O SABOR DAS BAGOAS
MATILDE LANDA VAZ Matilde Landa Vaz (Badaxoz, 24 de xuño de 1904-Palma de Mallorca, 26 de setembro de 1942) foi unha destacada militante do Partido Comunista de España (PCE). Actualmente é considerada unha dos referentes máis significativos do movemento obreiro e comunista das décadas de 1930 e 1940. O 26 de setembro de 1939 ingresou na prisión de Ventas. Entre as reclusas alí enceladas estiveran "As Trece Rosas", fusiladas o mes anterior sen chegarse a tramitar a súa solicitude de conmutación da pena. A directora do penal era entón a teresiana Carmen de Castro, que fora alumna da Institución Libre de Ensenanza. Matilde, quizais por elo, consígueo a súa autorización para organizar na propia cela da galería de penadas —que reunía as condenadas a morte ca finalidade de separalas do resto de reclusas, e que naquelas datas chegou a albergar ata 190 penadas— unha oficina onde realizaría unha impresionante tarefa de axuda as presas condenadas a morte: tratábase da "oficina ...