ALAN LOMAX
Alan Lomax (Austin-EUA, 31/01/1915 - Safety Harbor-EUA, 19/07/2002), fillo do tamén cazador de melodías John A. Lomax, a finais da década dos corenta grava no Mississipi e Lousiana o son dos negros acosados e desprezados polo supremacismo branco. Un dos primeiros en gravar foi a Muddy Waters e a Woody Guthrie, co seu emblemático adhesivo na guitarra "This Machine Kills Fascists". En Lousiana descubriu a Lead Belly detrás das reixas dun presidio. Cambioulle a vida ao músico rexistrando a súa creatividade, e mudou a historia do blues. Tamén do folk. Alan Lomax co seu equipo de gravación, foi o maior compilador de música popular dos EUA, do Caribe, Europa e do norte de África. No 1952 percorre Galicia, coa mesma gravadora e afán de recolleita. Woodrow Wilson Guthrie (Okemah, Oklahoma, 14 de xullo de 1912-Cidade de Nova Iorke, 3 de outubro de 1967), coñecido como Woody Guthrie , foi un músico e cantautor folk estadounidense. Precursor da música "country" ou "blue...