O BALDAQUINO: FRISO DO NACENTE (A VIDA)
O “baldaquino” (italianismo para "baldachino", que provén de Baldac, nome con que se coñecía na Idade Media a cidade de "Bagdad") é unha especie de templete formado por catro columnas que sosteñen unha cúpula ou dosel plano, destinado a cobexar o altar cando ten posición illada. Tamén denomínase “ciborio” (do latín ciborium), aludindo a súa forma de copa invertida. Maqueta do Baldaquino exposta en Santa María a Nova, por iniciativa do autor do artigo, Manuel Ces Canle. BALDAQUINO: O FRISO DA VIDA No «friso do nacente», podemos observar cinco medallóns entrelazados entre si por un cordón (de estilo celta) ou discos (adornos característicos na arquitectura románica). O número cinco é considerado positivo en moitas relixións. Na cultura celta é o número dos deuses do panteón céltico. Deuses que foron asimilados polos romanos: Lug a Mercurio, Dagde a Xúpiter, Ogme e Nuada a Marte, Diancecht e Mac Oc a Apolo, Brigit a Minerva, ... As cores tentan ser o mais parecido...