ARDEMIL: A FIN DUN MUNDO
Campesiña co arado e o xugo as costas. Ardemil. A finais de outubro de 1965 instaleime coa miña familia en Ordes, unha pequena vila entre Santiago de Compostela e A Coruña, onde vivimos case un ano. Alí comecei as miñas entrevistas e a medida que ía coñecendo os paisanos e comprendendo ben o galego, vinme en mellores condicións para levar a cabo o meu traballo de campo nas numerosas aldeas da contorna espalladas por lugares illados, fóra da rede de estradas e ás que a maioría delas só se podía acceder a pé. Ardemil, que está a 5 kms. ao norte dos meus informadores. Daquela aínda non tiñan electricidade e cando volvín, en 1968, os veciños aínda estaban en tratos coas autoridades locais para conseguir o abastecemento de enerxía eléctrica á aldea. “Eu non creo nas bruxas, pero habelas hainas” di o campesiño que me relataba nun galego culto, cando eu trataba de explicarlle o carácter especial do meu traballo. Traballo de Campo en Galicia: Informe sobre tres anos de investigacións etnol...