Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta GEORGE BORROW

BENEDICTO MOLL NA BUSCA DO "SCHATZ" EN COMPOSTELA, AGOSTO 1837

Imaxe
George Borrow de Henry Wyndham Phillips George Enrique Borrow (1803-1881) foi un neno introvertido, cunha facilidade inusual para aprender idiomas (gaélico, francés, italiano, alemán, español, danés, hebreo, árabe, armenio, romanescu, ...). Buscando unha profesión que lle dese para vivir, aconsellado por un amigo decidiuse pola avogacía, comentaba o amigo: “era a mellor carreira para quen (como eles), non pensaban exercer ningunha”. Así viviu cinco anos na casa duns curiais de Norwich. Logo fixo traducións e relatos por encargo. Con vinte e dous anos, G. Borrow era alto, fraco, zanquilongo, rostro oval e fez olivácea; tiña o nariz encorada, pero non demasiado longa, a boca ben dibuxada e ollos pardos expresivos. En 1833 comenza a traballar na «Sociedade Bíblica Británica e Estranxeira». Foi enviado a Rusia. O 6 de novembro de 1835 foi enviado a Lisboa. No 1836 cruza a fronteira con dirección a Madrid, de camiño vai madurando o seu plan de facer unha tirada da Biblia en castelán. Dend...