BARRO
O barro é o material básico empregado por algun-has Creador-as para dar forma a Humanidade e a outras criaturas da Terra. O método habitual é que o-a Creador-a, modele unha muller e un home, a partir de calquera xacemento de arxila, para despois engadir ornamentos, tais como pedriñas para os ollos, herba seca ou febra de coco para o pelo e sementes para os pezóns. Logo o-a Creador-a, pon as figuras a secar ao sol, e cando están listas, asopraba sobre elas para infundirlles o "alento da vida". Naturalmente, o-a Creador-a pode escoller calquera cor de arxila, para modelar as súas criaturas, pero os preferidos para os Seres Humanos, parecen ser o negro, o marelo, o marrón, o branco, o roxo e diversas tonalidades de ocre. Os humanos son de creación moi simple, en comparación con todos os demais animais. Os/As Creadores-as adicaron moito máis tempo na elaboración dos humanos, e demostraron un considerable enxeño nas súas formas e coloracións. Non contentas con infundirlles o sim...