LULÚ LACRUÁ: TODA PARA VOSTEDE
Vimos tratar hoxe dun personaxe histórico que, por descoñecido
ainda non recibeo as honras que se merece. Trátase de "Aurelia
da Pena Cotovade", natural do lugar de Mederretes, pertenecente
a parroquia costeira de Porto Piollo.
Naceo Aurelia, alá no ano 1.910, nunha humilde
familia de ferreiros, era a maior de 31 irmáns, dos cales finaran 17
ó nacer.
Desde mói nova, tuvo que apandar coas tarefas máis duras,
facía as labores da casa -a sua nai estaba enferma do peito- e
axudaba logo ó Pai xá maior, no pequeno taller. A pesares deso,
sobrábanlle folgos a moza pra ir bailar as romarias, onde acadou sona de bulideira, quente de cascos,
flexible de costas, e digamos, ... mói liberal de conducta.
Según o seu própio diário, do que só se conservan
fragmentos: Nunha soia noite de San Xoán, fixo homes a vinteseis
rapaces da veciña aldea de Tiribás.
Este xeito ledo de vela vida, causoulle enfrentamentos non só ca
pacata e conservadora sociedade da época, se non tamén coa
sua familia, sobre todo dispois de ser coñecida na bisbarra como
"Aurelita Cha-Cha-Chá"
Indignada por tanta hipocresía e
desagradecemento, fugouse co mineiro asturiano "Bomango",
así alcumado por ter feito a mili na Guinea. En Oviedo collea a
Guerra Civil, de onde fuxe nun "bou" cara a Francia, xá ca
evidencia da derrota a vista.
Tras moitos abatares, introduciuse no
mundo do espectáculo na Francia ocupada polas tropas xermanas.
Triunfa no "Moulín Rux", co seu número "Lulú Lacruá: Toda para Vostede".
Os xerarcas
nazis, oubean e bufan coma carneiros no famoso número da
"Gualquíria", -que con unha suxerente danza, curara a
melancolía autodestructiva de Sigfrido-.
Frecuentou as mais
altas alcobas do exército nazi, pero ninguén
sabía, que estaba a traballar para os "Servicios Secretos Aliados".
Según as últimas investigacións do historiador
inglés "Jhon W. Sinclaire": "a sua actuación foi decisiva,
para evitar que os alemáns voasen Paris, antes da súa toma polas
Forzas Aliadas".
Informada da inminente chegada das tropas aliadas,
invitou a cear ó "Xeral en Xefe das Forzas de Ocupación",
que non puido resistir o asedio da nosa paisana; e trás vinteseis
horas continuadas de encarnizado combate, capitulou. Cando se
recuperou, Paris xá caera en máns aliadas e capitulou por segunda
vez sen poder dar a tráxica orden.
Esta acción foille recoñecida
co outorgamento da medalla especial de "Honra da Súa Maxestade
Rectora do Sempre Benefactor e Excelso Império Británico".
Pasou os seus últimos dias vivindo baixo nome suposto "Doris
Wheights", nunha aldea mineira de Gales do Sur (Nova Zelanda).
Calquera que recorra o barrio Latino en Paris, poderá atopar, antes da intersección da Rua Montmartre e a Praza Charles de Gaulle, unha
humilde calexiña co nome de "Aurelia da Pena".
Unha vez mais os nosos heroes fillos-as de Breogán, sempiternos loitadores pola libertad, son esquecidos na sua propia Terra.
iViva Aurelita Cha-Cha-Chá!
por Lelo D'a Pena
Fonte:
Publicado no “Falabarato” Nº 16, de Maio de 1995, no apartado de "Galería de Personaxes Históricos Esquecidos".



