Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta RETRINCOS

"O SEGREDO" de CASTELAO

Imaxe
Portada do libriño "Retrincos". LIMIAR Cada vez que dou un mergullo na miña vida de debuxante apaño retrincos deleitados, que non tiveron realización plástica, e que agora vou aproveitando, cando cadra, nos meus soaces literarios. Tamén atopo no balume de papeles vellos, moitos retrincos esquecidos do meu pensamento, que recollo amoroso, coma se fosen recordos dun irmanciño morto. Outras veces un retrinco de papel faime cavilar no intre de vida en que foi escrito, e sorríome compasivo. Cando estaba de practicante no Gran Hospital de Compostela, encontreime unha noite de servizo no coarto de Socorro e leváronme un suicida moribundo. O coitado espichou alí, e quedei soíño na súa compaña cheo de medo e de respeto. Pero aquela impresión inspiroume o treito seguinte: "Os mortos son uns preguiceiros. Cando non rexen coa vida derrúbanse, redondos, e fican estarricados nunha postura ridícula, e as veces indecente. Caen de calisquera xeito e non volven a erguerse. Estou por d...