Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta NOSA SINORA DO "DON"

RUTH MATILDE ANDERSON EN NOIA - 1924 e 1926

Imaxe
De camiño pasamos onda o Hospicio do Espirito Santo, sobre cuxa porta estaba esculpida en baixorelevo a representación máis antigua coñecida do escudo de Noia, a arca a cabalo das ondas e a pomba voltando coa súa pola de oliveira. Un gardia civil explicounos o seu significado: Noia foi fundada polo patrón da arca, o mesmísimo Noé!. A lenda asegura, ademáis, que por riba de fundar a Vila, quedou a vivir nela seis ou sete anos, para asegurarse de que tiña un bon comezo. CRÓNICA DE RUTH MATILDA ANDERSON NA GALIZA O 7 de agosto de 1924, dous pasaxeiros americanos do SS Roussillon desembarcaron en Vigo. Houbo problemas á hora de presentar a equipaxe na aduana. Trouxeran moitas caixas co equipo fotográfico e ninguén sabía como as gravar. Logo de confusas disputas, os axentes chamaron o seu superior, quen solucionou o tema aplicando os impostos en función do peso. Deste xeito, Ruth Matilda Anderson (1893-1983) e o seu pai, Alfred T. Anderson, comezaron unha extraordinaria viaxe fotográfi...

O BALDAQUINO: FRISO DO NACENTE (A VIDA)

Imaxe
O “baldaquino” (italianismo para "baldachino", que provén de Baldac, nome con que se coñecía na Idade Media a cidade de "Bagdad") é unha especie de templete formado por catro columnas que sosteñen unha cúpula ou dosel plano, destinado a cobexar o altar cando ten posición illada. Tamén denomínase “ciborio” (do latín ciborium), aludindo a súa forma de copa invertida. Maqueta do Baldaquino exposta en Santa María a Nova, por iniciativa do autor do artigo, Manuel Ces Canle. BALDAQUINO: O FRISO DA VIDA No «friso do nacente», podemos observar cinco medallóns entrelazados entre si por un cordón (de estilo celta) ou discos (adornos característicos na arquitectura románica). O número cinco é considerado positivo en moitas relixións. Na cultura celta é o número dos deuses do panteón céltico. Deuses que foron asimilados polos romanos: Lug a Mercurio, Dagde a Xúpiter, Ogme e Nuada a Marte, Diancecht e Mac Oc a Apolo, Brigit a Minerva, ... As cores tentan ser o mais parecido...

O BALDAQUINO: FRISO DO POÑENTE (A MORTE)

Imaxe
Friso do Poñente. Foto de Ruth Matilda Ánderson 1926. O Baldaquino do Campo Santo de Santa María a Nova é unha reconstrución, ben por risco de derrubamento ou por traslado de lugar, posiblemente sea por traslado. Na actualidade presenta unha planta cadrada de 3 x 3 m. Nos extremos da planta arrancan columnas directamente da terra, algo pouco frecuente, xa que o normal sería que dispuxera de bases. As columnas son de 0,50 x 0,50 m., cunha altura media de 3,7 m., con estrías nas catro arestas, as cales non gardan simetría entre si. As columnas rematan en capiteis de pouco grosor con molduras de caveto (cóncavas); de cada columna sobresae un canzorro; que tampouco gardan a mesma relación na altura. O coñecemento da misión destes canzorros daríanos unha luz moi importante dos posibles ritos celebrados neste Baldaquino. A parte superior está formada por catro frontóns cunhas medidas aproximadas de 2,90 m. De longo, 0,50 m. De alto e 0,15 m de espesura. Dous teñen labrados uns encaixes no...