Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta SONETO Ó BERBERECHO

FESTAS PATRONAIS 1948 / 50 ANIVERSARIO A LOIS CADARSO REI / SONETO AO BERBERECHO + ...

Imaxe
Familia do Capitán de navío Lois Cadarso Rei (1896). De esquerda a dereita: Petronila Sevigne (terceira dona) e os fillos: Carmen, Natalia, Demetrio (froito do 1º matrimonio no 1870 coa noiesa Demetria Andrés e Curiel; morto tamén no Cavite), Emilio e Lois Cadarso Rei. A BATALLA DO CAVITE (FILIPINAS) O 1 de Maio de 1898 o capitán de navío Lois Cadarso Rei (Noia, 24/11/1843 – Cavite (Filipinas), 1/05/1898), xunto co seu fillo Demetrio Cadarso, alferez de navío que formaba parte do continxente militar no mesmo cruceiro que o seu Pai, falecen en combate nas augas da baía filipina de Cavite, comandando o cruceiro Reina María Cristina: "casco de madeira deseño antigo, construído facía 13 anos, con 3 pezas por costado de 16 cm., tendo que manobrar para usar todas as súas baterías dispoñible, facendo un total de 6 pezas de artillería"; defendendo as últimas colonias do vasto imperio español, contra a moderna escuadra norteamericana do almirante Dewey. O almirante Dewey dirixía a...

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN

Imaxe
O teatro lírico ou zarzuela, retómase en Noia coa reposición de "Xigantes e Cabezudos", coa dirección artística de Emilio Salanova, e dirección musical a cargo de Francisco de Andrés, entre as actrizes: Leonor Reino, Isabel Sarmiento, Emilia Caamaño, Clara Hidalgo, …; e os actores: Prudencio Romo, Francisco Vaamonde, Francisco Pérez, Xesús Arufe, Xosé Brenlla, Renato Pestonit. Nun "combo" onde se contabilizan seis cabezudos, dezaoito mulleres, vintedous homes e seis rapaces, facendo un total de cincoenta e duas persoas. Representaron no Coliseo Noela, no ano seguinte tuveron un éxito sen precedentes na súa representación en Vilagarcía de Arousa. FAI 78 ANOS... No obituario de famosos deste ano, cabe destacar a morte do toureiro Manolete, corneado na praza de touros de Linares (Xaén), o ganster Al Capone na súa casa de Miami Beach, víctima da sífilis, o poeta Manuel Machado, o político nacionalista catalán Francesc Cambó e o magnate do automóvil Henri Ford. Declár...

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

Imaxe
Vizcondes de San Alberte, Segunda Pais Gutiérrez e Xosé Varela de Limia e Menéndez, casados o 2 de maio do 1900. Segunda era filla de Segunda Gutiérrez de Hombre (da que herdaría o Pazo da Pena do Ouro) e Pedro Pais Lapido (nado en Santiago no 1841, militante do partido Federal e redactor do manifesto que dera paso á Primeira República 1873-1874). Os Vizcondes tiveron seis fillos: Xosé María, María, Pedro, Carmen, Pilar e María Tareixa. CRONOLOXÍA 1946 A primeiros de ano incorpórase o novo Axudante de Mariña, Emiliano González Labairu, que xunto a "catro señores da vila", intentan a privatización dos bancos marisqueiros de Testal. 24 de febreiro: na Arxentina, Xoán Domingo Perón gana as Eleccións presidenciais co 56% dos votos. 1 de Marzo: Peche das fronteiras entre Francia e España 5 de Marzo: Declárase o porto de Noia de interese xeral, único na ría, debendo ser as súas obras costeadas polo Estado. (Efemérides Noiesas). 6 de marzo: Nace David Gilmour, músico br...