O SOCHÁN (O SUBSOLO)
Menhir de Andabao (Boimorto). |
Un día calquera que esteas polo monte ou no xardín da casa, afundes o índice e o polgar onda as raíces dunha mata de herbas e quitas unha polgada de terra. O máis seguro e que teñas na man alrededor de mil millóns de organismos individuais vivos, cunhas dez mil especies diferentes de microorganismos, a maioría aínda sen nomear, catalogar, nin entender. Entretecidas cos miles de raiciñas da herba, que podemos observar a simple vista, existen madeixas duns filamentos microscópicos e parecidos a tela de araña chamados "hifas micóticas", cunha lonxitude total que non se mide en centímetros senón en quilómetros. E todo isto nunha simple polgada de terra. Nun puñado de chan normal e corrente hai máis criaturas que humanos no planeta enteiro, e quizá centos de quilómetros de microscópicas hifas de fungos asociados.
![]() |
Como seres humanos temos que aprender a reconciliar a natureza dual dos chans. Dun lado, dentro das decenas de millares de especies que viven no chan, hai unhas cantas capaces de volverse contra nós ou contra os nosos cultivos, e tamén de volverse patóxenas baixo certas condicións ambientais.
Polo outro lado, a gran maioría dos microorganismos do chan, son ou ben inofensivos ou ben directamente beneficiosos para nós. Moitos dos antibióticos máis potentes para combater as enfermidades humanas, proceden do chan, e os agricultores, están aprendendo a poñer a criaturas do chan, a traballar para combater as enfermidades dos cultivos alimentarios. O certo é, que formamos parte dunha complexa rede alimentaria, na que case todas as criaturas teñen inimigos naturais ós que facerlle fronte e ó mesmo tempo, se poden converter en inimigas doutras especies. Podemos minimizar os encontros negativos cos nosos inimigos potenciais que viven no sochán, por medio da atención hixiénica adecuada das feridas abertas, a inmunización contra o tétanos e unha xestión coidadosa dos chans nos que plantamos os cultivos.
A protección da biodiversidade do chan, debería ser unha das nosas prioridades, porque quen sabe cales dos miles de tipos xenéticos de microorganismos que viven no sochán, poderán subministrarnos o prósimo fármaco milagroso ou converterse en novos axentes biolóxicos de confianza, para o control das enfermidades das plantas... Minimizar o noso impacto sobre as criaturas do sochán, será probablemente un desafío maior, que minimizar o impacto do subsolo sobre nós.
![]() |
Fonte:
- Unha Historia Natural da Vida Subterránea – David W. Wolfe.
Outros artigos da mesma fonte:

