FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E OS HOSPITAIS DO «SANCTI SPIRITU»
Detalle do balcón do Pazo dos Arzebispos no Tapal. Foto de Ruth Matilde
Anderson, en outubro de 1924.
A Fortaleza Arzebispal do Tapal foi construída no século XII (se
decreta o traslado da antiga poboación diseminada pola Barquiña e Santa
Cristina, para a nova ubicación actual no 1169), punto de control do paso de
xente e mercancías. Contaba con varias liñas defensivas, destacando a chamada
"Torre da Homenaxe" a máis elevada, para un óptimo control do entorno
terrestre, río e mariño. Outras oito torres de altura menor, creaban o
perímetro da Noia de intramuros.
Según Santiago Abella (Noia, 1815 - Bos Ares, 5 de agosto de 1913), o nome de "Tapal" venlle porque ó toque de "oración" se "tapeaban" ou pechaban as portas que daban acceso ó espacio "atabicado" pola Fortaleza, volvéndose a abrir co novo día.
Contaba a Praza con espazo suficiente, para amparar unha gornición de 200 soldados. Na Revolta Irmandiña (1467-1470) foi derrubada, e reconstruída por Fonseca no 1476, o xa "Pazo" que se conserva en imaxes.
A principios do XX se considera unha planificación do pobo, valorando facer a Praza do Tapal actual. Posiblemente foi derruída e construído o edificio dos xulgados actualmente, entre os anos 1926-30. Inicialmente foi destinado o seu uso como «Instituto de Ensino Medio e Profesional» e así foi durante o tempo da República.
Según Santiago Abella (Noia, 1815 - Bos Ares, 5 de agosto de 1913), o nome de "Tapal" venlle porque ó toque de "oración" se "tapeaban" ou pechaban as portas que daban acceso ó espacio "atabicado" pola Fortaleza, volvéndose a abrir co novo día.
Contaba a Praza con espazo suficiente, para amparar unha gornición de 200 soldados. Na Revolta Irmandiña (1467-1470) foi derrubada, e reconstruída por Fonseca no 1476, o xa "Pazo" que se conserva en imaxes.
A principios do XX se considera unha planificación do pobo, valorando facer a Praza do Tapal actual. Posiblemente foi derruída e construído o edificio dos xulgados actualmente, entre os anos 1926-30. Inicialmente foi destinado o seu uso como «Instituto de Ensino Medio e Profesional» e así foi durante o tempo da República.
PROGRAMA FESTAS PATRONAIS NOIA 1945
Formato: 10 x 15 cm. (de peto)
Impresión: Tipográfica, a duas tintas: vermello e verde.
Páxinas: 15 follas e 30 páxinas. A capa de diferentes cores: portada
(presentación programa) e contraportada (obsequio da Imprenta Inocenta Loroño
Laciana os seus favorecedores), impreso en tinta verde. Na contracapa imáxenes
de Noia impresas en vermello: Felipe de Castro e Porta da Vila e rúa do
Comercio.
As páxinas centrais son de cor salmón e condensa as actividades festivas do 23
ó 28 de agosto, impresas en vermello, igualmente as páxinas que as flanquean
con publicidade de Inocenta Loroño Laciana: artigos para a hixiene bucal,
fios-trenzas-cordelería, follas de afeitar-brochas, perfumería-xabóns,
grapadoras-encuadernadores, postais-recordatorios-esquelas.
O "texto recopilado" é impreso en verde.
Recopilación de Francisco Pérez Morales-F.P.M.: Noia: A Historia e a
Lenda; O Escudo de Armas; Noia e os Escritores: referencias literarias sobre
Noia; A Poesía: Rosalía de Castro, Enrique Labarta Pose (poema antitaurino premiado en certamen literario) e un Estudante.
O "punto de distribución" do Programa festivo, sería no establecemento
“Inocenta Loroño Laciana, rúa do Comercio, 25".
1945: Na imprenta "Inocenta" e até 1952, edítanse os Programas das
Festas con saborosos comentarios de Francisco Pérez Morales.
(Efemérides Noiesas)

Portada do primeiro número da revista Tapal de novembro de 1950. Gravado de Arximiro Suárez Ferreiro (n. Outes 1905 - m. Noia 1960).
A continuación transcríbese en galego, a breve e fundamentada historia de
Noia ate o medioevo, recopilación de F.P.M., texto do Programa Festivo.
NOIA: A HISTORIA E A LENDA
Contan os historiadores que, despois do diluvio, Noé asentouse en Noia coa súa
familia e fundou o reino de “Noyano Galo” chamado despois Galicia. Así pois,
Noia, cunha antigüidade de máis de 4.200 anos despois do diluvio, é o pobo
fundador de Galicia. Chamouse nun principio Noela, en honor dunha descendente
de Noé que levaba ese nome. Ptolomeo, que viviu no século II despois de X.C.,
fala de esta vila co nome de “Novium”.
Primitivamente, estaba emprazada a vila no esteiro do río Tambre; cunhas
edificacións sostidas a varios metros de profundidade, sobre máis de corenta
mil troncos de árbores cravados de punta. A situación da mesma parece que era
o sitio chamado pedras de San Bartolomeu no lugar da Barquiña. Fernando II de
León no ano 1168 ordenou o traslado de Noia dende Santa Cristina ó lugar que
actualmente está contiguo a Ponte sobre a ría. Outros supoñen que a antiga
Noia foi destruída por un incendio ou por un movemento de avance das augas do
mar sobre da terra. Así o dan a entender os Foros outorgados a vila polo Rei
D. Fernando, o dicir: “Declaro, por ultimo, que isto o fago para a
restauración do porto do Apóstolo”.
Músicos con arpa e fídula oval (Xente no Camiño de Alfredo Erias).
XOCHINITAS > GIOACHINO > XOACHIN > XANSENITAS
De procedencia hebrea o siñificado de "Xochinita" é: "Deus é clemente"
ou "Xehova érgete". Enclávase na persoa de Xoaquin de Fiore (Gioachino
da Fiore, Ital.), místico e teólogo do século XII. Dividía o
"tempo en tres Idades": a do Pai, a do Fillo e a do Espíritu
Santo; considerando a etapa que se estaba a vivir o
"Tempo do Espíritu Santo". Consideraba que o "mal" está en nós
e se manifesta nas cousas materiais, como os "cátaros" consideraba que
a sublimación do home ou muller, era chegar ó grao de "perfecto*". Os
seus seguidores eran coñecidos pola orden do "Espíritu Libre" ou
"Investidos do Espíritu Santo". Ó longo do século XIII, como otras
seitas heréticas sufriron acoso e persecución. Ó longo dos séculos XVI
e XVII, se produce o seu exterminio.
GREMIOS E CONFRARIAS
Os "Gremios" se crean como resposta a necesidade de regular o novo e
fluído tráfego que se crea da concentración da produción e transporte
que se estrutura nos novos "burgos" que se creaban na Idade Media, no
caso de Noia favorecido por tratarse do «porto de atraque» máis preto
de Santiago de Compostela, nunha época onde o transporte marítimo se
impoñía sobre o terrestre. Os seus membros se fortalecían na
colaboración, formación de futuros "mestres", mellora da calidade do
produto elaborado ou representado, e o combate da competencia desleal
e foránea e polo clamor secular que acompaña ó ser humano: "A unión
fai a forza". Afonso X o Sabio (1252-1284) establece as bases legais
para o seu bo funcionamento no texto de "As Sete Partidas", sendo
recoñecidas as "agrupacións gremiais", a súa creación e regulación en
cidades e vilas. Entre a Confraría de produtores e o
Gremio que invoca a un patrón ou patroa relixiosa
-impóndose un rexistro desa relixiosidade de "fé" cristián, apostólica
e romana-, condénsase a psicopatoloxía simbólica e emocional da
cidadanía noiesa ó longo de séculos.
CONVULSO SÉCULO XIV
Un "devoto" funda o Hospital do Sancti Spiritu ou «Da fora» no
1304, extra muros da Vila, á beira do río Traba, no barrio ó que lle
da nome, a esquerda enbocando a ponte a San Lázaro. Dispuña dun médico
e sangüeador titulares e dun hospitaleiro. Con capacidade para coidar
a vinte padecentes. No andar superior, tiña capela e pequeno
campanario, "oficiado" polo capelán do propio hospital, o
espacio acondicionouse para que os enfermos puderan seguir o "oficio
relixioso" dende o seu cuarto. As rendas do hospital eran baixas, pero
dispuña na entorna dunha serie de casas de acollida para "viúvas
pobres" que complementaban a financiación do hospital. Contaba con
cimenterio propio e un terreo na entrada á quintana de
Nosa Sinora do Dón ou "Santa María a Vella", para que os
enfermos pedisen esmola en duas lousas que sobresaen da parede.
O 20 de xullo de 1308 o Rei Fernando IV prohibe ós recaudadores
dos seus "yantares" en Galicia, que non molesten ós moradores de Noia
e outras vilas, pois só debian pagar os tributos cando o Rei fose en
persoa a ditos lugares.
1311, o rei Fernando IV devolve o feudo da Terra de Santiago (Noia no lote) ao Arzebispado Compostelán. Feudo en posesión reguengo dende o ano 1267, así o dispuxo o rei Alfonso X o Sabio, cando comprobou que concretamente Noia xeraba substanciosos beneficios.
O 22 de marzo de 1312 se disolve a "Orde do Temple" ou Orde dos Pobres Compañeiros de Cristo do Templo do Rei Salomón, operativos dende o ano 1118.
1311, o rei Fernando IV devolve o feudo da Terra de Santiago (Noia no lote) ao Arzebispado Compostelán. Feudo en posesión reguengo dende o ano 1267, así o dispuxo o rei Alfonso X o Sabio, cando comprobou que concretamente Noia xeraba substanciosos beneficios.
O 22 de marzo de 1312 se disolve a "Orde do Temple" ou Orde dos Pobres Compañeiros de Cristo do Templo do Rei Salomón, operativos dende o ano 1118.
ALONSO SUÁREZ DO DEZA O MAIOR INFANZÓN DA GALIZA
Alonso Suárez do Deza o maior infanzón da Galiza da familia dos
Churruchaos das Terras do Deza, responsable militar de Compostela e do
Castelo de Rochaforte. Liderou as primeiras revoltas da burguesía
compostelán que querían facer País propio, converténdose nun inimigo
do rei de Castela.
FRAI BERENGUEL DE LENDOIRA
O Arzebispo Frai Berenguel de Lendoira (n.1262-m.Noia 20/10/1330 /
Arzebispo: 1317-1330), dominico de orixen francés, de familia de
posibles, con formación académica en Tolosa, consagra
"Santa María a Nova" ou "Nosa Sinora do Dón" o 28 de
xaneiro de 1327.
A rexente "María de Molina" o designa no 1317 para poñer orden na diócese Compostelana, representando os intereses do rei de Castela, o aínda menor de idade Alfonso XI, polo que Suárez do Deza convértese no seu peor inimigo. Berenguel chega a Compostela cun ambiente de forte hostilidade da burguesía co arciprestádego, atentando contra ele por ser francés. Foi cautivo na Catedral, que daquela tiña máis pinta de fortaleza, durante trece días, sacrificando cabalos para comer. Logra escapar do seu cautiverio, refuxiándose na Fortaleza do Tapal.
A rexente "María de Molina" o designa no 1317 para poñer orden na diócese Compostelana, representando os intereses do rei de Castela, o aínda menor de idade Alfonso XI, polo que Suárez do Deza convértese no seu peor inimigo. Berenguel chega a Compostela cun ambiente de forte hostilidade da burguesía co arciprestádego, atentando contra ele por ser francés. Foi cautivo na Catedral, que daquela tiña máis pinta de fortaleza, durante trece días, sacrificando cabalos para comer. Logra escapar do seu cautiverio, refuxiándose na Fortaleza do Tapal.
SÍNODO DIOCESANO NA NOSA SINORA DO "DON". TRAIZÓN NO CASTELO DE
ROCHAFORTE
1319: O Arcebispo Berenguel convoca e celebra "Sínodo Diocesano"
(asamblea de obispos) na Nosa Sinora do Dón ou a Santa María
primixenia do S. XII, que equivale a XXV Compostelán. No que dan vigor
as penas e sancións que o frade redactara no Convento de Santo Domingo
de Bonaval contra Suárez do Deza e demais rebeldes.
Se citan ambas partes no Castelo de Rochaforte para negociar a Paz. Berenguel aproveita para traizoalos e ordena executar a toda a parte contraria: Suárez do Deza e once líderes representantes: Xoán Varela de Nendos, Pedro Fernández de Andrade e o seu irmán Fernán Pérez, Lourenzo Rodriguez, Martiño Rodriguez de Tudela, ... Berenguel de Landoira o celebra, entrando trunfante en Santiago de Compostela o 27 de setembro de 1320. A Torre da Berenguela da Catedral de Santiago é adicada no seu nome.
Se citan ambas partes no Castelo de Rochaforte para negociar a Paz. Berenguel aproveita para traizoalos e ordena executar a toda a parte contraria: Suárez do Deza e once líderes representantes: Xoán Varela de Nendos, Pedro Fernández de Andrade e o seu irmán Fernán Pérez, Lourenzo Rodriguez, Martiño Rodriguez de Tudela, ... Berenguel de Landoira o celebra, entrando trunfante en Santiago de Compostela o 27 de setembro de 1320. A Torre da Berenguela da Catedral de Santiago é adicada no seu nome.
1320: O Arcebispo Berenguel solicitou e consegueo do Rei unha dispensa
en favor da Vila de Noia, para que os cidadáns deixaran de pagar
impostos a "Real Facenda" por 6 años, e que o recadado por este
concepto se empregue na reconstrucción dunha forte muralla, pois os
veciños da Vila eran "pobres et estragados por razón dos canalleiros et outros homes
poderosos que lles facían mal por non estar pecha de murallas a
Vila".
No 1330, os Churruchaos, familia dos Deza, eran os propietarios e
habitaban a Fortaleza do Tapal, converténdose nos novos inquilinos da
Fortaleza após Berenguel, o seu maior enemigo.
Xente de Noia 1 (Xente no Camiño-Alfredo Erias)
Parece certo que coexistiran ambos pobos: o desaparecido e o presente.
O que ocorría era que aquel correspondía a Santa Cristina de Noia,
hoxe de Barro, e este tiña por núcleo a igrexa de San Martín. No
século XIII concedéronse Foros á Noia actual, neles fálase con
repetición da igrexa de San Martiño.
É de notar, como detalle curioso, a estraña coincidencia de que a
sorte de Noia fora unida a de Pontevedra. Unha e outra poboación
recibiron Foros idénticos e na mesma época. Noieses e pontevedreses
tripularon xuntos os navíos que mandou construír o arcebispo Xelmirez
para bater ós mouros, e incluso, eran Pontevedra e Noia os únicos
portos de Galicia que, dende o Rei D. Afonso IX, gozaban do privilexio
ou exclusiva (confirmado por San Fernando o 6 de Novembro de 1238) da
fabricación do saín. Sen que nós podamos alcanzar as razóns deste
monopolio, o Rei D. Fernando III o xustifica na súa carta fechada en
Valladolid, dicindo que foi outorgado en beneficio da rexión (pro
utilitate terrae). Tal vez debido á respectiva situación xeográfica de
ambos pobos, a antiga Ponte-Vedra avanzou moito máis en xerarquía
administrativa que a súa contemporánea Noela. Acaso aquela sexa a
única razón, pois en importancia social, económica e militar (aspecto
interesantísimo entón) marchaban ó mesmo ritmo.
É un feito completamente histórico que Noia foi o porto predilecto dos
Arcebispos de Santiago, de cuxa xurisdición dependía, coa dependencia
absoluta de aqueles remotos tempos.
"...no há mucho tempo cualesquiera decidores o trovadores destas partes, agora fuesen castellanos, andaluces o de la
Extremadura, todas sus obras componian en lengua gallega o
portuguesa" (Marqués de Santillana, 1398-1458).
GUERRA ALFONSINA
1336-1339, A Guerra Afonsina enfronta Afonso XI de Castela-León e
Afonso de Portugal. As consideradas tropas cristianas estaban coa
disputa territorial cas musulmanas, pero tamén disputaban entre elas
sobre todo por cuestións sucesorias. A ribeira miñota foi un punto
quente de enfrontamento fronteirizo ó longo deste século.
ROI SOGA DE LOBEIRA DECAPITADO NA PRAZA DO TAPAL
Roi Soga Mariño de Lobeira (Luís Soga de Lobeira), pertigueiro da
Igrexa e Terra de Santiago, sinor das Vilas de Muxía, Fisterra,
Malpica, Muros e Noia, e poseedor de múltiples fortalezas, era o fidel
vasalo do xa finado arcebispo Berenguel de Landoira 0 20/10/1330. O
seu vasalaxe non o librou de representar un perigo para a estabilidade
da coroa castelán de Afonso XI. Detido e encadeado no alxube da
Fortaleza do Tapal na que vivía coa familia, e foi condeado a morte
polo Rei. Executado por degolo na Praza do Tapal no ano 1342. A súa
dona, Leonor González de Sanz, foi obligada a presenciar a execución.
Os bens que lle incautaron pasaron a mans de Fabrique Enriquez de
Castro, Conde de Trastámara. Coa súa perda, comenza a decadencia da
Casa dos Lobeira, a máis antiga da nobleza galega, que remonta os seus
oríxenes ao tempo da raiña Lupa do Pindo, que interveu na xestión da
arribada dos restos do Apóstolo Santiago (unha historia de capítulo
aparte). Enterrose no Convento de Santo Domingo do Bonaval de
Compostela: "Aqui faz Ruy Soga Mariño de Lobera. Faleceo no ano 1342", reza
no seu epitafio.
RIENZO «"PRIOR" DO ESPÍRITU SANTO»
1347 o día de Pentecostés, Nicola Gabrini (*Roma 1313 - m. 1354) máis
coñecido como "Cola di Rienzi" escolle o día para proclamarse
"Tribuno do Bon Estado", cun goberno inspirado na República Romana,
nunha "Roma Feliniana" onde é moi patente o contraste dos cascotes do
Imperio Romano cun mundo que está xurdindo, cinguíndose as cinco
coroas (aciñeira, lilas, mirto, loureiro, olivo e prata) que
representan cada unha das basílicas romanas. Coa particularidade de
que a coroa de prata (arxentea) era concedida como "prior do Espíritu
Santo", creándose unha "nova autoridade" espiritual e doméstica, como
si o amor propio e o amor social foran o mesmo. A preferencia deste
distintivo por Rienzo, relacionase coa influencia
franciscana-xochinista. Nunha carta de Clemente VI do 8 de xullo de
1347, invoca o Espíritu Santo cunha lexitimidade absoluta sobre o
poder do burgo. Rienzo era máis intelectual e teólogo, que sagaz
comandante político. Morreo a mans dos que foran seguidores, pero non
en van, xa que daría orixen a un movemento cultural e artístico
crucial en Europa: "O Renacemento"; que duraría ate o século
XVI.
A «PESTE NEGRA» QUE SE LEVA Ó REI AFONSO XI
No 1348 a "peste negra" provoca unha alta mortalidade na Galiza, máis
intensa en burgos ou vilas coma Noia.
1350, morre o Rei Alfonso XI.
1350, morre o Rei Alfonso XI.
PEQUENA IDADE DE XEO: 1350 - 1880
O glacialólogo francés François Matthew no 1939 foi o primeiro en
falar da "Pequena Idade de Xeo" que se prolongaría entre
o 1350 ó 1880 (530 anos), caracterizándose por unha gran variabilidade
térmica, irregularidades e extremismo, provocando unhas condicións
climáticas con graves descensos térmicos, e incremento das
precipitacións. Producíndose as condicións idoneas de carencias
extremas no sector primario, precarizando aínda máis as súas
condicións de vida, con períodos de «fame nejra».
VENDENDO HERDADES DE PONTE
8/06/1366: Domingo Afón vende as súas herdades da vila de
Ponte, fegresía de Santa Cristina, a Fernando Amado de Noia, por cen
libras de brancas.
O REI RECLAMA O PAGO DE IMPOSTOS
O 9 de outubro de 1367 o Rei Enrique reclama dende Santiago ó
Recaudador de Noia: «... que sen precisar de libramento algún, pague os prazos debidos a Igrexa Compostelán».
FUGAZ ARZEBISPADO
No 1368, Alonso Sánchez de Moscoso, arcebispo de Santiago, falece na
Fortaleza do Tapal onde residía, un ano após da toma posesión da Sé
Compostelán. Morte moi sentida na Vila. O seu cadáver foi trasladado a
Santiago e recibiu sepultura na Capela do Sancti Spiritus. Foi
sucedido polo seu irmán don Rodrigo (1368-1381).
Na Fortaleza do Tapal, pasaban as súas tempadas os ilustres ocupantes
da cadeira Apostólica: D. Berenguel de Landoira, D. Pedro V., D. Lope
de Mendoza e D. Álvaro Sánchez de Moscoso. Eles foron os fundadores de
San Martín e Santa María “a Nova”, e aquí deixou os seus restos
mortais, o último dos citados Prelados. Aquí, en Noia, celebrouse o
Solemne Sínodo Diocesano, na segunda década do século XIV. E
tal era a atracción e o encanto do noso pobo para os señores
Arcebispos, que sendo o segundo burgo que recibiu Foros de todos os
que constituían a Terra de Santiago (comprendida entre os ríos Tambre
e Ulla, unhas 24 millas), obtivo o privilexio de ser chamado o porto
do Apóstolo para recreo da Mitra Compostelán. A este porto se lle puxo
o nome de “Totum bonum” (Todo bon), denominación altamente
significativa.
É de facer notar, para desvanecer posibles erros, que de aquel Tapal
das lendas, dos crimes de D. Pedro o Cruel, de Roi Soga de Lobeira,
dos combates cos monfortinos, dos ciumes e amoríos dos que nos fala “A
Coroa de Fogo”, non queda absolutamente nada. Pareza que o ceario de
toda esta novela situase mar adentro, no que agora é, na baixamar, un
bancal de area fangosa. Alí situaban as casas “que están al quanton do
Tapal por hu van a ponte que teñen as portas contra a Rúa” (Foros
romanceados de Noia). Esta é a Rúa do Forno, antes Rúa Nova.
Ese vello caserón, recentemente e en boa hora derruido, que o vulgo
atribúe, sen saber por qué, ós Churruchaos, non era senón unha de
tantas fortalezas que os Arcebispos tiñan diseminadas pola vasta
extensión dos seus dominios.
GUERRAS FERNANDINAS
1369-1382, período no que Fernando I de Portugal esta
enfrentado cos Trastámara por territorios herdados.
PEDRO "O CRUEL" É ASASINADO POLO HERMANASTRO HENRIQUE: A
SAGA DOS TRASTÁMARA
Na noite do 22 ó 23 de marzo de 1369 no Castelo de Montiel,
Beltran Guesclin cita na súa tenda a ós irreconciliables Rei
de Castela Pedro I e ó seu irmán bastardo Henrique II de
Trastámara, e o asasinan.
Os "petristas" (partidarios do Rei asasinado) na Galiza estaban encabezados por Alvar Pérez de Castro, que se alía co Rei de Portugal, Fernando, neto de Beatriz de Castela. As tropas de Henrique de Trastámara xunto coas tropas bretonas de Guesclin, non só recuperan Galicia, tamén cruzan a Portugal, onde acosan ó Rei Fernando en Guimaraēs.
Os "petristas" (partidarios do Rei asasinado) na Galiza estaban encabezados por Alvar Pérez de Castro, que se alía co Rei de Portugal, Fernando, neto de Beatriz de Castela. As tropas de Henrique de Trastámara xunto coas tropas bretonas de Guesclin, non só recuperan Galicia, tamén cruzan a Portugal, onde acosan ó Rei Fernando en Guimaraēs.
O BRETÓN BELTRÁN RECLAMA A SÚA NAO
O 28 de Xuño de 1369 o Rei don Enrique estando sobre Zamora,
se lle presenta un mercader bretón na compaña de familiares,
que estando en Lisboa varios do seu reino lle apresaran unha
nao que levaron para Noia. Escoitolo o Rei don Enrique e
prometeulle facer Xustiza. O bretón Beltrán Claquin foi guiado
ate Santiago, onde obteo carta-orden de devolución,
recuperando a nao e retornou a Lisboa.
O DUQUE DE LANCASTER XOÁN DE GANTE
Xoan de Gante (1340-1399) duque de Lancaster -fillo de Eduardo
III de Inglaterra e Felipa Henao-, en apoio dos "petristas"
casa con Constanza, a filla maior do Rei asasinado, en
Rochefort (Francia) en setembro de 1371. Dez meses máis tarde,
en xullo do 72, Edmundo, conde de Cambridge, irmán de Xoan de
Gante, contrae matrimonio con Isabel, irmán de Constanza. O
Consello Británico recoñece ó Duque de Lancaster como Rei de
Castela o 10 de febreiro de 1372. Constanza ten unha recepción
cunha solemnidade de Raiña. As posibilidades de recuperar o
trono castelán e área de influencia, quedaban nas mans de
Inglaterra. Xoan de Gante xunta o Ducado de Lancaster co de
"Rei de Castela-León" e o traduce en: "Xoan I de Castela",
nome que xa tiña collido o fillo de Henrique II, Xoán I
(1358-1390). O Duque de Lancaster intenta nun período de
quince anos (1372/1387) o que lle correspondía por matrimonio:
a Coroa de Castela.
CERCO A FORTALEZA DO TAPAL
No 1375 don Pedro Enriquez de Castro, combate e pon cerco a
Vila.
GRAN CISMA DE OCCIDENTE: O PAPA URBANO VI E O ANTIPAPA
CLEMENTE VII
27 de Marzo de 1378 falece en Roma o papá Gregorio XI
-Papa 201 dende 1370- o último do papado de Aviñón e último
pontífice francés. Sendo elixido como sucesor
Urbano VI, nunha polémica elección na que algúns
cardeais non tiveron liberdade na elección, estes elixen como
sucesor ó Cardeal Roberto de Xenebra, co nome de
Clemente VII. Esta elección dividía a Igrexa católica
en dous bandos no período de 1378 ó 1417. Cada país mostraba
adhesión a un ou outro segundo conviñera políticamente.
Castela-León recoñecía ó papa Clemente e Portugal a Urbano. Na
Galiza sucedía a curiosidade de que mentres a Igrexa
metropolitana inclinábase máis por Clemente VII, os bispos e
gran número de mosteiros e conventos se adherían ó papa Urbano
VI.
DON XOÁN MESTRE DA ORDE DE AVIS; ACOSO A FORTALEZA
1383-1385: Cando Don Xoán , mestre de Avis, toma o Poder,
proclamándose Xoán I de Portugal, se alía co Lancaster en
disputa co Trastámara polo trono Castelán.
1385, Roi Sánchez Moscoso acosa a Vila facéndolle asedio. Posiblemente como "petrista" contra o poder castelán establecido na Fortaleza do Tapal.
1385, Roi Sánchez Moscoso acosa a Vila facéndolle asedio. Posiblemente como "petrista" contra o poder castelán establecido na Fortaleza do Tapal.
AS TROPAS DO LANCASTER ARRIBAN NA CORUÑA
O 25 de xullo de 1386, desembarcan na Coruña as tropas
inglesas de Xoan de Gante, máis de cen navíos, cuns sete mil
expertos soldados. O arcebispo de Compostela, Xoán García de
Manrique, atópase comandando as tropas de Xoán I de Castela
por Zamora e León. Noméase novo deán nunha Compostela en poder
das benvidas por moitos, tropas inglesas, Xoán Gutierrez é o
novo arcebispo.
DA IMPORTANCIA ESTRATÉXICA DE NOIA PARA O CONTROL
TERRITORIAL DE GALICIA
1386 - Dixo o "trastámara" rei Xoán I de Castela (fillo
de Henrique II e Xoana Manuel de Villena; Rei de 1379 a 1390):
"esta ben, pois ter o Castelo de Noia e o da Coruña,
teríamos as dúas chaves da Terra de Galicia, a pesar dos
meus inimigos señores de Galicia. Non é Señor de Galicia,
quen non posea Noia e Coruña".
O Rei escolle ó señor Le Barrois des Barres para que
dirixa 50 lanzas, partindo de Valladolid rumbo a Vila e
Castelo de Noia.
AS TROPAS DE XOÁN DE GANTE ATACAN A FORTALEZA
1387 - Dase a alarma na Vila coa chegada do exército
inglés coas súas 500 lanzas. Fronte as murallas de Noia
batallaron: Thomas de Persy, Maubiunis de Linieus, Regnault de
Roye, Tailbot, Johan de Chestelmorant, Le Barrois de Barres,
Tristán de la Galle, o Mariscal Morieux, Guillaume de
Monteguy, Jehan d'Aubrecicourt, ... e a cidadanía de Noia do
momento.
"Dispois de un día loitando, os ingleses retíranse a
descansar nos seus campamentos e *s noies*s mantivéronse
dentro da torre". O Mariscal Morieux valora a imposibilidade da toma da
fortaleza si non é cun longo asedio, decidindo voltar a
Ourense. Outros autores sosteñen a conquista da Fortaleza de
Noia polas tropas inglesas.
SOLUCIÓN MATRIMONIAL PARA UN DESCOMUNAL FRACASO DE SANGUE E
GUERRAS
Todo este rotundo fracaso e dispois de 13 meses e 6 días na
península, asínase en Baiona-Francia (5/08/1388) un tratado no
que os duques de Lancaster, renunciaban a tódolos seus
dereitos ó trono de Castela, e o duque sería compensado con
600.000 francos, máis unha renda vitalicia de 40.000 e como
prenda ó contrato matrimonial convido, deuselle a Catalina os
señoríos de Soria, Almazán, Atienza e Molina, e a súa nai
Constanza os de Olmedo, Medina do Campo e Guadalaxara.
FUNDACIÓN DO CONVENTO DE SUEIRO
Como consecuencia do cisma da igrexa entre o papa Clemente e o
papa Urbano, os relixiosos tiveron dous Pontífices e dous
Ministros Xerais e Provinciais, en numerosas ocasións se
produciron corrementos a un ou outro bando co interesado fin
de librarse de persecucións ou maos tratos. Como reacción a
estos feitos se fundan os "oratorios" ou "pequenos
cremitorios", alonxados das cidades e preto dunha poboación de
certa importancia, nas que se recupera a vida de recollemento
e espiritualidade primitiva. No 1396, Francisco Sueiro funda o
Convento Franciscano no lugar de Mosteiro en Sueiro de
Sabardes da parroquia de Sta. María de Argalo, a dous
quilómetros de Noia, sendo síndico maior
Sueiro Gómez de Soutomaior. Estes conventos se
posicionaban preto dos símbolos do "poder", neste caso ligado
ó paso da Ponte de San Francisco que viña de facer toda a ruta
marítima, conectando ca Ponte de Traba que daba camiño a Noia,
zona norte (Outes, Muros, Pindo, Fisterra, ...) e Santiago de
Compostela. Este convento como outros "franciscanos" da época,
poden representar a corrente "cátara" ou "xochiniña"
supervivientes da aniquilación á que foron sometidas ó longo
do XIII polo papado de Roma e os seus "cruzados". A xestión do
seu "mítico" tesouro, que podería ser empregado para artellar
a "Irmandade do Sancti Spíritu".
PETICIÓN ARCEBISPAL DE CONDONACIÓN DE IMPOSTOS ÓS
LABREGOS
O 25 de xuño de 1396 o Arcebispo de Santiago, don Xoán García
Manrique (1381-1416) ordea ó notario da Vila don Lope
Rodriguez, que non demandasen "monedas" a os labregos das
herdades da Igrexa.
A continuación da Praza de San Martín e na casa onde remata o rueiro
que levaba a antiga rúa dos Lagares (Curro), propiedade dos
herdeiros de Xoaquín Ulloa Pestonit, atopábamos un escudo ovalado
cunha árbore, a súa dereita dúas lanzas e a súa esquerda tres. Cando
tiraron a casa para unha de nova construción, o escudo foi levado
xunto coas demais pezas da cantería da casa, a unha escombreira para
repicar e reutilizar. Isto dou lugar a varios artículos
periodísticos, conversas coas autoridades municipais e incluso
ameaza de dar parte a Dirección Xeral de Belas Artes. Finalizou nos
pasillos do Concello, agardando por unha ubicación expositiva.
Actualmente se expón no Claustro do Concello. As "armas" deste
escudo poden corresponder ós "Caamaño", aínda que este ten
menos lanzas, o que pode que séa dos "Leis", tamén porque en
casas desta rúa e outras onde aparecen escudos similares, viviron
quenes ostentaban ese apelido, según comprobación na relación de
veciños e o preito sostido por Gil Danos e Paio Gómez de Soutomaior,
sobre a designación do procurador Xeral da Vila no 1543. Noia carece
de Museo Público: "na casa do ferreiro, coitelo de pao".
Pazo dos Arzebispos do século XV, foi o escenario da represión da
"Inquisición Española", as mazmorras e tortura da pobre xente
acusados de meigas e herexes, converténdose para as novas xeracións
nun edificio antipático. Foto de Ruth Matilde Anderson, en outubro
de 1924.
Tampouco é verdade que noutros tempos Noia houbera florecido nas
artes da zapatería, pois os Foros e documentos antigos da época dos
gremios (precursores dos actuais Sindicatos), non se ocupan mais que
dos oficios de pedreiros, carpinteiros e toneleiros, encadrados na
Confraría do Espírito Santo, a de máis alcurnia de entón. Vedes aí a
razón, do por qué a devoción de Noia ó Espírito Santo?. Vedes por
qué antes de houbera touros polo San Bartolomeu, xa os había o día
do Santo Espírito?.
Todo iso foise extinguindo, pode dicirse que ó unísono da
desaparición dos apelidos que eran á sazón ilustres, hoxe non hai
vestixios, nin lembranzas, nin parentes de Afonso Peláez, Pedro
Salinas, Xoán Martís, Álvaro Afonso, Xurxo Mendoza, Gonzalo García,
Gonzalo Bermúdez de Castro, Montemolín, Diego de Sande, Felipe de
Castro, Xosé Antón Mauro Ferreiro, Pedro de Paz, Alonso e Fernando
Vázquez da Ponte, e tantos outros, que firmaban Ordenanzas de este
tenor:
“Ningún toneleiro, nin pedreiro, nin carpinteiro, nin outro de
fora parte, non posa tomar obra ningunha que outro teña comezada
ou contratada por preço ata que aquel que a tal obra ter comezada
ou contratada sexa contento e pago sopena de pagar todo o que for
devido a aquel que teña comezada dita obra ...”. Norma de camaradería do século XV que debera ter plena
observancia no XX.
DON LOPE, ARZEBISPO DAS TERRAS DE SANTIAGO
Lope de Mendoza (n. Sevilla 1363 - m. Noia 3/02/1445)
inaugura o século XV (1400) tomando posesión como Arcipreste das
Terras de Santiago e a súa Igrexa. Lope tiña o encargo do rei de
Castela Enrique III (Rei: 1390-1406) de moderar o influxo do
arcebispo fuxido a Portugal, Xoán Garcia Manrique, e acoutar o
poderío do ambicioso Conde de Lemos e Trastámara, Pedro Enriquez.
Con Lope se instaura o posto administrativo de "correxidor".
Ditou as "Ordenanzas de Muros" en 1406, e interveu na xestión da
constitución de gremios e cambiadores.
HIPOTECADO POR NON REMATAR O CHOLLO
O 22 de xullo do 1400, Afonso Guillermo escudeiro vecino de
Noia, comprométese en nome dos fillos de Diego Eans, a concluir as
"imáxenes" que este non realizou e polo cal o cabildo Compostelán
hipotecara os seus bens.
IMPOSTOS SOBRE O VIÑO
O 23 de Xuño de 1403 o Xuíz e Xustiza da Vila, reunidos na
Igrexa que había antes de San Martín, posiblemente baixo o
"baldaquino" (se especulou que eran varios os baldaquinos situados
no entorno de San Martín antes da súa construcción), por tanxemento
de campá según costume, dándolle "poder" a dous Xurados para
solucionar o Pleito co Concello de Santiago polo imposto sobre cada
tonel de viño que entraba na Vila. Entre os testigos presenciais
atópase Afón Pérez Xerpe notable da Vila.
XOÁN II O TRASTÁMARA MÁIS LONXEVO NO PODER
No 1406 toma posesión Xoán II do reino de Castela-León, fillo de
Henrique III e Catalina de Lancaster, filla esta, de Xoán de Gante e
Constanza a filla maior de Pedro I, "o Rei asasinado", aportando
xenética real británica e alianza reconciliadora co pasado, todo no
"pack" Trastámara, o tamén chamado "Xoán de Gante".
A REFERENCIA MÁIS ANTIGA DO CONVENTO FRANCISCANO DE SUEIRO
Na "bula" de Benedicto XIII de setembro de 1407, aparece nomeado o
Convento Franciscano de Sueiro xunto con outros "oratorios" como: S.
Lorenzo de Trasouco (Santiago), Sta. María do Rial (Muros), S.
Francisco de Herbón (Padrón) e Sta. Cruz de Portomarín (este de S.
Francisco de Sueiro).
CONFIRMACIÓN DA DONACIÓN DO ARCEBISPO DON RODRIGO DE LUNA NO
1316.
O 15 de outubro de 1414 don Lope de Mendoza confirma a
donación que no ano 1316 fixeran ó Cabildo o Arcebispo Don Rodrigo
de Luna (1295-1316) de 2.500 maravedíes anuais sobre os dezmos dos
portos da Coruña, Pontevedra e Noia.
CONTROL DA XURISDICCIÓN ECLESIÁSTICA
O porto de Noia era, con moita vantaxe, o centro das actividades de toda a ría. O concello e, especialmente, o mordomo controlaban celosamente a actividade portuaria das poboacións da contorna: Miñortos, Boa, Pereiro, Taramancos, Obre, ... e sobre todo, Porto do Son e Muros. A Vila tiña o celo de predominar polo seu poderío económico. O modelo municipal é similar ó modelo compostelán. A actuación deste concello aristocrático reflíctese particularmente no ámbito da xustiza municipal e na inspección e penalización das fraudes cometidas contra as ordenanzas do concello.
Sobre as súas costas pesan novas mercedes, xuros e toda clase de situacións que os prelados destinan a Noia, posibilitándoa a "facer concerto" dentro da órbita municipal da terra de Santiago. Por estas datas a institución compostelán renuncia á posesión da vila de Muxía, correspondéndolle a Noia facerse cargo de pagar anualmente, dous mil cincocentos marabedies de moeda vella ó Hospital Vello de Santiago. Noia e concellos afíns, forman un "corpo unificado" contra outros concellos señoriais, en especial o dos Andrade e as súas fraudes na evasión das contribucións reais. O control da xurisdicción eclesiástica en Noia, era moito máis forte ca noutras vilas, o que reduce as posibilidades dunha polarización contraria a este control recaudativo.
Sobre as súas costas pesan novas mercedes, xuros e toda clase de situacións que os prelados destinan a Noia, posibilitándoa a "facer concerto" dentro da órbita municipal da terra de Santiago. Por estas datas a institución compostelán renuncia á posesión da vila de Muxía, correspondéndolle a Noia facerse cargo de pagar anualmente, dous mil cincocentos marabedies de moeda vella ó Hospital Vello de Santiago. Noia e concellos afíns, forman un "corpo unificado" contra outros concellos señoriais, en especial o dos Andrade e as súas fraudes na evasión das contribucións reais. O control da xurisdicción eclesiástica en Noia, era moito máis forte ca noutras vilas, o que reduce as posibilidades dunha polarización contraria a este control recaudativo.
DON LOPE OMNISCIENTE NA VILA
O 2 de Maio de 1428 o Arcebispo Don Lope responde dende Valladolid
unha carta ao Concello de Noia, na que manda non vender viño nos
arrabales da Corredoira (se supón a "Dafora"), polos excesos que alí se cometían.
O PRIMEIRO ANO SANTO COMPOSTELANO
No 1428 instaura o "borrado máxico" do Ano Santo Compostelán,
gañando o Xubíleo que che libra de tódolos pecados cometidos
ate ese momento, unha virtude da relixión que producía e produce
grandes beneficios.
Pazo dos Arcebispos, 13/09/1923. Comenta Ruth M. Anderson, que o
Pazo servía de refuxio a quen o necesitaba. Pouco despois
demoleuse.
NACE PEDRO ÁLVAREZ DE SOUTOMAIOR, ALIAS
"PEDRO MADRUGA".
No 1430 se estima nace en Pontevedra Pedro Álvarez, bastardo do
señor de Soutomaior. Educado da man dun monxe, desenrrola
calidades de guerreiro e prelado. O monarca Enrique IV pensou nel
para ocupar a Mitra Compostelana en mans do Alonso Fonseca II que
non mantiña boas relacións coa Coroa, e incluso como bispo de Tui.
IRMANDADE FUSQUENLLA OU LOUCA
No 1431 principia o pontificado de Uxio IV en Roma. Roi Xordo
acaudilla a rebelión dos vasalos de Andrade, se bautizan co nome
de "Irmandade Fusquenlla ou Louca". Cando se Constituiu o goberno
da "Irmandade" no 1468, estes non se opoñían á xefatura real da
coroa, nin ó resultado das súas disputas de poder, pretendían
chegar a unha negociación como goberno constituido da Galiza:
"A Irmandade do Sancti Spíritu".
SAN MARTIÑO O EMPEÑO DE DON LOPE
A construción da Igrexa de San Martín, foi un empeño de
Lope dende o primeiro momento que se instalou na Fortaleza do
Tapal. A manda edificar sobre a base dunha capela do século XII
(construída sobre outra anterior?), e se alude a un entorno de
sobreiras centenarias, quizá o entorno natural de Noia dende os
primeiros bípedos. San Martín levoulle uns trinta e cinco anos,
rematándose para consagrala facéndoa coincidir coa celebración do
Ano Santo Compostelán de 1434. Na porta principal e do poñente,
figura o escudo de armas, o "león" que entraña "poder", e o
"castelo", simbolizando a Coroa de Castela do Trastámara Xoán II.
Cruz Cátara no lintel da Casa do Rosa na rúa Pero Sardiña, se lles pasou ós "exterminadores cristiáns" dos "Albixenses".
DON LOPE "POLÍCRATES" SEN QUERER
Cóntase a anécdota de, estando Lope de Mendoza no seu lecer na
Fortaleza do Tapal, perde un dos seus aneis -igual no reconto
antes de durmir-. Esta perda motiva pregarias a San Antón. Na hora
da cea os seus criados lle traen a xoia perdida, que a atoparan na
barriga do peixe que mercaran de mañán e de corpo presente de cea.
Facéndose un culto paralelismo coa historia de Polícrates o tirano
da Illa de Siracusa, a diferencia estaba en que o de Don Lope, foi
sin querer.
UNS VAN OUTROS VEÑEN E A REI MORTO REI POSTO
A etapa de Lope de Mendoza (n. Sevilla 1363 - m. Noia 3/02/1445)
como Arcebispo non só mellora a economía da Comarca Arcebispal,
tamén aporta melloras administrativas que axilizan a xestión
administrativa e do empresariado gremial, que opera no
empoderamento social. Interveu na mellora de vida dos pobres.
Realizou múltiples obras públicas en Santiago, Padrón, Muros e
Noia. É nesta etapa cando se vai articulando a "Irmandade do Santo
Espírito".
O 5 de agosto de 1450 o Alcalde do Palacio do Tapal, don
Álvaro Afonso, recibe carta do seu sinor o Arcebispo de Santiago,
don Rodrigo de Lúa, prohibíndolle so pena de 2.000 maravedies,
esixir "pechos" nen servicios ós "colones" da súa Xurisdicción.
Foi durante este "Arzebispado" (1450-1460) cando se construe o
edificio que logo sería o
Hospital do Sancti Spiritu Dadentro, aínda que
inicialmente se lle daría un uso relacionado coas necesidades da
«mitra compostelán».
No 1451 nace a futura raiña Isabel a Católica en Madrigal das Outas Torres, filla de Xoán II e a segunda esposa Isabel de Portugal.
1454 principia o reinado de Enrique IV (1454-1474), que sucede ó Trastámara Xoán II de Castela (1406-1454) o máis lonxevo dos reis casteláns (48 anos), en paralelo co tempo das responsabilidades arcebispais de don Lope de Mendoza.
No 1451 nace a futura raiña Isabel a Católica en Madrigal das Outas Torres, filla de Xoán II e a segunda esposa Isabel de Portugal.
1454 principia o reinado de Enrique IV (1454-1474), que sucede ó Trastámara Xoán II de Castela (1406-1454) o máis lonxevo dos reis casteláns (48 anos), en paralelo co tempo das responsabilidades arcebispais de don Lope de Mendoza.
Nos capiteis da dereita da porta norte de San Martín, ten unha
decoración vexetal no ángulo, do taller "Lucense I" especializados
en capiteis. No primeiro plano da representación, dous animais con
corpo de ave, cola de réptil, longos pescozos e cabezas de
dragóns, que constitúen unha escena de loita, un lle ten collido o
pescozo do outro, mentres este lle morde unha pata, creando un
perfecto círculo de necia e violenta maldade, ou os "leviatáns"
que habitan nos pregues da "alma". A escena se completa coa
presencia nun segundo plano de un crego coa súa mitra e capa
pluvial. Interprétase a sempiterna e viciosa loita do cristianismo
entre o ben e o mal, a virtude e o pecado, o perdón e o castigo,
entre o ceo e o inferno, e poder recuperar o correcto camiño da
salvación crebando ese perverso círculo pola
«superación do pecado», presentando ao crego como un
«medium» para unha correcta condución de superación. O
«"pack" completo do Medievo», fala dun problema corrente e
cotián, aportando a solución con oración, alcanzando así a
categoría d* «perfect* cátar*» ou o
«Sancti Spiritu» que habita o noso edificio corporal.
Pero se non quedan os apelidos, si se conservan, como heraldos
pregoeiros da grandeza de Noia, as obras inmortais dos citados
noieses. Felipe de Castro, discípulo de Diego de Sande,
despois de perfeccionarse no seu oficio de escultor en Santiago,
baixo a protección de D. Miguél Romay, e de ser escultor de Cámara
de Fernando VI, provocando nos intelectuais de aquel tempo a
seguinte lenda que aparece o pé do seu retrato na Universidade
Compostelán:
“He aquí a Castro: vendo as imáxenes que él modelou en mármores,
creándoas propias a natureza”.
Xosé Antón Mauro Ferreiro, esculpiu magníficas estatuas na
Universidade de Santiago e na Igrexa de San Francisco. É autor
igualmente do retablo maior da parroquia de San Miguel de Castro
(Estrada) e do grupo da igrexa de San Martín Pinario. Honrado polo
seu pobo natal adicándolle unha das mellores vías, recentemente
pavimentada; e a Felipe de Castro cunha rúa, unha estatua e os
xardíns que levan o seu nome. Por qué non chamarlle á prolongación ó
Couto “Paseo de Alonso Vázquez da Ponte”, señor de Sabardes,
receptor das "dúas cabezas" das Once Mil Virxes, que se
custodian, unha na igrexa de San Francisco e outra na de Santa María
“a Nova”, dende 1581?.
HOSTILIDADE CO PRELADO DON RODRIGO DE LÚA
O 4 de agosto de 1458, o Rei don Enrique IV envía unha "Real cédula"
ó Concello de Noia para que reciban coa categoría que as atribucións
do prelado don Rodrigo de Lúa merece.
A «PENA DO GURO» E OS BIEITIÑOS DO MOSTEIRO DE SAN PAIO DE SANTIAGO
No 1464 o concello da Vila negocia co mosteiro de San Paio de Santiago o futuro do campo da «Pena do Guro» (consérvase o equívoco de "Pena do Ouro" que alguén transcribiu erradamente). O «Guro» é unha zona de campo cercado en redondo, con muros de pedra para ter animais ceibos: cabras e ovellas fundamentalmente. Este "barrio" debía comprender dende o Pazo da Pena, Bergondo, Canaval, Beiro, Argalo, Chainza, Balbargos e Obre, á ribeira do mar, que os «bieitiños» tiñan acondicionado con casas unifamiliares con lagar ben acomodadas, para arrendar a inquilinos con posibles que puideran cumprir co pago do acordado, e que o Mosteiro administraba en exclusividade o que lle confería ós «bieitiños» un importante peso na economía da Vila. Na negociación fixáronse as normas de actuación cara ó futuro: 1.- Tódolos veciños do barrio están obrigados a paga-la pensión convida ó Mosteiro; 2.- Precísase licencia do Mosteiro para edificar novos lagares no barrio; 3.- Non se poderá edificar casas «no campo que vai da Vila para ... o mosteiro de Sueiro na Ponte de S. Francisco; 4.- O Concello concertará previamente co Mosteiro as obras que eventualmente realice no barrio, so pena da perda do labor feito sen ter a autorización; 5.- Todos os usufrutuarios das casas do barrio, deberán actualizar co Mosteiro os seus foros e arrendos; 6.- O Mosteiro recupera a propiedade de seis lagares que pertenceran a Vasco Guillermes e que agora administraban Fernán Gómez, Pedro Vazquez de Meeda, Rui Marcote e outros, veciños e rexedores nese momento da Vila.
Estes «bieitiños» tamén administraban importantes bens noutros lugares. O 11 de agosto de 1488 o conde de Altamira da familia dos Moscoso, decide devolver as «cevadas e galliñas» dos coutos de Santa María do Obre, S. Pedro de Boa, S. Martiño de Miñortos, que levaban os Moscoso con título de encomenda, devolvelos integramente a San Paio. Deste xeito o conde de Altamira daba obediencia a un chamado da súa concencia: «porque cada día a concenzia se lle aqueixaba para que as desembargase a dito mosteiro cuias eran». O abade don Diego de Viveiro, insistíalle en desembargalas: «a thenor dunha provisión e carta do Rei e Reina nosos sinores sobre a dita razón», aludindo a ilegalidade da situación. No último tercio do século XV, a familia dos Moscoso e parentes foron apoderándose do control destes bens.
Estes «bieitiños» tamén administraban importantes bens noutros lugares. O 11 de agosto de 1488 o conde de Altamira da familia dos Moscoso, decide devolver as «cevadas e galliñas» dos coutos de Santa María do Obre, S. Pedro de Boa, S. Martiño de Miñortos, que levaban os Moscoso con título de encomenda, devolvelos integramente a San Paio. Deste xeito o conde de Altamira daba obediencia a un chamado da súa concencia: «porque cada día a concenzia se lle aqueixaba para que as desembargase a dito mosteiro cuias eran». O abade don Diego de Viveiro, insistíalle en desembargalas: «a thenor dunha provisión e carta do Rei e Reina nosos sinores sobre a dita razón», aludindo a ilegalidade da situación. No último tercio do século XV, a familia dos Moscoso e parentes foron apoderándose do control destes bens.
Fonte Pernal do Obre, posiblemente restos das construccións que os «bieitiños» fixeron para unha demanda de xente con "posibles" que puderan soportar o pago do aluguer dunha casiña con lagar.
O Mosteiro de San Paio de Antealtares foi fundado no s. IX polo rei Afonso II con doce monxes bieitos. Dispois do ataque de Almanzor a Santiago de Compostela, este mosteiro quedou destruido, e xa sería integrado no perímetro da Catedral. No 1487, pasa a denominarse "San Martiño Pinario ou Dafora"..
BERNAL IAÑEZ ENGAIOLA A FONSECA NO CASTELO DE VIMIANZO
O 11 do mes de sanxoán do ano 1461, mentres Alonso de Fonseca II
tomaba trunfalmente posesión da Sé Compostelán, Pedro Álvarez Osorio era envelenado, que ostentaba o título de Conde de Trastámara
concedido polo Rei Xoán II de Castela.
No 1464, Bernal Iañez, Pertigueiro Maior dende 1441, sentiuse aldraxado pola súa destitución en favor de Rodrigo Moscoso. Foi decisión do Arcebispo Fonseca, e Bernal decide secuestralo na «Fortaleza do Tapal» onde vive na compaña da familia: "entrou no dormitorio do prelado e espertouno arrincándolle pelos da barbela". Bernal Iañez mantivo secuestrado e cautivo ó Arcebispo Fonseca durante vinte oito meses nunha gaiola, coma un paxariño, no Castelo de Vimianzo, meditando ao sereo a "feroz" vinganza.
No 1464, Bernal Iañez, Pertigueiro Maior dende 1441, sentiuse aldraxado pola súa destitución en favor de Rodrigo Moscoso. Foi decisión do Arcebispo Fonseca, e Bernal decide secuestralo na «Fortaleza do Tapal» onde vive na compaña da familia: "entrou no dormitorio do prelado e espertouno arrincándolle pelos da barbela". Bernal Iañez mantivo secuestrado e cautivo ó Arcebispo Fonseca durante vinte oito meses nunha gaiola, coma un paxariño, no Castelo de Vimianzo, meditando ao sereo a "feroz" vinganza.
O DEREITO DE PROPOSTA
No 1465 os veciños de Noia capitaneados por Vasco Güillelmez, se
negan a dar posesión e recoñecemento ós alcaldes propostos e
nomeados polo Arcebispo para Noia. O Arcebispo queixouse ó Rei, os
de Noia alegaron ó Rei que o "privilexio" para propor "alcaldes" é
unha atribución única e exclusiva da cidadanía noiesa, e o Arcebispo
escolle entre os propostos, non ó revés, como pretendia o arcebispo
don Rodrigo de Lúa (Arcebispo de Santiago 1458 ó 1465).
O REI DESTRONADO. A NAI DO FONSECA, CATARINA, FORTIFÍCASE NA
CATEDRAL; MORRE BERNAL IAÑEZ NO ASEDIO. APRÓBASE A "CARTA DA
IRMANDADE SANTA".
O 6 de maio de 1465 Enrique IV é destronado en Ávila polos nobres
casteláns, proclamando ó novo rei Afonso XII a idade de once anos.
Neste ano, apróbase a "Carta da Irmandade Santa" en
Fuensalida, Reino de Toledo.
O 5 de xaneiro de 1466, Paulo III promulga unha nova "bula" contra os excesos que se seguen cometendo en Galicia concretamente, que xa fora denunciado con anterioridade por Uxío IV e Calixto III. Exténdese a "peste" por toda Galiza, e dura ate o seguinte ano.
O 21 de xullo deste 1466, a nai do Arzobispo Fonseca se confina na Catedral, secuestrando a 17 coengos. O día 22, Bernal Iañez pon sitio á Catedral. O 28 de agosto, Bernal é ferido en combate no asedio, e morre. O 31 de decembro, Catarina pon fin ó asedio rendéndose. Ese mesmo día é liberado da súa gaiola o Arzebispo Fonseca, partindo ó seu desterro en Redondela.
O mesmo día 31/12/1466, Alvar Paes de Soutomaior pide autorización ó Rei, para adoptar e recoñecer ó seu meio irmán Pedro Álvarez de Soutomaior ou "Pedro Madruga".
O 5 de xaneiro de 1466, Paulo III promulga unha nova "bula" contra os excesos que se seguen cometendo en Galicia concretamente, que xa fora denunciado con anterioridade por Uxío IV e Calixto III. Exténdese a "peste" por toda Galiza, e dura ate o seguinte ano.
O 21 de xullo deste 1466, a nai do Arzobispo Fonseca se confina na Catedral, secuestrando a 17 coengos. O día 22, Bernal Iañez pon sitio á Catedral. O 28 de agosto, Bernal é ferido en combate no asedio, e morre. O 31 de decembro, Catarina pon fin ó asedio rendéndose. Ese mesmo día é liberado da súa gaiola o Arzebispo Fonseca, partindo ó seu desterro en Redondela.
O mesmo día 31/12/1466, Alvar Paes de Soutomaior pide autorización ó Rei, para adoptar e recoñecer ó seu meio irmán Pedro Álvarez de Soutomaior ou "Pedro Madruga".
OS CONFRADES DO SANCTI SPIRITU
No 1467 os "confrades do Espíritu Santo" eran "sancionados" con seis
"brancas" por chegar tarde as súas asambleas. A "Confraría" máis
antiga era a dos "Cregos María da Concepción" do século XIV,
integrada por 13 coengos con sede na "Nosa Sinora do Don" ou "Santa
María".
A forte organización que logra a artesanía local a mediados do s. XV, materialízase na «confraría do Sancti Spiritu», formada por pedreiros, toneleiros e carpinteiros, da que se conserva documentación da sús actividade.
A Irmandade do Sancti Spíritu desenrola a súa ofensiva, conquista territorial e xestión administrativa nos anos 1467, 1468, 1469 ate mediados de 1470, como rexeite colectivo a o modelo da cruel tiranía dos Señores amparados polo Rei de Castela e as imposicións das altas instancias da Igrexa papal. Proxecto colectivo e popular que se leva xestando dende a segunda metade do século XIV, dou tempo para crear o maior exército popular da historia, se calcula integrado por uns 80.000 individuos ao grito de "Deus Fratesque Galeciae".
A forte organización que logra a artesanía local a mediados do s. XV, materialízase na «confraría do Sancti Spiritu», formada por pedreiros, toneleiros e carpinteiros, da que se conserva documentación da sús actividade.
A Irmandade do Sancti Spíritu desenrola a súa ofensiva, conquista territorial e xestión administrativa nos anos 1467, 1468, 1469 ate mediados de 1470, como rexeite colectivo a o modelo da cruel tiranía dos Señores amparados polo Rei de Castela e as imposicións das altas instancias da Igrexa papal. Proxecto colectivo e popular que se leva xestando dende a segunda metade do século XIV, dou tempo para crear o maior exército popular da historia, se calcula integrado por uns 80.000 individuos ao grito de "Deus Fratesque Galeciae".
"DEUS FRATESQUE GALECIAE"
Actuaban coa certidume de que o Señor do Castelo, non era un tirano
desapiadado por ele mesmo, senón que era inducido a ser así de
"cabrón", polos "malos espíritos" que pululan polo castelo, os
únicos e auténticos malvados. Por iso que despois do asedio ó
castelo e a conquista, se despregaba o grupo de expertos pedreiros,
que facían desaparecer a edificación ate a rocha nai. Tamén eran
precisos e letais en combate, rapaces no mellor da súa vida loitando
a morte pola liberdade colectiva. Para os experimentados militares
curtidos noutras batallas, esta predisposición por parte da tropa
podíalle producir un "vértice" que nunca sentiran antes, o que puido
provocar desercións de mandos clave para acometer o combate con
éxito.
O 25 de abril de 1467 principia o "levantamento Irmandiño".
En marzo do 1468 morre Alvar de Soutomaior. Tui cae en poder da Irmandade. Pedro Madruga fuxe a Portugal. A Santa Irmandade decreta o fin da guerra.
O 25 de abril de 1467 principia o "levantamento Irmandiño".
En marzo do 1468 morre Alvar de Soutomaior. Tui cae en poder da Irmandade. Pedro Madruga fuxe a Portugal. A Santa Irmandade decreta o fin da guerra.
Península da Capela da "Nosa Sinora da Lanzada" e parte da
"Fortaleza Medieval", 1982. Boletín da Asoc. Amigos da Cultura de
Pontevedra, @Manuel Man.
ATAQUE COMBINADO POLO CAMIÑO FRANCÉS E PORTUGUÉS.
En abril de 1469 se produce o ataque combinado de Fonseca e Pimentel
polo camiño francés, e Pedro Madruga cun exército que avanza de
Portugal e que son os primeiros en usar cañóns en combate,
producíndose o primeiro enfrontamento de Pedro Madruga coa
"Irmandade" na Batalla de Framela. En xullo logran a
rendición condicional de Compostela. Principia a resistencia na
Torre da Lanzada.
O MUNDO APÓS DA REVOLTA IRMANDIÑA DO SANCTI SPIRITU
1470, a mediados de ano remata a resistencia da Lanzada, destruíndo
a
«Derradeira Revolución Popular» das "Perfectas e Perfectos", o goberno no que o amor propio e o amor social son equiparables,
equidistantes e respectuoso, invocando unha cultura de
"contrato social" que asegura a liberdade individual e
colectiva baseado no respecto mutuo. Dous anos e medio de idade
cumpría o goberno "perfecto" da Irmandade do Santo Espírito, fronte
ó "Papado Romano" ciumento do éxito social dos "cátaros" e o
"intransixente dogma de fé" que nega mortalmente outra
interpretación do "cristianismo" diferente a que eles ditan. Se
suceden uns anos de cruel represión.
Os peiteiros voltaron pasar fame, e durante quince anos reconstruíron as 130 fortalezas derruídas. Moitos emigrarían a Portugal.
Fonseca II comeza a campaña contra os Moscoso no 1470, dando lugar a unha nova e longa guerra interterritorial que acabaría esnaquizando ao País.
No 1474 morre o rei Henrique IV, envelenado parece ser. Isabel proclámase Raíña, en contra do criterio do seu consorte Fernando, según parece.
Os peiteiros voltaron pasar fame, e durante quince anos reconstruíron as 130 fortalezas derruídas. Moitos emigrarían a Portugal.
Fonseca II comeza a campaña contra os Moscoso no 1470, dando lugar a unha nova e longa guerra interterritorial que acabaría esnaquizando ao País.
No 1474 morre o rei Henrique IV, envelenado parece ser. Isabel proclámase Raíña, en contra do criterio do seu consorte Fernando, según parece.
Escudo dos «Guisamonde»: O escudo co centro ca imaxen dun castelo, os portadores que o flanquean atabiados cun traxe de escamas de peixe, pode ser un grafismo dos "mareantes".
NOIA COMO AGASALLO POLOS SERVICIOS PRESTADOS. RECONSTRUCCIÓN DO
QUE QUEDOU DA «FORTALEZA» E FUNDACIÓN DO «HOSPITAL DA DENTRO».
O Conde de Monterrei, Sancho Sánchez de Ulloa, foi agasallado coa
Vila de Noia pola Raína Isabel polo apoio prestado na súa guerra
sucesoria. O consorte Fernando dispuxo que a devolvera ó
arciprestádego de Compostela.
No 1476 reconstrúese o que xa sería o "Pazo dos Arcebispos" ordenado polo Arcebispo Alonso de Fonseca II, o "Torquemada" do momento.
No 1476 reconstrúese o que xa sería o "Pazo dos Arcebispos" ordenado polo Arcebispo Alonso de Fonseca II, o "Torquemada" do momento.

Hospital do Sancti Spiritu Dafora e Malecón de Cadarso -antes da ponte a San Lázaro- pintura de Patricio Pérez Morales.
Pode ser que no mesmo sitio onde se ubicou o "Hospital Dafora", estuvera a "abadía dos Frades do Sobreiral" e sería a única construcción no entorno de Noia, e este entorno sería un espacio sacramental, onde entre outras cousas se despediría ós difuntos antes de seren soterrados na quintana de Santa María. Baixo o asfalto consérvanse os arcos e tamén os cimentos orixinais da abadía dos Frades do Sobreiral, é posible.
Pode ser que no mesmo sitio onde se ubicou o "Hospital Dafora", estuvera a "abadía dos Frades do Sobreiral" e sería a única construcción no entorno de Noia, e este entorno sería un espacio sacramental, onde entre outras cousas se despediría ós difuntos antes de seren soterrados na quintana de Santa María. Baixo o asfalto consérvanse os arcos e tamén os cimentos orixinais da abadía dos Frades do Sobreiral, é posible.
Neste mesmo ano,
se funda o Hospital do «Sancti Spiritu Dadentro» por Gómez
Ares de Guisamonde, que era rexedor da vila de Muros, e posuia
varias casas na vila muradán que herdara do pai, e tamén uns casais
en Orro e Carracido. O fillo, Antón Gómez de Guisamonde, encargouse
da administración do Hospital e dos arrendos, instalándose no n° 10
da Corredoira da Dentro (rúa do Comercio), finaría en Noia e foi
soterrado en Sta. María. Contaba o «hospital» cunha lareira na
planta baixa coa cambota da cheminea de cantería. Chegou a ter oito
cuartos con cama que acollían a enfermos pobres e pelengríns. O/A
hospitaleir* recibía un soldo anual de catro ducados, encargábase de
atender ós doentes, preparaba a comida e lavado da roupa. No seu
mellor momento dispoñía para o seu financiamento de: varias
cortiñas, dezasete ferrados de trigo, casa na fregresía do Obre e
tres na Vila, todas en arrendo, catro cuartillos de pantrigo e medio
ferrado de centeo en Sueiro, un ferrado e medio en Outón, catro
cuartillos de centeo en Mande, catro ferrados de centeo en Loios,
unha parcela de centeo en Tal, outras catro en Beneso, tres ferrados
de centeo en Mantoño e catro cuartillos de trigo e centeo en
Canavela.
O Hospital do Sancti Spiritu Dafora como cárcere na
República. O prisioneiro era un xoven falanxista que no ano 1931 con 15 anos é un dos asinantes do «Decálogo Ultreia» e con vinte dous anos é abatido na Batalla do Ebro pilotando un avión polo bando golpista, o exército alemán condecora a súa valía como combatente.
No 1594, acordouse anexionar os dous hospitais, o de Fora e o da
Dentro, sendo mordomo o reitor da "catedral de Noia", a igrexa de S.
Martíño, o bacharel Xoán González, que tamén o era no 1597. Con esta
anexión, o Concello asume a administración do único hospital do
«Sancti Spiritu», ou sexa o "Dafora", por ser máis amplio e cómodo
para os doentes, e reunir mellores condicións hixiénicas por
atoparse ó carón do río. O seu
"curriculum habitacional" esbae por ser Academia de música,
taller de Electrica do Xallas, cuartel da policía municipal,
converténdose en prisión do Partido Xudicial a partir dos anos
vinte, lembro nos sesenta de ser o primeiro
Fronte de Xuventudes para xogar unha partidiña de damas ou
xadrez. No 1981 o primeiro alcalde da democracia, ademais de
socialista, decide en acordo plenario a súa demolición, a pesar de
ser advertido que
"destruiría unha reliquia dos orixes de Noia".
Os "derradeiros usuarios" do edificio do
«Hospital Sancti Spiritu Dafora» foron «Xanicas» (Manuel Méndez Horta),
encargado do mantenemento da limpeza das rúas, e o cabalo
«Lucero», que tiña o seu "berce" onde o carro.
PRISIÓN E DESPOSESIÓN A PEDRO MADRUGA, E O DESPERTAR DO SER MÁIS
BIZARRO DA 2da. METADE DO SÉCULO XV.
Pedro Madruga é preso polo que noutro momento fora un bon aliado, o
Conde de Benavente, no 1477. No verán o Conde, apodérase de algunha
das súas fortalezas. Prisión que se prolonga ó longo dun ano, por
ser partidario do legado do Rei Enrique IV e partidario de Xoana a
Beltranexa. Tan pronto recupera a libertade, non parará ate
reconquerir as propiedades desposeidas e os títulos de: I Visconde
de Tui, Mariscal de Baiona e I Conde de Caminha.
VICARIO COMÚN DE TODOS OS ORATORIOS FRANCISCANOS DA PROVINCIA DE
SANTIAGO
Entre os excelentes prelados que dou o Mosteiro Franciscano de
Sueiro, resaltar a Frai Rodrigo de Soneira, protexido do Arcebispo
Alonso de Fonseca II, sendo nomeado no 1478, vicario común de todos
os "oratorios franciscanos" da provincia de Santiago.
FERNANDO ACUÑA A XUSTIZA MAIOR E GOBERNADOR DO REINO DE
GALICIA.
O 3 de agosto de 1480 chega a Galiza o designado polos Reis
Católicos como "Xustiza Maior de Galicia", Fernando de Acuña
(*s.XV - m. Catania-Italia, 1494) con 300 lanzas
"... todos á xeneta e castelaos", co cometido de pacificar o
Reino de Galicia e sometelo as directrices da Coroa. O Alonso de
Fonseca II se nega a facilitarlle estancias para o desenrrolo da súa
labor, o que o obliga a facer un cónclave entre todos os señores
fideis a Coroa dos Reis Católicos para combater ó "arisco" Fonseca.
Pedro Madruga veo a oportunidade de recuperar posesións en mans do
Fonseca e mostrar adhesión cos Reis. Pouco tempo após, Fernando de
Acuña foi nomeado Gobernador do Reino de Galicia, e co tempo
chegaría a ser Virrei de Sicilia, con ele comenza a "laminación
cultural" de Galicia.
A INQUISICIÓN
O 2 de xaneiro de 1481 establécese a sede da Inquisición en
Sevilla, lanzándose a persecución con notable éxito pola cantidade
de denuncias recibidas, posibelmente alimentado pola apropiación
dos bens após da execución do "herético", no que entraba todo o
que non fora cristián apostólico román. Un mes após, o 6 de
febreiro, 6 homes e 6 mulleres foron executados na fogueira e os
seus bens confiscados. Tal éxito fortaleceu a expansión do Santo
Oficio.
A FATAL HUMILLACIÓN DE PEDRO MADRUGA Ó BISPO DE TUI DON DIEGO
DE MUROS I. PARDO DE CELA EXECUTADO.
No 1483 os homes de Pedro Madruga fan preso ó Bispo de Tui, don
Diego de Muros I (*Muros, 1405 - m. Cidade Rodrigo, nadal do
1492). Facendo itinerario con ele acima dunha mula ou "macho" de
monte en monte, de val en val, e de fortaleza en fortaleza. Cando
o gobernador don Diego López de Haro, lle chamou a atención a don
Pedro Madruga polo trato vexatorio co Bispo de Tui, este
contestoulle queixándose dos seus propios homes,
"pois ele nunca lles mandara facer tal". Solta ó Bispo a
cambio dun rescate de setecentos mil maravedís. O Bispo queixábase
do trato sufrido, engadindo:
"Desque fun preso, quixo Deus que me aliviara da má disposición
que viña padecendo denantes de ser preso". Repricoulle o comendador Saldaña que era abade de Conxo:
"Sinor, se un "físico" (médico) había de levar a vosa señoría
setecentos mil maravedíes [pola cura], o mesmo é".
Tamén neste ano a 17 do nadal, o Mariscal Pardo de Cela foi decapitado na Praza da Catedral de Mondoñedo (Lugo).
Tamén neste ano a 17 do nadal, o Mariscal Pardo de Cela foi decapitado na Praza da Catedral de Mondoñedo (Lugo).
TORQUEMADA INQUISIDOR REAL
En outubro de 1483 Torquemada é nomeado
Inquisidor Real para Castela, Aragón, León
(Galicia incluída con sede en Santiago), Cataluña e Valencia.
Durante os catorce anos como Inquisidor Maior despachou uns cen
mil procesos e dúas mil persoas foron executadas. Cun perfil de
"perfecto cátaro", desdeñaba os bens materiais que os adicaba a
igrexas e caridade, nunca comía carne, durmía sobre unha taboa
rasa e espido. De rigor incorruptible. Sentou as bases dunha
operativa que perverte o «Amor Relixioso» nun símbolo de "odio e
crueldade".
MALLEUS MALEFICARUM
No 1484, Inocencio VIII da por oficial a existencia da bruxería
por medio da bula Summis desideratis affectibus. O
Malleus Maleficarum (do latín: 'Martelo das
Bruxas') é un tratado sobre a bruxería, escrito polos frades
dominicos Heinrich Kramer e Jacob Sprenger, publicado en
Estrasburgo no 1487. Trala primeira publicación do
Malleus Maleficarum, foi reeditado ducias de veces, difundiuse por toda Europa.
Esta obra foi notoria polo seu uso no período da "histeria" pola
caza de bruxas, alcanzando a súa máxima divulgación desde
mediados do século XVI ata mediados do XVII.
TESTAMENTO DE SUERO GÓMEZ DE SOTOMAIOR
Patrocinador da pequena casa franciscana do Mosteiro de Sueiro
foi Suero Gómez de Sotomaior, sinor de Lantaño, quen no seu
testamento do 29 de xuño de 1485, fai o seguinte mandado:
"...iten, mando a os frades de San Francisco, por consolda de
algunas missas que le pido que me digan e rroguen a Deus por
mi alma".
EXECUCIÓN "REAL" DE PEDRO MADRUGA
Pedro Madruga ten moitos enemigos e a antiga adhesión ó rei
Enrique IV rexurde no enfrentamento co fillo que claramente está
do lado dos Reis Católicos. Dicta testamento en Portugal o 10 de
xaneiro do 1486. En outubro deste ano, Pedro Madruga ou Pedro
Álvarez de Soutomaior, solicita audiencia cos Reis por mediación
do Duque de Alba, aproveitando a visita que os Reis facían a
Alba de Tormes. Estos lle negaron a audiencia e mandaron
executalo como sentencia polo trato dado ó Bispo de Tui don Diego de Muros I. Foi un personaxe tan "único", que a súa morte conviña a todos.
DECRETO DE EXPULSIÓN
O 31 de marzo de 1492 os Reis Católicos asinan o
Decreto de Expulsión de todo aquel que non fora
cristián, coa excepción dos xudeos que aceptaran voluntariamente
o bautismo cristián, a que abandonaran o Reino antes do 2 de
agosto do corrente ano, sen levarse o ouro e a plata. Unhas
cento setenta mil persoas abandonaron o Territorio
establecéndose en Portugal e portos do Mediterraneo.
A NOVA ESPAÑA
12 de outubro de 1492, día no que as carabelas a Nena,
Pinta e Santa María tocaron terra nunha illa do Caribe chamada
polos seus habitantes Guanahaní, e rebautizada por Colón
(posiblemente xudeo converso) como San Salvador. Os territorios
da Nova España aumentan dun xeito grandioso e a os Monarcas non
lles quedou máis remedio que aceptar o Poder Divino para
encabezar a Nova Cruzada contra a
"reactiva ola protestante" pola represión, a desposesión
dos bens e intransixencia da Igrexa Romana, que ameazaba con
mergullar ó mundo enteiro nunha infame crueldade tolerada.
RAPIÑA DESAPIADADA DOS NOVOS TEMPOS EN NOME DE DEUS
O Mundo transita hacia o final da Baixa Idade Media, que se
caracterizará por un recrudecemento da eliminación física de
quen cuestione a cristiandade do papado romano. Etapa de verter
o "bulo" da existencia das bruxas, provocando unha
rapiña desapiadada das acusadas de bruxería por todos lados,
retroalimentando unha cruel industria da
"procrastinación do pensamento propio" sine die,
coa seductora ameaza de servir de corpo presente ó sádico "Show
do Verdugo á Carta", e para disfrute das embrutecidas masas coa
xenerosa saña que empregan con persoas que o seu maior pecado é
comentar en conversa a profundidade borreguil do
paisanal. Se instaura unha cruel "banalización do mal",
como forma de control social.
A CIDADANÍA DE NOIA CASTIGADA SEN SERVICIO RELIXIOSO E SEN
ENTERRO CRISTIÁN POR UN ANO.
No 1496 as autoridades relixiosas, penalizan a cidadanía de Noia
sen servicio relixioso e sen enterro cristián durante un ano,
pola súa participación e apoio ó
"Movemento da Santa Irmandade", sanción aliviada co
perdón dos Reis Católicos.
Xoán Pardo de Tavera (Toro-Zamora, 1472 / Valladolid, 1545),
arzebispo de Santiago e Toledo, chegando a desempeñar o de
Inquisidor Xeral do Reino. Sendo un mediador importante na
transferencia do «poder» dos Reis Católicos ó neto Carlos I.
PROCESO TAVERA-FONSECA III OU A "DIGNIDADE" DO ARZEBISPO DAS
TERRAS DE SANTIAGO
O 26 de abril de 1524 Afonso III Fonseca é nomeado prelado de
Toledo. O cargo de Arzebispo das Terras de Santiago que deixaba
vacante é ocupado polo novo arcebispo Xoán Pardo de Tavera dende
o 12 de outubro dese mesmo ano. Após 14 meses, o 26 de decembro
de 1525, o Arzebispo Tavera lle reclama ó Fonseca 10 millóns de
maravedís en concepto de indemnización polos danos provocados
nos castelos e casas pertenecientes a Mitra Compostelana durante
os governos de Afonso II e o propio Afonso III de Fonseca.
Reparacións que outros señores galegos xa satisfixeran. Pasados
uns nove anos, o 28 de xaneiro de 1534, Afonso III reafírmase en
non aceptar o importe solicitado e o negocia en 200 mil
maravedís. Unha semana após morre o Fonseca polo que o pago
tamén se desvaneceo como a vida de Afonso III de Fonseca. Nos
queda toda a documentación con declaracións de testigos
afectados do Pleito sobre feitos relacionados coa
Revolta da Irmandade do Santo Espíritu e conflictos
señoriais do século XV na Galiza ou a "dignidade" do Arzebispo
Xoán Pardo de Tavera de reclamarlle ós Fonseca, temidos por
malvados e rapiñentos, o que lle correspondía pagar por "efecto"
da súa crueldade.
REFUNDACIÓN DA "CONFRARÍA DO SANCTI SPIRITU"
O 9 de febreiro de 1552 refúndase a
Confraría do Sancti Spiritu. Eliminados os heréticos e
acelerados pola demanda da Nova España, faise necesario
retomar e recoñecer o "Sancti Spiritu" como
identificativo gremial de base, que fora "maldito" dende a
derrota da Irmandade do Sancti Spiritu no 1470, ou
recuperar a latencia dun pobo no que o factor tempo de creación
como nova ubicación (1169) e as teorías cristiáns dos
«Xochinitas» fervían as rúas.
TRASTÁMARA: Terra,
condado e acediagado da Igrexa de Compostela. Non se sabe
exáctamente a extensión, pero é de supor que fose a mesma que a
que abranguen os arciprestados que formaban o dito acediagado,
que eran os de: Barcala, Dubra, Céltigos, Entíns, Neaia e
Nemancos (A Coruña). Case sempre se refire ao título nobiliario:
"Conde de Trastámara".
Vicente Risco, no seu manual da "Historia de Galicia", se refire ao pobo celta que habitaba as concas do río Tambre como "Tamaricos", os que habitaban a parte alta da conca se denominaban "Supertamaricos", e os da baixa e desembocadura, "Tamaricos". Quedou como mostra o nome do río Tambre, antes Tamar ou Tamara.
Curiosa metáfora histórica que faga non só de "Isabel a Católica" unha ilustre paisana por saga familiar: "Trastámara", senón tamén que o capital herdado que o fixo posible, ten o seu orixen tamén na decapitación de Luís Soga de Lobeira na Praza do Tapal, consolidando o necio e perverso círculo vicioso vengativo que se xera coa "Matanza de Rochaforte" ou a "traición" de Frai Berenguel de Landoire a Alonso Suàrez do Deza e once líderes representantes, que convocou para negociar a Paz. Tamén que o nome da "saga familiar" sea de orixe celta.
Si ao final vai resultar que hai un "galego na lúa" e que é de Noia, como «a "Ítaca" dun tempo».
Vicente Risco, no seu manual da "Historia de Galicia", se refire ao pobo celta que habitaba as concas do río Tambre como "Tamaricos", os que habitaban a parte alta da conca se denominaban "Supertamaricos", e os da baixa e desembocadura, "Tamaricos". Quedou como mostra o nome do río Tambre, antes Tamar ou Tamara.
Curiosa metáfora histórica que faga non só de "Isabel a Católica" unha ilustre paisana por saga familiar: "Trastámara", senón tamén que o capital herdado que o fixo posible, ten o seu orixen tamén na decapitación de Luís Soga de Lobeira na Praza do Tapal, consolidando o necio e perverso círculo vicioso vengativo que se xera coa "Matanza de Rochaforte" ou a "traición" de Frai Berenguel de Landoire a Alonso Suàrez do Deza e once líderes representantes, que convocou para negociar a Paz. Tamén que o nome da "saga familiar" sea de orixe celta.
Si ao final vai resultar que hai un "galego na lúa" e que é de Noia, como «a "Ítaca" dun tempo».
Detalle do tapiado da porta sur de San Martín. Quen fixo a
obra, tivo o coidado de que o homiño tan
"gotiquiño mareiro" puidera respirar ... polo menos.
Igual Don Lope tratando de decir algo!?.
Fonte:
- "Documentos para a Historia de Galicia" de Pedro Fiaño González. Editorial Toxosoutos, colección Serie Trivium,1999.
- "Os Franciscanos en Noia", traballo de Pedro Fiaño González en preedición, elaborado ó longo das décadas dos sesenta e setenta.
- "Relación de algunhas Casas e Liñaxes do Reino de Galiza", de
Vasco da Ponte. Edición de Clodio González Pérez. Editorial
Toxosoutos, 2008.
- "Pedro Madruga" de Vasco da Ponte. Colección "O Moucho" de
Edicións Castrelos, Vigo 1968.
- "Noia e a súa Historia" de Paulo Nogueira Santiago. Editorial
Toxosoutos-2017.
- "Un Home de Vilameán" de Xoán Bernardez Vilar. Edicións Xerais
de Galicia, S.A., 1982.
- "Escudos de Noia" de Manuel Fabeiro Gómez e Xosé Ramón e
Fernández Oxea. Edicións do Grupo Filatélico e Numismático de
Noia, 17 de Maio do 2001.
- "Efemérides Noiesas" de Manuel Hermida Iglesias (Fanaraco) e
Xosé Agrelo Hermo (Pepe Agrelo). Imprenta Eco Franciscano de
Santiago, 1971.
- "O Nacemento da Vila de Noia" de José Martínez Crespo.
Publicado na "Casa da Gramática" n° 5 de Maio do 1999.
- "A Inmortalización do Legado de Don Lope de Mendoza en Noia. A
Portada Norte de San Martiño" de Begoña Fdez. Rodriguez da USC.
Publicado no Catálogo da Mostra Filatélica Nacional-PREFILITER
2000-Noia 13-20 Maio.
- "OS REIS E NOIA: Documentos Reais sobre Noia durante o Renacemento" de Xosé García Oro e María Xosé Portela Silva, da Universidade Santiago Compostela. Edicións do Grupo Filatélico e Numismático de Noia, na Mostra Filatélica Enteiros Postais de España - Noia 13-25 Maio 2003.
- "Franciscanismo: Memoria e Presenza", de: Dolores Fraga S ,
María Canedo B., Vitoria García S., Mónica Rei C. Edita Imprenta
U.D.C., 2019.
- "A Inquisición" de Luigi Sanzoni. Grupo editorial G.R.M.,
S.L., 2007.
- «Os Hospitais de Peregrinos do Sancti Spiritus "Da Dentro" e
"Da Fora" da Vila de Noia» de Paulo Nogueira Santiago. Publicado
no: "Mostra Filatélica-Día das Letras Galegas 2011.
- WIKIPEDIA
PUBLICADOS:




























