IR POR LAN

Fonda de "Manolo o Ferrolán", situada a esquerda na imaxen. Lugar onde se dou o encontro, entre o mofletudo crego e o fornido labrego.
Corría o ano 1904. Era o día 25 de Abril e no histórico pobo de Felipe de Castro, celebrábase a tradicional "Feira de San Marcos", de renome en todas as comarcas limítrofes, e primeira do ciclo anual. Nela verifícanse as máis importantes transaccións de gando mular e cabalar. Aflúe por conseguinte, gran cantidad de xente, o que fai imposible o trànsito de paseo polas antigas ruas. A súa ampla Alameda e adxacencias, encóntranse materialmente invadidas polo formigueo humano.
Da torre da Casa Consistorial baixaron sonoras e maxestuosas as doce campanadas sinalando a hora de render tributo ós tradiccionais "callos" e as famosas "empanadas" que fixeron célebre a Vila de Noia, pois, según as crónicas, "... cando o comandante do buque de guerra portuguès «Terror dos Mares», destacou o bote a terra, para inquerir do comandante de marina de Vigo, si habería calado suficiente para o navío ao seu mando, pois este dirixiase a Noia, para recoller unha ducia de empanadas de berberechos, encargadas polo maordomo maior da Casa de Braganza, para conmemorar unha data íntima".
En vista, pois, da indicada hora, nos diriximos como de costume a coñecida "Fonda de Manolo o Ferrolán", e tomamos asento na mesa que, de longos meses atrás, nos estaba destinada.
Fachada de San Martiño, da obra GALICIA de Manuel Murguía. Daniel Cortezo e Cia Impresores. Barcelona, 1888. Fotogravadura: Thomas.
De fronte a nós, un rubicundo e mofletudo crego, deses que non desmenten a abundancia dos campos galegos, e que non precisan de aperitivo para estimular o apetito. Engulía cal soberbia pitón das selvas tropicais, descomunal fonte de carne con patatas, que faría as delicias dunha pequena familia proletaria, nun día de Coaresma.
Como forna para tal zapato, fai a súa aparición no salón-comedor un corpulento e fornido labrego, aguillada en ristre, de albas sirolas e coa consabida "Cruz de Caravaca" «nas costas d'o chaleque».
Tomou asento a nosa dereita, e fronte a fronte ao curiña de marras, que nese momento, pedía a serventa «unha empanadiña de sardiñas».
O noso labrego ao achegárselle a fámula e como é de inveterado costume entre eles, pediulle con voz melosa «duas libriñas de pan de molete, dous cuartillos de viño e unha fonte de callos, que fora ben farturenta, pra non ter que andar con voltas».
Sérvenlle unha abundante fonte da comida pedida e o paisano, sen andarse polas ramas, chamou ao Ferrolán que atendia a outros clientes, e sen máis preàmbulos espetoulle:
— ¡Ai señor, e vostede seique ten janas de facerme riire. Pídolle a rapaza unha fonte de callos, e traeme unha cunca, c'ainda me fenda un raio, si o meu neno de dous anos ten pra escomenzar c'o ela!
— Coma non queira que lle traia a ola, outra fonte mais jrande n'ai n'a casa.
— Bueno lojo!, comerei esto e despois xa veremos.
A todo esto, o cura sonrreindo solapada e socarronamente, nos chisca o ollo con complicidade, celebrando as saidas do campesino.
Este, que se daba perfecta conta das manobras e xestos do crego, remata nun santiamén a fonte de callos. Chama de novo a serventa, preguntoulle que máis había pa comer, dille que carne con patatas e pescada guisada, o paisano dille:
— Trajeme tres pescadas jisadas, outras duas libriñas de pan e outros dos netos de viño, e que sea d'o Riveiro, eh!
— ¡Pero señor!... atreveuse a replicar a moza.
— Nin señor nin centellas, anda de presa c'ainda teño que parar na casa de Basilio d'a Ponte Nafonso pra lle axudar a comer unha empanada de lampreas.
Ponte de Noia.
Nós, fascinados na contemplación deste ser privilexiado pola excelència do seu estòmago, non nos dimos conta siquera, de que non déramos bocado a nosa comida, e que o labrego en cuestión, dera cabo de todo canto se lle puxo diante.
Chamou ao Ferrolán, pediulle medio cuartillo de caña «pra limp'ar as moas», según dixo.
Pagoulle relixiosamente “43 reais e un pataco” e limpándose a boca co dorso da súa dereita, dixo sentenciosamente e como sen darse conta:
— Jrasias a Dios, comín com'a un Crejo!
Como si lle picara una víbora, revolveuse o crego e pegando un bufido replicoulle ao paisano:
— Ou com'a un "porco"!
Ao que o labrego levantándose e en ademán de despedida, mirándolle fixamente, retrucoulle moi cerimoniosamente:
Tanto ten señor ...!!, Tanto ten!!.
Portada da revista mensal FINISTERRA, editada en Bos Ares. Ano II, N°7-1944 Marzo.
Autor do texto: O neto d 'o secretario Enrique Espineira.
Publicado en Bos Ares o 17/7/1927, na revista FINISTERRA, Año I, Nº 12.
Os Tamara no 1965 interpretaban temas do "rebétiko", o fado dos gregos expulsados de Turquía no século XIX.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN