Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PSICOLOXÍA TRANSPERSOAL

PSICOLOXÍA TRANSPERSOAL

Imaxe
Transformar as distraccións sensoriais en portas ó inefable, é tarefa da mente evolucionada (Xosé Maroto Mingo) A METÁFORA SUFÍ Existe unha coñecida metáfora dos mestres sufís, describindo cunha fermosa imaxe do ser humano, como unha unidade formada por: mente, corpo, emocións e espírito. Ó nacer, somos provistos dunha carruaxe (o corpo), conducido por un cocheiro (a mente), impulsado por dous cabalos (emocións e instintos). Dentro da carruaxe, viaxa o propietario (o Ser) que da as ordes, mentres viaxa ó traveso dos camiños (a vida). É a nosa responsabilidade, durante a viaxe da vida, coidar a carruaxe; revisala, afinala e atender o que sea necesario para o seu mantemento. Deste xeito, a carruaxe nos permitirá visitar e coñecer moitos lugares. Durante a viaxe, imos dándonos conta do importante que é ensinar ó cocheiro, para que deixe de castigar ós cabalos. Mostrarlle medios para non reprimilos, que aprenda a coidalos e animalos. E tamén indicarlle como dominalos, para que non se ...

BENEDICTO MOLL NA BUSCA DO "SCHATZ" EN COMPOSTELA, AGOSTO 1837

Imaxe
George Borrow de Henry Wyndham Phillips George Enrique Borrow (1803-1881) foi un neno introvertido, cunha facilidade inusual para aprender idiomas (gaélico, francés, italiano, alemán, español, danés, hebreo, árabe, armenio, romanescu, ...). Buscando unha profesión que lle dese para vivir, aconsellado por un amigo decidiuse pola avogacía, comentaba o amigo: “era a mellor carreira para quen (como eles), non pensaban exercer ningunha”. Así viviu cinco anos na casa duns curiais de Norwich. Logo fixo traducións e relatos por encargo. Con vinte e dous anos, G. Borrow era alto, fraco, zanquilongo, rostro oval e fez olivácea; tiña o nariz encorada, pero non demasiado longa, a boca ben dibuxada e ollos pardos expresivos. En 1833 comenza a traballar na «Sociedade Bíblica Británica e Estranxeira». Foi enviado a Rusia. O 6 de novembro de 1835 foi enviado a Lisboa. No 1836 cruza a fronteira con dirección a Madrid, de camiño vai madurando o seu plan de facer unha tirada da Biblia en castelán. Dend...

EU SON EU

Imaxe
Virxinia Satir (1916-1978) psicóloga pioneira, que xunto a outros especialistas, creou o Mental Research Institute de Palo Alto (California). Este texto dela, resulta moi convinte para traballar a autoestima ou cando te sintas bloquead*. INTRO Ser ou non ser (Ernst Lubitsch, 1942) , unha das grandes xoias do cine clásico e todo un alegado de valentía e honestidade nesa época. Ser ou non ser é unha comedia atemporal que se recomenda de volver a ver -si xa se veu antes- encarecidamente. Exemplo en clave humorística, do éxito dun Eu desestructurado entre a emerxente revolución social ideolóxica, un militarismo imperial e un capitalismo armamentístico, que se brinda a resarcir a derrota humillante -a humillación alimenta o EuMonstruo - da Primeira Guerra Mundial. QUEN HAI DENTRO MIÑA? En todo o mundo, non existe ninguén exactamente igual a min. Hai persoas que se me parecen, pero de ningún xeito son eu. Por conseguinte, todo o que sae de min, é autenticamente meu, porque eu só o ...

OUTRO MUNDO É POSIBLE

Imaxe
A BARBARIE SEN SAIAS E AO TOLO Un mito bíblico, presenta o fin do mundo anunciado pola aparición dos Catro Xinetes da Apocalipse, que representan a Conquista, a Matanza, a Fame e a Morte. A perspectiva que se abre fronte a humanidade hoxe, pode verse como verdadeiramente apocalíptica. O capitalismo neoliberal, desenrolou as forzas produtivas da economía global, a un extremo sen precedentes. Pero estas forzas non están baixo un control democrático ou un plan racional, están propulsadas por imperativos económicos e militares de acumulación competitiva capitalista. En consecuencia, a pesar do seu potencial para emancipar a toda a humanidade das necesidades materiais, o capitalismo, fai o contrario, destruíndo a mesmísima civilización industrial. A ignorancia, a avaricia, a irresponsabilidade dos nosos gobernantes ante a crise, está enraizada na irracionalidade do sistema. A catástrofe climática, a depresión económica e a guerra imperialista, afunden as súas raíces na loucura dos merc...

TODO POLA PASTA!

Imaxe
A rexión das chairas costeiras, perderon casi un tercio da primeira capa superior do chan, desde o inicio da masacre do búfalo. As investigacións, tamén suxiren, que a ausencia de pastos nativos, conduce a que a capa superficial do solo se erosione, o que provoca quebranto da estructura capilar de auga e nutrientes, quedando a terra en forma de pó solto na superficie, favorecendo a erosión e a creación de ventiscas negras na década de 1930. A finais do XIX o continente americano estaba nun estado de ruina total en canto a renovación das suas riquezas naturais, comprometendo o seu equilibrio ecolóxico. Encamiñándose a extinción integral da maior parte dos representantes da gran fauna e a degradación irreversible de diversos hábitats, e por conseguinte a desaparición de numerosas especies constitutivas da flora e da microfauna. O bisonte americano (Bison bison) das inmensas chairas entre Canada e México, podemos distinguir duas fases na destrucción desta especie. A primeira abarca ...

AMOR

Imaxe
Galaxia do Amor. A COMPLEXIDADE DO AMOR Así como a alegría se pode considerar unha emoción sen complicacións, o amor é, probablemente, a emoción máis complexa que existe. Tanto é así que algúns autores dudan de que sea unha emoción básica. De feito non está en moitas das clasificacións. Esta complexidade é debida, en gran medida, a que hai unha única verba para refirirnos a moitos tipos e formas de amor. A FUNCIÓN DO AMOR A función do amor é aumentar as probabilidades de permanencia da especie. Neste senso ten que ver, loxicamente, coa reproducción. Hai un longo proceso para asegurar a reproducción, que pode incluir a atracción erótica, o enamoramento, a atracción sexual, o compromiso, a maternidade e paternidade, a convivencia, a educación dos fillos, etc. Según en qué aspecto fixemos a atención, teremos distintas formas de entender o amor. AS RÉMORAS DO AMOR As emocións asociadas o amor poden ser extremadamente poderosas, chegando con frecuencia a ser irresistibles. Neste sens...

IR POR LAN

Imaxe
Fonda de "Manolo o Ferrolán", situada a esquerda na imaxen. Lugar onde se dou o encontro, entre o mofletudo crego e o fornido labrego. Corría o ano 1904. Era o día 25 de Abril e no histórico pobo de Felipe de Castro, celebrábase a tradicional "Feira de San Marcos", de renome en todas as comarcas limítrofes, e primeira do ciclo anual. Nela verifícanse as máis importantes transaccións de gando mular e cabalar. Aflúe por conseguinte, gran cantidad de xente, o que fai imposible o trànsito de paseo polas antigas ruas. A súa ampla Alameda e adxacencias, encóntranse materialmente invadidas polo formigueo humano. Da torre da Casa Consistorial baixaron sonoras e maxestuosas as doce campanadas sinalando a hora de render tributo ós tradiccionais "callos" e as famosas "empanadas" que fixeron célebre a Vila de Noia, pois, según as crónicas, "... cando o comandante do buque de guerra portuguès «Terror dos Mares», destacou o bote a terra, para inquerir d...