Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta SERVIDUME VOLUNTARIA

SERVIDUME VOLUNTARIA (IX/IX)

Imaxe
Co discurso IX complétase o “Discurso contra a Servidume Voluntaria” que Etienne Da Boétie (1530-1563) escribe en 1548 ós dezaoito anos de idade. Contemporáneo de Montaigne, este quedou sorprendido da ousadía e calidade do autor, así o aseguraba no prefacio da súa publicación 25 anos despois. O discurso tamén se coñece como «O Contra Un», porque o tirano que desarraiga a sociedade da terra, da liberdade, destrúe a amizade e desterra o pluralismo, saqueando as fronteiras, acadando os redutos da intimidade humana: «É difícil crer que haxa algo de público, neste goberno no que todo é de un» , afirma Etienne. Parecendo así, que a “rex pública (o ben común)”, é suplantada pola pretensión particular, subxectiva, de quen se arroga ser dono da representación da cidadanía. Esta defensa do goberno das leis, que alcanza a mesma conclusión a que chegou Platón, cando as circunstancias o obrigaron a renunciar a práctica da utopía, convén que non caia no esquecemento. A verdade é que o tirano nin...

SERVIDUME VOLUNTARIA (VIII/IX)

Imaxe
ÉTIENNE DA BOÉTIE (1530-1563) “Non hai política, sen coñecemento do cidadán”, podería ser o corolario da breve obra de "Da Boétie", que constatando as inclinacións humanas, tece con desenvolvemento esta trama, incluíndo a teima polo poder e a paixón pola autoridade, xunto coas debilidades que abocan á subordinación. Aprende dos seus predecesores pensadores, a vislumbrar os cálculos do tirano e os síntomas, no que se manifesta esa liberdade secuestrada e pouco a pouco subxugada. Etienne mostra agudeza, negando, por principio, calquera dignidade ou atributo o tirano, expoñendo que o tirano, so pode exercer o seu dominio si quenes son tiranizados o desexan. Si o cidadán sirve, e que foi criado como servo. Axuda a entender que a loita contra o autoritarismo, non depende das declaracións bélicas ou das ameazas de revolución, senón de acoutar a disipación ou a indiferenza política, que se adiviñan como os auténticos males da república. Pasarei agora a un punto que, ao meu ver...

SERVIDUME VOLUNTARIA - VII/IX

Imaxe
Esta é unha obra que representa un cambio de paradigma, a diferencia dos autores clásicos, para Etienne non hai tiranía benéfica. Tampouco se fai ilusións, pois é consciente, de que só uns poucos teñen a carraxe suficiente, para querer ser libres e para recoñecerse como tales. Na súa profética "psicoloxía da servidume", combina dous vectores que, un pouco máis tarde, estarán condenados a diverxer: liberdade e igualdade . Porque, si somos libres, non é posible que «a natureza puxera a alguén en "servidume", poñéndonos a todos en compañía». Alén desta condición ontolóxica, Étienne denuncia a perda da apaixoada defensa da liberdade, que constituía a mellor vacina fronte a quen busca usurpala. Os Reis Asirios, e despois deles os Medos, so aparecían en público o máis tarde posible, ao anoitecer, para que o pobo xulgase que eles tiñan algo de sobrehumano, aludindo así as xentes propensas ao devaneo e amigas de imaxinar aquilo que non ven claramente. Foi así que as n...

SERVIDUME VOLUNTARIA - VI/IX

Imaxe
ÉTIENNE DE LA BOÉTIE (1530-1563) Étienne d'a Boétie propon un enfoque sobre a condición humana e social do individuo. Contaba con dezaoito anos cando escribiu o "Discurso contra a Servidume Voluntaria", recorre ós clásicos, con soltura e dominio, como exemplo ilustrativo para desvelarnos con amenas erudicións, a escandalosa vileza que aniña no íntimo do noso ser, xunguíndonos con soberbia, a os máis lacerantes xogos político-económicos. Aínda que o “Discurso”, non tiña a intención de curar a ferida mortal, que a xuízo de Étienne, consideraba que o vulgo sufría, e que séculos despois de sucesivas tiranías, escravitude, guerras, exterminios masivos,... e demais barbaridades inenarrables, este “Discurso” actualízase coa brillantez, dun importante aviso para navegantes, lembrándonos, sen pó nen palla, que a submisión máis salvaxe, non é a que se impón por medio da forza, senón por medio da escandalosa e fraudulenta elección popular e a pasividade do costume. Mais, volvend...