Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta MARÍA MAGDALENA

MARÍA CHOROU NOS PÉS DE XESÚS

Imaxe
Nado en Montreal no 1960, Chester Brown publicou a súa primeira tira ós doce anos nun periódico local, e antes de cumprir os vinte trasladouse a Toronto co propósito de profesionalizarse na súa paisón que o catapultaría como unha das personalidades máis novedosas do cómic independente. No 1983, autoedita o minicomic “Yummy Fur”, que sería o previo a editar a súa novela gráfica “O Paiaso Feliz”, que acadaría varios premios internacionais, e as lembranzas autobiográficas co título de “O Playboy” e “Nunca me gustaches”. Outros traballos notables son a biografía do líder rebelde canadense do século XIX “Louis Riel”, ou as súas rotundas reflexións sobre a prostitución, baseadas en experiencias reais, recollidas no libro “Pagando por Elo”. De personalidade introvertida pero impúdico no seu discurso, Chester Brown logrou converterse nunha das voces máis poderosas e influentes con que conta hoxe o mundo do cómic para adultos. “SON MARÍA DE BETAÑA E MARÍA MADALENA, A MESMA PERSOA?” Non pod...