tempo, compartiría escenario cos artistas que estaban actuando. Outras e outros, que referencian o paso do tempo, e a sorte de estar vivos, dispor de memoria e ganas de contalo en lingüa propia.
Actuación de Jazz no Foro (Noia) en Marzo de 1992, de "Nani García Trío e Roberto Somoza".
- Nani García: Piano.
- Fernando Llorca: Batería. Integrante do grupo Outeiro (1980), gravaron o disco "Ollos do Marzal" que foi un referente do son Jazz Atlántico.
- Alfonso Morán: Contrabaixo.
- Roberto Somoza: Saxo Tenor e Clarinete
Ainda non se lle quitara o disfraz do antroido de "Foro Romano" a O Foro, teito incluido. Grafiteado polo público, dándolle renda solta @ artista que levaban dentro.
Fotos: Evaristo (Barquiña - Noia).