Na «Global Sumud Flotilla», "Todo o Mundo" vai nela.
MUNICIPAIS DO 31 (1)
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
Concello de Noia na Segunda República, actualmente é o Instituto de Ensino Medio «Virxe do Mar».
1930
30 de Xaneiro: Renuncia de Miguel Primo de Rivera como Presidente do Goberno.
10 de Febreiro: O Ditador abandona o territorio español rumbo a París (Francia).
25 de Febreiro: Restablécense as liberdades co goberno do Xeral Berenguer (Xefe da Casa Militar de Alfonso XIII).
Xermán Vidal Barreiro (Noia, 9/10/1892 - Concepción-Chile, 13/05/1960). Político e avogado. Casou en 1924 con Eladia Pereira Miranda. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Simpatizante e amigo de José Calvo Sotelo; a mediados dos anos vinte nomeárono concelleiro de Noia. Nomeado alcalde provisional polo alcalde interino o 16/04/1930. Integrado na Unión Monárquica Nacional (UMN) presentouse ás eleccións municipais do 31 de maio de 1931 (despois da impugnación das do 12 de abril) e elixírono alcalde; manifestou o seu apoio á República e integrouse no Partido Republicano Radical (PRR).
Mantivo unha grande amizade con Gerardo Abad Conde; logo achegouse ao republicanismo progresista de Santiago Casares Quiroga e elixírono membro do Comité Executivo Provincial do Partido Republicano Galego (PRG) en marzo de 1933. Rematou en Esquerda Republicana (ER). Coa formación da Fronte Popular (FP) participou activamente na campaña electoral, elixido alcalde de Noia. Tiña como compañeiros na Corporación de Noia de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Mariño Boullón, fuxido; Francisco Fernández Rodríguez, encarcerado; José Vieites Malvárez, sancionado; José Pedreira Bures, procesado; Francisco Martínez Agra, fuxido; Miguel Vázquez Valiño, exiliado; Severino Iglesias Siso (que o substituíu na alcaldía de Noia), procesado e fuxido; Isidoro García Castelo, fuxido; José Mato Blanco, encarcerado.
Nomeado gobernador civil de Ciudad Real o día 02/06/1936, enfrontouse aos falanxistas sublevados e organizou unha columna de milicianos para defender a provincia. En outubro de 1936 destinárono a outra función dentro do executivo republicano. Pasou a guerra civil en territorio republicano. Ao remate da contenda española pasou a Francia onde organizou e apoiou aos refuxiados galegos. Logrou saír exiliado rumbo a Chile coa súa familia, onde fixo unha intensa labor antifranquista e foi presidente do Centro Republicano. Marchou para o exilio xunto con Severino Iglesias Siso, compañeiro de corporación. En Chile, con Ramón Suárez Picallo, emitiron o programa de radio Galicia en el Aire pola famosa emisora La Americana.
San Lázaro moito antes de «todo» o que é actualmente.
En Noia, sustitúese a Corporación Municipal dirixida por Ramón Mariño Neu, por outro afín ó réxime caído.
16 de Abril: O concello provisional presidido polo alcalde interino Felipe Túñez Fabeiro, elixen como novo alcalde provisional de Noia a Xermán Vidal Barreiro.
2 de Maio: O concello aproba a realización dun proxecto para a construción da Ponte de San Lázaro.
30 de Maio: Instálase o alumeado eléctrico no Malecón de Gasset.
27 de Agosto: A miscelanea de partidos políticos definidamente republicanos, se coordinan en San Sebastián para proclamar a nova República.
30 de Setembro: Visita a vila o ex-ministro da ditadura, Calvo Sotelo. Mantendo un encontro político na casa de Blas Agra Cadarso.
17 de Outubro: Crease a Escola de Artes e Oficios, dirixida por Ramón Creo Vilas.
12 do Nadal:Insurrección cívico-militar de Jaca dos capitáns Galán e García, en contra da monarquía e en pro da República. Asiña foron xudicializados e executados.
Xosé Calvo Sotelo (Tui, 1893 - Madrid, 1936).
1931
14 de Febreiro: Alfonso XIII, aconsellado por Cambó, substituíu a Berenguer por Sánchez Guerra para a construción dun goberno de concentración nacional, coa dobre tarefa de: convocalas eleccións municipais para o 12 de Abril e gañalas para consolidar a monarquía que se enfronta a unha proba definitiva.
16 de Febreiro: Nova visita de Calvo Sotelo a Vila. Participa nunha comisión celebrada na casa do
alcalde Xermán Vidal Barreiro na compaña dos sectores políticos
próximos. A intención deste, era a de presentar nas eleccións
municipais unha lista en Noia baixo a Unión Monárquica Nacional, agrupación política xurdida da Unión Patriótica, creada en tempos da ditadura de Primo de Rivera. Calvo Sotelo contaba con numerosas amizades en Noia, dende que en 1919 comezara a súa carreira política ó saír elixido
deputado a Cortes polo distrito de Carballiño. Nas eleccións
celebradas antes do réxime de Primo de Rivera en Noia, Calvo Sotelo
participara nun mitin celebrado no Coliseo Noela, convidado por
Xacobe Varela Menéndez, e enfrontado cos liberais de Rafael Gasset e
o sinistro secretario da Deputación Provincial Manuel Viturro.
Liberais: Francisco Fernández Rodríguez, Anxo Pérez Morales, Constantino Nimo.
A maquinaria electoral acelerouse e os diferentes grupos políticos mostran os seus programas e as listas de candidatos polos catro distritos: Noia, Barro, Roo e Obre.
- Polos Liberais estaban os antigos gassetistas, que tiñan como líder a Anxo Pérez Morales, que fora membro das últimas corporacións municipais da Restauración Monárquica, antes do réxime de Primo de Rivera. Entre as personalidades da formación liberal están: Ramón Calvo Rodríguez, Francisco Fernández Rodríguez, Patricio Pérez Morales e Xaquín Fernández Luces.
Os partidarios de Xermán Vidal, que se dan a coñecer ca orixinalidade de "Fillos de Noia", advirten do día das eleccións e que o médico municipal desatende os seus pacentes, priorizando a súa actividade en campaña polos "liberais".
- No bando dos Republicanos, destaca o cadeirádego do instituto Álvaro Das Casas, o mestre Mariano Pérez Gómez e o perito Basilio Fernández Barbazán -que sempre daba os mitins en galego-, candidatos elixidos polo Centro Republicano da Vila, realizando campaña por tódalas parroquias do concello.
- Polos Socialistas encabeza a lista Antonio Oviedo (presidente do comité socialista local), Enrique Gippini e Tirso Virgós. Nun mitin que celebraron no Coliseo Noela, expuxeron as bases do seu programa e a necesidade dunha nova política local para recuperar o tempo perdido durante os 6 anos de Ditadura.
- O partido "Moralidade e Progreso", de carácter local, preséntase encabezado por Xermán Vidal Barreiro, que ingresara no Partido Radical de tendencia conservadora de Alexandre Lerroux coligado na Alianza Republicana. Nos mitins destacaba a xestión realizada á fronte da corporación, e presenta como candidatos a Arturo García Rudiño (avogado), Rodrigo Romaní Riva (comerciante), Xaquín M. Agra Cadarso (avogado) e Segundo González Pérez (patrón de cabotaxe).
Álvaro Maria Casas Branco (Ourense, 2/07/1901 - Barcelona, 8/03/1950). Profesor, escritor, editor e político. Licenciado en Filosofía e Letras no ano 1920 pola Universidade de Valladolid. Catedrático de Xeografía e Historia no Instituto de Noia (A Coruña) desde 1930 e director en outubro de 1932. Participou o día 25/09/1930 no Pacto de Barrantes, que tivo lugar neste pazo de Ribadumia (Pontevedra) entre varias figuras do galeguismo e que propiciara o centrista Manuel Portela Valladares para combater as posicións gañadas por Santiago Casares Quiroga no Pacto de Lestrobe dentro do republicanismo galego. Ambos pactos preludiaban o triunfo da República en Galicia. En Barrantes defendeuse a autonomía, o anticaciquismo, a cooficialidade do idioma e o poder gobernamental desenvolvido polo pobo. Militou no Partido Galeguista (PG) desde que se creou en decembro de 1931; formou parte do primeiro Comité Executivo do PG e destacou como orador da «á radical galeguista». Fundador en 1932 da organización xuvenil nacionalista Ultreya, que en 1934 esmorece ao crearse a Federación das Mocidades Galeguistas (FMG).
Entre os asistentes e asinantes deste pacto estiveron o centrista Manuel Portela Valladares, os galeguistas: Alfonso-Daniel-Manuel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Luis Peña Novo, Enrique Peinador Lines, Florentino López Alonso-Cuevillas e Álvaro-María de las Casas Blanco. Tamén estaban os lerrouxistas: Ramón Salgado Pérez, Raimundo Vidal Pazos e Victoriano García Martí. Os agraristas: Isidoro Millán Mariño e Basilio Álvarez Rodríguez. Os correspondentes de El Pueblo Gallego: Jesús Bal y Gay, Ramón Fernández Mato. Tamén acudiron: Laureano Gómez Paratcha, o liberal Armando Cotarelo Valledor, Valentín Paz Andrade, Elpidio Villaverde Rey, Avelino López Otero e José-María Díaz Díaz-Villamil.
En 1933 deixa o PG por diferenzas e funda Vangarda Nacionalista Galega (VNG). Após do "golpe militar franquista", na primeira quincena de agosto do 36, os sediciosos ábrenlle expediente de depuración no Instituto de Noia. Despois de producirse o golpe de Estado foxe a Portugal, exiliouse en Brasil, en Chile e en Bos Aires (República Arxentina), onde reside ata o ano 1950. A finais dos anos coarenta manifestaba o seu apoio ó réxime franquista. En 1950 volve a España, a Barcelona, onde morre unha semana após da súa chegada a causa dunha enfermidade.
"Pazo do Forno do Rato", residencia de Merceditas e Patricio autor da pintura.
12 de Abril (domingo): Día das eleccións municipais que determinarían o ritmo da vida municipal no período da 2da. República no concello.
Os resultados dan un apoio maioritario ó partido de Moralidad e Progreso, sendo proclamado alcalde Xermán Vidal Barreiro.
Durante a súa xestión (1931-36) o axuntamento adecentou as principais rúas da vila, prolongación do malecón de Gasset, electrificación do territorio municipal, control dos cobros da Eléctrica Xallas, creación dunha banda de música, mellora do cobro dos arbitrios empregando novo persoal, comezan as obras da Praza de Abastos, ampliación do Instituto de ensino elemental a ensino completo de todo o bacharelato, adquisición de novos terreos para o emprazamento dos sistemas de abastecemento de auga e preocuparse pola situación das escolas de cada parroquia.
14 de Abril: O Rei Alfonso XIII se exilia en Francia e proclámase a 2da. República.
Con data do 7 de abril de 1931, Xermán Vidal Barreiro alude ó tempo de alcaldía provisional previa a estas eleccións, facendo un reconto da súa xestión, baixando o recibo da luz e a nova espectativa de mellorar as condicións e atención das necesidades da cidadanía, asumindo toda a culpa no suposto dun fracaso electoral. Das condenas e críticas dos oponentes, sobre todo os "liberais", que intentan sorprender a "espíritus inocentes", as define como: "... aspaventos de muller fácil, que finxe agravios, para despistar as súas vergoñas".
Fonte:
- "400 Anos da Historia da Vila de Noia" de Xerardo Agrafoxo.
Detalle do balcón do Pazo dos Arzebispos no Tapal. Foto de Ruth Matilde Anderson, en outubro de 1924. A Fortaleza Arzebispal do Tapal foi construída no século XII (se decreta o traslado da antiga poboación diseminada pola Barquiña e Santa Cristina, para a nova ubicación actual no 1169), punto de control do paso de xente e mercancías. Contaba con varias liñas defensivas, destacando a chamada "Torre da Homenaxe" a máis elevada, para un óptimo control do entorno terrestre, río e mariño. Outras oito torres de altura menor, creaban o perímetro da Noia de intramuros. Según Santiago Abella (Noia, 1815 - Bos Ares, 5 de agosto de 1913), o nome de "Tapal" venlle porque ó toque de "oración" se "tapeaban" ou pechaban as portas que daban acceso ó espacio "atabicado" pola Fortaleza, volvéndose a abrir co novo día. Contaba a Praza con espazo suficiente, para amparar unha gornición de 200 soldados. Na Revolta Irmand...
Sion (transliterado a veces como Zion, Tzion o Tsion) foi inicialmente o nome dunha fortaleza «xebusea» conquistada polo rei David, situada na actual Xerusalén. Trala morte do rei David, o termo comezou a usarse para definir o outeiro no que se situaba o Templo de Salomón. Máis tarde, Sion empregouse para facer referencia tanto ó templo como a os seus propios cimentos. No Medievo, Sion o usaban militares e relixiosos católicos para denominar a «orde de Sion» nas primeiras cruzadas do século XII. A finais do século XIX e principios do XX, o "sionismo" vaise dando a coñecer no «mundo hebreo» como un movemento político integrista radical e amoral, que se vale da "mentira, ameaza e asasinato" para lograr os seus fins. O 17 de maio de 1948, o exército sionista perpetra un ataque con morteiros contra o edificio do Patriarcado Armenio Ortodoxo do Monte Sion, dende o mosteiro dos abades beneditinos, ocupado polos sionistas. O bombardeo tamén afectou ó Mosteiro de Santiag...
Combinando a relación experimental, distancia-velocidade radial das galaxias, cos modelos teóricos derivados da Relatividade Xeral de Einstein, chegamos a idea actual de vivir nun Planeta, cun diámetro de 40.000 Km., que xunto con outros, dan voltas ó redor do Sol, formando un Sistema Solar cun diámetro duns 100.000 a.l. (anos luz), integrado nunha Galaxia con forma de espiral chamada "Vía Láctea". O Sol, a nosa estrela, é ún dos douscentos millóns delas que se estima que hai na Vía Láctea, esto daría uns 3,2 billóns de planetas na Galáxia. O Sistema Solar dista uns 26.000 a.l. do centro da Galáxia, e demora uns 250 millóns de anos en orbitar a Vía Láctea. A Galáxia ten uns 100.000 a.l. de ancho e uns 1.000 a.l. de grosor. A nosa Galáxia, nun Universo en expansión, cuns dous billóns de galaxias como a nosa no Universo observable, e xurde a cuestión de: "si o Universo é 'o todo' , ou formará parte dun hipotético multiuniverso ?". Desde o punto de vista mec...
O teatro lírico ou zarzuela, retómase en Noia coa reposición de "Xigantes e Cabezudos", coa dirección artística de Emilio Salanova, e dirección musical a cargo de Francisco de Andrés, entre as actrizes: Leonor Reino, Isabel Sarmiento, Emilia Caamaño, Clara Hidalgo, …; e os actores: Prudencio Romo, Francisco Vaamonde, Francisco Pérez, Xesús Arufe, Xosé Brenlla, Renato Pestonit. Nun "combo" onde se contabilizan seis cabezudos, dezaoito mulleres, vintedous homes e seis rapaces, facendo un total de cincoenta e duas persoas. Representaron no Coliseo Noela, no ano seguinte tuveron un éxito sen precedentes na súa representación en Vilagarcía de Arousa. FAI 79 ANOS... No obituario de famosos deste ano, cabe destacar a morte do toureiro Manolete, corneado na praza de touros de Linares (Xaén), o ganster Al Capone na súa casa de Miami Beach, víctima da sífilis, o poeta Manuel Machado, o político nacionalista catalán Francesc Cambó e o magnate do automóvil Henri Ford. Declár...
Muller cun carro ateigado de madeira. Esta vella enxuta non me permitia que a retratase, pero ao final parouna un home e conseguín facerlle unha foto aceptable. Levaba un sombreiro de palla claro sobre un pano negro, manto negro, saia negra e calzado con sola de madeira. As pernas, sen medias, víanse encarnadas e en carne viva (Ruth Maltilde Ánderson, outubro de 1924). A GACETA MUNICIPAL A Gaceta Municipal mantén informada a cidadanía, moita analfabeta, que se converten nun corrillo de oíntes entorno ó lector, que con voz alta e clara, relata o desenrolo dos primeiros plenos municipales da Segunda República no Concello de Noia. Este esforzo que realiza o cronista, editor e impresor, vese compensado polo aprecio que se xera do empoderamento social por esta divulgación informativa, poñendo ós políticos locais ó servizo do interese social. Nunca antes, que se sepa, sucedeu que alguén individualmente asumira a defensa a ultranza do «ben común» ( rex pública ), coa ferramenta máis pote...
“Citizens Warning on Overshoot and Collapse (Advertencia Cidadán sobre a Extralimitación e o Colapso)” , foi lanzado recentemente pola The Real Green New Deal Project conxuntamente cos autores do libro «Bright Green Lies (Brilantes trolas verdes)». Coa autoría principal de Megan Seibert e apoiado como cidadáns iniciais William Rees, Ron McCormick e Alice Friedemann (por parte do Real GND) e Derrick Jensen, Max Wilbert e Lierre Keith como autores do citado libro, e gracias a tradución de Manuel Casal Lodeiro do Instituto Resiliencia , revisada por Jorge Riechmann. Esta advertencia, está aberta a asinar por calquera cidadán preocupada polo futuro da humanidade e a súa relación co medio natural, por medio dun formulario de Google ou mediante un correo electrónico a los responsables del Real GND. ADVERTENCIA A OS CIDADÁNS ACERCA DA EXTRALIMITACIÓN E DO COLAPSO Nesta penúltima hora da Humanidade e o Planeta, denunciamos que o que se está vendendo ó mundo encol da viraxe climática, é ...
«Entre trancas e barrancas, / entre o pozo de Ferpilleira e Taramancos, / está enterrado o pozo de sete reinados». Lenda recollida entre veciñas de Taramancos, que fala dunha cidade asulagada, na que se agocharía ouro para quen a conseguise desencantar; o desencantador, precisaría dunha verba máxica e acadaría o posto de Rei. A construción da variante de Noia, que une a estrada VAP9 Brión-Noia coa SC-550 entre Noia e Taramancos , deu pé á descuberta, preto deste lugar, dun importante xacemento arqueolóxico. Os restos dun poboado que presumiblemente estivo ocupado dende a Idade do Ferro ata época romana, vencellado á explotación marisqueira (a xulgar polos depósitos dos seus cuncheiros), e o que é máis curioso, sen ningunha evidencia de murallas ou defensas de ningún tipo, como cabería agardar dun hábitat castrexo. O "sorprendente xacemento", foi escavado no verán do 2011, pero a Xunta de Galicia destruíuno e sepultou os seus restos debaixo do piche. A escusa é que, segun...
Durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-30) a Comarca de Noia contempla as obras de construción da Central do Tambre (1924), edificio que representa o "Rexionalismo Arquitectónico" de Antonio Palacios Ramilo (1874-1945) . A modernidade dáballe un protagonismo ao traballador e a sociedade en xeral. No 1927, a Central do Tambre ofrece servizo de luz eléctrica a Vilagarcía de Arousa. No seguinte ano, subministra enerxía a toda a provincia de Pontevedra. Mentres en EEUU prodúcese o "crack financeiro", sumindo ó País nunha grave crises económica e social, que afecta as finanzas de tódolos paises. O/a traballador/a desperezábase da ignorancia, pondo en valor a súa capacidade de asociación e diálogo, para dar conta dos desafíos do período de entre-guerras. El último número de La Gaceta Municipal tuvo un enorme "éxito de librería", como suele decirse en el lenguaje reporteril. ¡Non había mans a dalas!, se dice en el idioma vernáculo, en el idioma enxebre, ...
Despois de que Zeus conquerira o Olimpo derrotando ós Titáns, encargou a Prometeo e Epimeteo que repoboasen a terra, que quedara destrozada. Prometeo creou unha nova e espléndida raza de homes, pero envexaba a forza e astucia que Epimeteo outorgara ós animais, e decidiu darlles un poder exclusivo, para o cal roubou o lume do ceo. Zeus, enfurruñouse polo roubo, e castigou terriblemente a Prometo, e ordenou ós deuses que pensaran un castigo para os homes mortais. Entre todos tramaron unha vinganza sutil pero eterna. Modelaron en barro a figura dunha fermosa muller, a que lle deron todas as calidades dunha deusa, e puxéronlle de nome "Pandora", que significa “A Ben Dotada” , pois todos os deuses outorgáronlle os seus dons. Como regalo de despedida entregáronlle unha furna de ouro selada, de exquisito deseño, advertíndolle que nunca debería abrila para mirar o contido. Pandora foi a primeira muller que apareceu entre os homes, os cales sentiron novas e estrañas emocións ó con...
Domingo Fontán , n. Portas-Caldas de Reis (Pontevedra) o 17 de abril de 1788 - m. Santiago de Compostela o 22 de maio de 1867. A INDUSTRIA DO PAPEL A Industria Papeleira tiña unha arraigada tradición, na que seguramente influirían os industrias xenoveses do papel na Idade Media. Na aldea de Castro, Domingo Fontán funda unha papeleira no 1835, onde residiu algún tempo o insigne matemático e xeógrafo, autor do mapa topográfico de Galicia. A súa fábrica contratou co Estado a fabricación do selado. Posteriormente pasaría a mans de Ramón López Rodríguez. No 1844 sairon polo porto noiés 1.200 resmas de papel. No 1849 había unha fábrica de papel en Noia, e en Lousame na Alvariza e dúas en San Martín de Lesende. Francisco Iglesias expuso papel de estraza fabricado con "pita" na Exposición de Santiago de 1858, e na de Pontevedra no 1880. Actualmente non existe nengunha papeleira na Comarca, a derradeira que funcionaba en Brandia (Lousame) a pleno rendemento, foi trasladada a finais ...