Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CULTURAS

NÓS DECIMOS "NÒN"

Imaxe
Discurso de inauguración das xornadas de “Chile Crea”, en Santiago de Chile, a mediados de 1988. Viñemos aquí dende diversos países, xuntándonos ó carón da xenerosa sombra de Pablo Neruda, acompañando ó pobo de Chile, que di "nòn". Tamén nós decimos "nòn". Decimos "nòn", a louvanza do diñeiro e da morte. Decimos "nòn", a un sistema que pon prezo as cousas e a xente, onde o que máis ten é o que máis vale, e decimos "nòn", a un mundo que destina ás armas de guerra, dous millóns de dólares cada minuto, mentres cada minuto, mata trinta nen*s por fame ou enfermidade curable. A bomba de neutróns, que safa ás cousas e aniquila á xente, é un perfecto simbolo do noso tempo. Para o asasino sistema, que convirte en obxectivos militares as "estrelas da noite", o ser humano se configura como un factor de produción e de consumo e un "obxecto de uso"; o tempo , nun "recurso económico"; e o planeta enteiro , nunha ...

ARDEMIL: A FIN DUN MUNDO

Imaxe
Campesiña co arado e o xugo as costas. Ardemil. A finais de outubro de 1965 instaleime coa miña familia en Ordes, unha pequena vila entre Santiago de Compostela e A Coruña, onde vivimos case un ano. Alí comecei as miñas entrevistas e a medida que ía coñecendo os paisanos e comprendendo ben o galego, vinme en mellores condicións para levar a cabo o meu traballo de campo nas numerosas aldeas da contorna espalladas por lugares illados, fóra da rede de estradas e ás que a maioría delas só se podía acceder a pé. Ardemil, que está a 5 kms. ao norte dos meus informadores. Daquela aínda non tiñan electricidade e cando volvín, en 1968, os veciños aínda estaban en tratos coas autoridades locais para conseguir o abastecemento de enerxía eléctrica á aldea. “Eu non creo nas bruxas, pero habelas hainas” di o campesiño que me relataba nun galego culto, cando eu trataba de explicarlle o carácter especial do meu traballo. Traballo de Campo en Galicia: Informe sobre tres anos de investigacións etnol...

LIMITES PLANETARIOS

Imaxe
Cada ano, cada cidadán norteamericàn gasta unha media de 16 toneladas de minerais e combustibles fósiles. Se multiplicamos esta cifra pola poboación de Estados Unidos (270 millóns) obtemos unha cantidade de toneladas tremenda. Peor aínda: en todo o mundo desenrolado, o consumo crece a par do crecemento económico, en torno o 3%- Esta cifra, aparentemente inocente, non o é: significa que dentro de 23 anos consumiremos o dobre que agora (2002, ano de publicación de "Biografía da Terra", libro do que se extrae o presente artículo). E o mesmo sucede co resto dos recursos, coas consecuencias previsibles: destrución das reservas de peixe, talas (e incendios) desmesuradas, ou extracción cada vez maior das augas subterráneas. Estes últimos recursos levan a tranquilizadora etiqueta de renovables, pero só ate certo punto: superado este, pasan a ser tan agotables como o petróleo ou o cobre. 1972_CLUB DE ROMA: CRECEMENTO CERO. A principios da década de 1970, un grupo de educadores, ec...

A MARÍA: NÉCTAR DA DELICIA

Imaxe
1) Parte superior da planta macho, con frores; 2) Parte superior da pranta femia con froitos; 3) Xerminación da pranta; 4) Foliolo dunha folla dividida en once partes; 5) Porción dunha inflorescencia estaminífera con capullos e fror madura; 6) Frores femias; 7) Froito pechado nunha bráctea resistente; 8) Froito, vista lateral; 9) Froito, vista posterior; 10) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 11) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 12) Velosidade non glandular contendo un cistolito. O NÉCTAR DA DELICIA A relación do ser humano e a Cannabis, existe probablemente, dende moito antes do descubrimento da agricultura no Vello Mundo, fai máis de dez mil anos. Pola súa múltiple utilidade, a Cannabis convértese nun dos cultivos máis antigos e máis estendidos do mundo, cumprindo eficazmente cinco propósitos: Fonte de Fibra (cáñamo), Aceite, Sementes (fonte nutricional), Narcótica e Terapéutica para tratar un amplo espectro...

O «SCHATZ» DE BENEDICTO MOLL - COMPOSTELA, AGOSTO 1837

Imaxe
George Borrow de Henry Wyndham Phillips George Enrique Borrow (1803-1881) foi un neno introvertido, cunha facilidade inusual para aprender idiomas (gaélico, francés, italiano, alemán, español, danés, hebreo, árabe, armenio, romanescu, ...). Buscando unha profesión que lle dese para vivir, aconsellado por un amigo decidiuse pola avogacía, comentaba o amigo: “era a mellor carreira para quen (como eles), non pensaban exercer ningunha” . Así viviu cinco anos na casa duns curiais de Norwich. Logo fixo traducións e relatos por encargo. Con vinte e dous anos, G. Borrow era alto, fraco, zanquilongo, rostro oval e fez olivácea; tiña o nariz encorada, pero non demasiado longa, a boca ben dibuxada e ollos pardos expresivos. En 1833 comenza a traballar na «Sociedade Bíblica Británica e Estranxeira». Foi enviado a Rusia. O 6 de novembro de 1835 foi enviado a Lisboa. No 1836 cruza a fronteira con dirección a Madrid, de camiño vai madurando o seu plan de facer unha tirada da Biblia en castelán. De...