FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN
FAI 78 ANOS...
No
obituario de famosos deste ano, cabe destacar a morte do toureiro
Manolete, corneado na praza de touros de Linares (Xaén), o ganster
Al Capone na súa casa de Miami Beach, víctima da sífilis, o poeta
Manuel Machado, o político nacionalista catalán Francesc Cambó e o
magnate do automóvil Henri Ford.
Declárase a independencia da India.
Unha resolución da ONU divide Palestina en dous estados, o que dou orixe ao sanguento xenocidio de Palestin*s a mans do "sionismo" creado após da Segunda Guerra, coa intención de apropiarse das súas terras, creando un enclave xeo-estratéxico norteamericano ameazante contra Rusia, dando comezo as hostilidades da guerra fría e permitindo a expulsión dos Palestinos das súas terras e posesións a cargo dos ocupantes israelitas sionistas, fortemente apoiados pola industria armamentística.
Ponse en marcha o Plan Marshall estadounidense, para a reconstrución de Europa trala Segunda Guerra Mundial.
Fórmase o Benelux, o nacemento da CIA e ponse en liberdade o líder rifeño Abd el Krim, cativo das autoridades francesas dende o desembarco de Alhucemas no 1925.
Eva Duarte de Perón visita España, representando a primeira visita dun país democrático a ditadura de nove anos de idade.
O réximen "golpista", aproba en referendo a Lei de Sucesión á Xefatura do Estado.
FESTAS PATRONAIS 1947
Formato: 10,50 x 15,80 cm. (de peto)
Impresión: Tipográfica, a 4 tintas: texto en negro, programa festivo en vermello coas páxinas en azul claro e a publicidade combinadas por páxinas co texto en vermello, azul e verde; a publicidade de Calzados Plus Ultra nas páxinas centrais, a duas cores: azul e vermello.
52
Páxinas: 22 numeradas: poesía e relato, ás que se suman 22
páxinas sen numerar con publicidade, 4 páxinas da programación
festiva e as 4 da capa da portada e contraportada, co anverso
exterior satinado en cor marrón roxizo (variando a cor en
tonalidades oscuras) e o reverso branco poroso.
Portada: Sinxeleza e laconismo: Festas Patronais – Agosto de 1947 – Noia; cun circulo que pode representar o ciclo anual.
Contraportada: Publicidade da Imprenta-Papelería-Librería-Encuadernación, “Inocenta Loroño Laciana” anfitriona, promotora e creadora do programa festivo.
ÍNDICE
NOIA, NA PROSA E NO VERSO
Calaidoscopio Noiés (Pax.: 1 e 2) “Unha Ventá de Cores”, Andrés Rodriguez Millares glosa ca mellor música caribeña i erudita literatura, unha Noia que fermosea co paso do tempo.
A Noia (Pax. 3 e 4) de Isabel Marqués, Barcelona, Xullo de 1947, inefable amor por Noia que coñeceu polo programa das Festas Patronais do 1945, o primeiro que se editou: “E tanto cheguei a quererte / que o desexo de chamarte miña / incheo o meu corazón un día / co afán de coñecerte; / só a idea de non verte / sumiu a miña alma na agonía / e o embruxo da túa poesía / non quixo Deus que eu
supera: / temeu quizá que confundira, / Deus e Noia en letanía.
A Noia (Pax. 5) de Marcial Canitrot Loroño: Semblanza a historia do pobo, coa frustrante incapacidade de “non saber leer” e non
poder describir as formas do pobo.
A
Noia (Pax. 6) de Xosé Canitrot Loroño: Emulando ó seu irmán e a pesar de “ser o eco de extranas opinións”, declara a frustrante pena de non saber cantar.
A Noia (Pax. 7) de Persuá: “...con forza hai que admirar / o seu reverbero de estrela”.
Noia, a Ben Plantada (Pax. 7) de Emilio González López (Catedrático i ex Diputado a Cortes): “Protexida por tan fideles e imponentes gardiáns, o céltico Barbanza e o grego Pindo, Noia, deitase, feminina e graciosa, no xardín das súas mariñas …..”.
Un Recorrido de Sabor Histórico (Continuación) (Pax. da 8 á 22) de F.P.M. (Don Pakito): Acompañado do visitante andaluz de Pueblonuevo del Terrible, que viña na búsqueda de pobos co nome corto e continuando co percorrido histórico-turístico, se plantean o misterio das duas reliquias das once mil virxes, que o noies capitán de cabalos lixeiros no reino de Nápoles Pedro de Paz, enviou en 1581 para ser custodiadas nas igrexas do seu pobo natal; os restos do Pazo do Tapal; a procedencia do nome Tapal; dos tres fortes existentes que cubrian os puntos vulnerables ante un ataque enemigo; a vida de intramuros no medioevo; o brutal escarnio cos executados da xustiza; as murallas que comprendian a vila; a rúa do Forno; a necesidade de facer unha Praza do Tapal ampla, como a existente actualmente; a festa da Peregrina; os rios que confluien; da antiga Ponte de Noia; encauce dos rios e aproveitamento das fincas creadas; … Rematando cunha nota, onde entre outras cousas di: “Ninguén vexa neste texto outra cousa que unha san crítica constructiva, aderezada con inofensiva sal, a fin de facer máis levadeira e menos prosaico o relato histórico que vimos desenrrolando”.
ÚLTIMA HORA.- O amigo de Pueblonuevo del Terrible avisa dunha información radiofónica, onde se confirma corrida de touros para os días 24 e 25, e da conveniencia de construir unha praza de touros fixa para seis ou oito anos.
OS EMILIANOS
Dispois de sete anos o réximen abre as portas da emigración, producíndose a gran hemorraxia da súa poboación,
sobre todo homes, con capacidade para traballar na Arxentina, onde
agardaban impacientes os coñecidos e familiares alí instalados, e
tamén na reconstrucción da europa destruida na Segunda Guerra Mundial.
Sería na xeifa do berberecho en outubro do 1946, cando o Axudante de Mariña comenzara as xestións para "privatizar" os bancos marisqueiros, o “Soneto ó Berberecho” se crea como consecuencia da oposición das mariscadoras ante tal atropello. Apoio solidario en clave humorística, que se difundiría a finais de ano (novembro, nadal do 1946). Nas navidades dese ano, a privatización do banco marisqueiro, sería o tema de conversación en casi todos os fogares
da comarca.
Ó longo deste ano 47, as protestas contra a
privatización concretáronse nunha provisión gratuita de
berberechos a particulares, bares e restaurantes. No entroido foron
numerosas as comparsas da xente do sector, con críticas a
expropiación, mostrando na "solapa" un berberecho -amarrado como
fose-, a modo de esclava-pin, co nome de “Emilianos”, aludindo a
que, "a praia xa a tiñan privatizada dun xeito colectivo".
Tamén
reparto de panfletos pola rúa e comercios, que denunciaban as
intencións do Axudante de Mariña, resaltando a riqueza do banco
marisqueiro de Testal, acusando ós “tiburóns” que querían
apoderarse da praia, como o que a continuación se reproduce:
MARISCADORA!
Os que ao pasar me miredes
con ollada inquisidora,
sabede que son o que vedes:
MARISCADORA.
con ollada inquisidora,
sabede que son o que vedes:
MARISCADORA.
Sei que desexan saber,
quen é a mariscadora,
teñan pasiensia e agarden
a que “sonrría a aurora”.
quen é a mariscadora,
teñan pasiensia e agarden
a que “sonrría a aurora”.
De momento pensamos
que estamos no Carnaval;
que hai festas e que conservamos
a nosa praia de Testal.
que estamos no Carnaval;
que hai festas e que conservamos
a nosa praia de Testal.
Berberechos a montóns
de Testal se mariscaron,
no pobo celebraron,
que non a comeran os “tiburóns”.
de Testal se mariscaron,
no pobo celebraron,
que non a comeran os “tiburóns”.
Si fan da praia unha raposeira,
pobre da xente mariñeira!!.
Ós que impediron que fora vendida,
unha mariscadora AGRADECIDA.
pobre da xente mariñeira!!.
Ós que impediron que fora vendida,
unha mariscadora AGRADECIDA.
Esta mobilización impresionou e
molestou ó Axudante de Mariña, que no seu intento de facer valer a
súa autoridade, denunciou ó artista local Eduardo Mariño Mirazo e
o avogado Francisco Pérez Morales (Don Pakito), acusados de ser os
instigadores das protestas que soliviantaron ós mariñeiros e
mariscadoras, en contra das súas ansias privatizadoras.
O Axudante de Mariña Emiliano González Labairu (xan. 1946-1949), ven a sustituir a Xermán Olariaga e Derteano, que ocupara o cargo de Axudante de Mariña dende maio de
1934 a xaneiro de 1946, para o réximen podía ser un elemento manchado polo republicanismo.
O EMBALSE DO TAMBRE
Neste mesmo ano inaugúrase o embalse do Tambre, o que interrumpe dun xeito radical o importante recurso
fluvial (troitas, salmón, lampreas, …) para toda a comarca. Pedro
Barrié de la Maza é o encargado da súa execución, empregando para
elo, man de obra de presos republicáns. Pedro Barrié é membro dunha
familia coruñesa que se enrriqueceu co negocio da esclavitude (os
piratas contemporaneos) do século XIX. Apoiou económicamente ó
Frente Nacional (Falanxe-CEDA) na Segunda República, e financiou o
golpe militar de Franco. No 1943 o dictador expropia a Central do
Tambre ó seu favor, compensando a Barrié polo seu apoio económico
ao golpe militar e guerra de exterminio da República, que o Dictador prolongou todo o que
pudo, para que España e *s españois serviran de práctica real,
para que alemanes e italianos, probaran a eficacia destructiva das
súas novas ferramentas de guerra. Esto leva a pensar, que un deses
“catro señores da vila”, que xunto ó Axudante de Mariña
intentan privatizar a praia de Testal, poda ser este señor, que o
dictador agasallou co título de Conde de Fenosa no ano 1953.
Non hai información na prensa da
época, este é un suceso que non sucedeo, senon fora por Manolo Hermida Iglesias que llo contou a Xerardo Agrafoxo, e que así o relata no seu libro “Memorias do Franquismo”.
Tamén, o ser humano ten tendencia a esquecer o que lle parece un suceso humillante e degradante, polo
lastre que supón a súa lembranza. Todo o tempo da dictadura, foi un
período humillante e moralmente degradante, no que a institución da
igrexa xogou un papel moi activo e participativo a favor do réximen,
coas excepcións de aqueles que puntualmente axudaron a evitar a
feroz represión, presidio ou execución.
EVA DUARTE DE PERÓN: A EMBAIXADORA DA PAZ.
Eva
Duarte de Perón visita España do 6 ó 24 de xuño, pasando por
Galicia os días 19, 20 e 21. Trátase da primeira visita diplomática
de un país democrático, nestos primeiros oito anos de réximen
franquista. Eva declárase como “embaixadora da paz” e ven
acompañada dun valioso cargamento de carne e trigo para atender a
fame dos supervivientes das guerras.
Preparando
a visita de Evita o gobernador civil da Coruña, envía carta, a
mediados de abril, ó alcalde de Lousame (Ramón López Rodriguez),
solicitándolle colaboración mercándolle un “horreo típico
gallego” de agasallo a Perón, ademáis de facerlle entrega dunha
carta que representara a todos os alcaldes de Galiza, expresando un
saúdo en nome das nais galegas ós seus fillos residentes na
Arxentina. A primeiros de maio o gobernador civil insiste ó alcalde
de Lousame apremiando a entrega da carta, pero non nomea o horreo.
Coa data de oito de maio, o alcalde de Lousame remite a carta ó
Gobernador Civil, pero non se volve a falar do horreo. O Alcalde de
Lousame, participará cunha representación municipal, no encontro de recepción a Eva Duarte, na Praza do Obradoiro o día 19 de xuño.
Eva anuncia antes da súa partida de España, o agasallo de 2,000 Ton. de trigo e outras tantas de millo. Tamén visitará Portugal, Italia,
Vaticano, Suiza e Francia, a prensa española eludirá comentar esta
visita ós demais paises europeos.
Esta
visita coincide coa campaña que o réximen estaba a facer para
aprobar a “Lei de Sucesión á Xefatura do Estado” elaborada por
Carrero Blanco. O primeiro "plebiscito-consulta", para confirmar
mediante voto o apoio ó réximen, que se celebraría o luns 6 de
xullo. No partido xudicial de Noia, votaron afirmativamente 6.236
persoas, 297 non e 185 en branco. Todo esto formaba parte dunha
teatralización do réximen, para poder optar ós «fondos de
recuperación europea ou Plan Marshall norteamericano».
O 12 de xullo
decídese na conferencia de París, excluir a España de estos
fondos. Como resposta a esta exclusión, firmouse un protocolo
Franco-Perón, polo que se concedía máis crédito a España e
garantia de envío de alimentos ata o 1951.
Un ano após, falece Evita.
![]() |
Noia 1926, de Josep Gaspar i Serra. |
FONTES:
- “Memorias do Franquismo” de Xerardo Agrafoxo – Editorial Toxosoutos, 2002
- “Efemérides Noiesas” de Manuel Hermida Iglesias (Fanaraco) e Xosé Agrelo Hermo (Pepe Agrelo) - Eco Franciscano, 1971
PUBLICADOS:






