Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PANDEMIAS

COViD-19: PANDICULARSE DA PANDEMÓNIUM

Imaxe
A verba "pandicular” quere dicir «espreguizar ou desperezar», e estaba situada preto da verba "pandemónium" ó consultar o dicionario. O "pandemónium" é o «lugar onde hai moito ruído e confusión», e tamén é «a capital imaxinaria do reino infernal», que foi no que converteron ao Planeta, a "industria farmacéutica capitalista" durante a pandemia. Actualmente o principal problema da humanidade é o cambio climático e a crises ecolóxica. No polo oposto se sitúan os discursos da corrente chamada «conspiranoica», que considera que a chamada "pandemia" é o asunto máis transcendente que temos entre mans e que obedece a un plan das elites, para establecer un réxime mundial autoritario: Novo Orde Mundial (NOW). A corrente «conspiranoica», está asociada a grupos de ultradereita, movementos relixiosos ou espiritualidades «New Age», que transmiten que o cambio climático, como a Covid, son escusas para estender e xeneralizar o "medo", que per...

LIMITES PLANETARIOS

Imaxe
Cada ano, cada cidadán norteamericàn gasta unha media de 16 toneladas de minerais e combustibles fósiles. Se multiplicamos esta cifra pola poboación de Estados Unidos (270 millóns) obtemos unha cantidade de toneladas tremenda. Peor aínda: en todo o mundo desenrolado, o consumo crece a par do crecemento económico, en torno o 3%- Esta cifra, aparentemente inocente, non o é: significa que dentro de 23 anos consumiremos o dobre que agora (2002, ano de publicación de "Biografía da Terra", libro do que se extrae o presente artículo). E o mesmo sucede co resto dos recursos, coas consecuencias previsibles: destrución das reservas de peixe, talas (e incendios) desmesuradas, ou extracción cada vez maior das augas subterráneas. Estes últimos recursos levan a tranquilizadora etiqueta de renovables, pero só ate certo punto: superado este, pasan a ser tan agotables como o petróleo ou o cobre. 1972_CLUB DE ROMA: CRECEMENTO CERO. A principios da década de 1970, un grupo de educadores, ec...

FARXÁCOLAS: A PESTE DE 1569 EN COMPOSTELA

Imaxe
Gravado de Santiago de Compostela, 1669. A PESTE DE 1569 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Ano calamitoso foi para a cidade de Santiago o de 1569, no que recrudecía una peste desenrolada tres anos atrás en varios pobos de Galicia, provocando incontable número de vítimas, a pesar das medidas sanitarias que se puxeron en práctica. O Concello de Santiago, o 2 de Maio, mandou ó Bachiller Paz, médico titular da cidade, que visitara ós enfermos do municipio, “e ver que enfermidade teñen”, dando conta ó Concello. Coa prevención, de que curase de gracia ós pobres, “e atento ó traballo que nelo ten que poñer, ate que outra cousa se provea, aumentándoselle ós "seis mil marabedís" o seu salario, cando tiña asinado un salario de catro mil”. A Danza Macabra. Non consta o resultado do estudio do médico Paz, nin hai informes doutros facultativos sobre a enfermidade que, con varias alternativas, cebouse cruelmente no noso país, por espazo de algúns anos e a que, vulgarmente déuselle o nome de “...

O PESADELO DE RASKÓLNICOV

Imaxe
Raskólnikov permaneceu no hospital o resto da Coresma e ata despois da Pascua de Resurrección. Convalecente xa, lembrou os soños que tivera cando estaba con febre e deliraba. Na súa enfermidade, soñara que o mundo enteiro, estaba condenado a unha "praga mortífera e descoñecida", que dende Asia avanzaba cara a Europa. Todos tiñan que morrer, agás un pequeño número de elixidos. Apareceran unhas triquinas dun tipo novo, "seres microscópicos" que se introducían no corpo dos seres humanos. Mais tales seres, eran espíritos dotados de intelixencia e vontade. A xente que os recibía dentro de si volvíase enseguida endemoñada e tola. Pero, nunca antes os homes, se consideraran tan lúcidos e tan seguros, de estaren en posesión da verdade como os apestados. Ata entón, nunca tiveran tanta confianza na infalibilidade das súas sentenzas, na firmeza das súas conclusións científicas, das súas conviccións morais e relixiosas. Aldeas enteiras, cidades e vilas contaxiadas daquela l...

PESTES EN NOIA 1854

Imaxe
“A situación non era dunha poboación desnutrida e propensa a enfermar ou sufrir endemias. A economía pesqueira e as súas actividades complementarias proaban por sendeiros de prosperidade, en tanto as colleitas dos anos precedentes foran satisfatorias. Nada facía presaxiar a calamidade que se cerniu nos barbanzáns no 1854. E sen embargo, chegou o desastre”. (Bravo Cores 1990) 1854 : Con motivo da "peste" e enterada a Xunta Municipal de Sanidade de que algunas lanchas saíran a por ostra e marisco, acordouse que a Garda Civil e Carabineiros impedisen o atraque en porto desta fauna mariña: "... pois nas Circunstancias na que se atopa a saúde pública do Distrito, sería altamente perxudicial que se consumiran tales alimentos". 23/08/1854 : A primeira víctima da cólera morbo asiática foi Dominga Fernández, era solteira e vivia na Praza da Fanaqueira. Foi seguida por Pascua Agrafoxo, Benita Patiño, Marco San Martín, Manuel Pardiñas, Melchor Carril, M. Axeitos e Patricio...