ARAWAK
Honores a Raiña Anacaona, pobo Taino A verba “Arawak (caníbal)” provén dos indios Caribes, que tamén lle deron nome ó mar do Caribe. Cando Cristóbal Colón arribou as illas caribeñas no 1492, descubriu que algunhas tribos tiñan por costume comerse ós inimigos que capturaban. Según as crónicas dos conquistadores, os feroces caribes atacaban os asentamentos dos pacíficos indios Tainos, secuestraban as mulleres, comíanse os homes e castraban os nenos para engordalos con vistas a ágapes posteriores; de feito, a verba “barbacoa” de uso común, era orixinalmente a lumarada onde os Caribes cociñaban ós Tainos capturados. A visión de numerosos cranios e osos humanos nas cabanas caribes, horrorizou ós expedicionarios e serviu para xustificar a conversión forzosa dos nativos ao cristianismo, unha relixión (a cristiana) onde, curiosamente, faise gala dun canibalismo simbólico durante a misa. A pesar dos caníbales, foron os conquistadores quenes querían cristianizar a estos nativos, os que ex...