Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta NÓS DECIMOS NON

NÓS DECIMOS "NÒN"

Imaxe
Discurso de inauguración das xornadas de “Chile Crea”, en Santiago de Chile, a mediados de 1988. Viñemos aquí dende diversos países, xuntándonos ó carón da xenerosa sombra de Pablo Neruda, acompañando ó pobo de Chile, que di "nòn". Tamén nós decimos "nòn". Decimos "nòn", a louvanza do diñeiro e da morte. Decimos "nòn", a un sistema que pon prezo as cousas e a xente, onde o que máis ten é o que máis vale, e decimos "nòn", a un mundo que destina ás armas de guerra, dous millóns de dólares cada minuto, mentres cada minuto, mata trinta nen*s por fame ou enfermidade curable. A bomba de neutróns, que safa ás cousas e aniquila á xente, é un perfecto simbolo do noso tempo. Para o asasino sistema, que convirte en obxectivos militares as "estrelas da noite", o ser humano se configura como un factor de produción e de consumo e un "obxecto de uso"; o tempo , nun "recurso económico"; e o planeta enteiro , nunha ...

O NÉCORAS

Imaxe
Eduardo Ponte Carracedo, O NÉCORAS (Campo das Hortas - Santiago de Compostela, 17/03/1886 - Capturado nalgún lugar preto de Santiago e paseado arrastrando o seu corpo polas rúas de Compostela, como un trofeo do "circo romano", na traseira do vehículo conducido polo criminal falanxismo no 1936). Hai vidas que de ser recollidas nun libro, parecerían unha esaxerada fixación no apoderamento do cidadán ante un estado político-relixioso que o deprecia e acosa. Así é a desbordante e fascinante vida de, Eduardo Ponte Carracedo “O Nécoras”. Nace en Compostela o 17 de Marzo de 1.886, na panadería do Pai, Antonio Ponte Arrochena no Campo das Hortas. Foi un dos fundadores do colectivo “Xuventude Liberal” e participa nun mitin en memoria de Francisco Ferrer i Guardia no 1910 (un ano despois da súa execución, decretada pola xustiza Alfonsina). En Xaneiro de 1912 secuestra a namorada Adela Garcia, para casar sen contar coa aprobación da familia dela. A meniña da Coruña, de alta posici...

OUTRO MUNDO É POSIBLE

Imaxe
A BARBARIE SEN SAIAS E AO TOLO Un mito bíblico, presenta o fin do mundo anunciado pola aparición dos Catro Xinetes da Apocalipse, que representan a Conquista, a Matanza, a Fame e a Morte. A perspectiva que se abre fronte a humanidade hoxe, pode verse como verdadeiramente apocalíptica. O capitalismo neoliberal, desenrolou as forzas produtivas da economía global, a un extremo sen precedentes. Pero estas forzas non están baixo un control democrático ou un plan racional, están propulsadas por imperativos económicos e militares de acumulación competitiva capitalista. En consecuencia, a pesar do seu potencial para emancipar a toda a humanidade das necesidades materiais, o capitalismo, fai o contrario, destruíndo a mesmísima civilización industrial. A ignorancia, a avaricia, a irresponsabilidade dos nosos gobernantes ante a crise, está enraizada na irracionalidade do sistema. A catástrofe climática, a depresión económica e a guerra imperialista, afunden as súas raíces na loucura dos merc...

TODO POLA PASTA!

Imaxe
A rexión das chairas costeiras, perderon casi un tercio da primeira capa superior do chan, desde o inicio da masacre do búfalo. As investigacións, tamén suxiren, que a ausencia de pastos nativos, conduce a que a capa superficial do solo se erosione, o que provoca quebranto da estructura capilar de auga e nutrientes, quedando a terra en forma de pó solto na superficie, favorecendo a erosión e a creación de ventiscas negras na década de 1930. A finais do XIX o continente americano estaba nun estado de ruina total en canto a renovación das suas riquezas naturais, comprometendo o seu equilibrio ecolóxico. Encamiñándose a extinción integral da maior parte dos representantes da gran fauna e a degradación irreversible de diversos hábitats, e por conseguinte a desaparición de numerosas especies constitutivas da flora e da microfauna. O bisonte americano (Bison bison) das inmensas chairas entre Canada e México, podemos distinguir duas fases na destrucción desta especie. A primeira abarca ...