ATLÁNTIDA
Cando os deuses olímpicos se repartiron o Cosmos, Posidón, Señor do Océano, tomou posesión dunha cadea de illas que se estendían dende España ata Centroamérica. A maior destas illas era tan grande como toda Asia Menor. Inspeccionando os novos dominios, a Posidón pareceulle que estas illas eran máis fermosas que ningún outro lugar do mundo. Cada folla de cada árbore era tan brillante coma unha esmeralda, e os prados eran tan louzáns e verdes coma as ondas do mar no verán. As flores tiñan aromas tan ricaces, que o ar embriagaba como o viño. Grandes manadas de gando manso pacían nos prados, a auga dos regatos era crara e cristalina, e nos sebes relucían vetas de mármore branco, preto e vermello, e xacementos de metais preciosos de toda cras. Poseidón ou Posidón (grego antiguo: Ποσειδῶν, romanización: Posidỗn, é o deus dos mares e, como «Axitador da Terra», dos terremotos na mitoloxía grega. O nome do deus mariño etrusco Nethuns foi adoptado no latín para Neptuno (Neptunus) na mitolox...