Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta BILLIE HOLLIDAY

STRANGE FRUIT: ECHE O QUE HAI!

Imaxe
Billie Holliday é a vivinte encarnación dunha idea pronunciada por Fats Waller, que no jazz, non ten tanta importancia o “que”, senón o “como”. Por dar un so exemplo, en 1935 Billie gravou, en colaboración con Teddy Wilson, un song tan trivial e barato, como o é “What a Little Moonlight Can Do”, e o resultado foi unha obra de arte de pleno valor. Cantou blues ocasionalmente. Pero o seu xeito de frasear e a súa concepción doulle atmosfera de blues a casi todo o que cantou. En 1938 fixo a presentación ca gran orquestra de Artie Shaw, unha orquestra branca. Durante meses tivo que usar a entrada do persoal de servizo nos locales onde actuaba, mentres os seus compañeiros de combo entraban pola porta principal. Tiña que durmir en pensións de mala morte, mentres o resto do equipo aloxábanse en hoteis palacianos coa entrada vetada para as negras. Moitas veces non podía comer cos compañeiros de orquestra. Logo formou parte da orquestra de Count Basie, esta vez os integrantes eran todos ne...