A PRIMEIRA MULLER: A BEN DOTADA

Despois de que Zeus conquerira o Olimpo derrotando ós Titáns, encargou a Prometeo e Epimeteo que repoboasen a terra, que quedara destrozada.
Prometeo creou unha nova e espléndida raza de homes, pero envexaba a forza e astucia que Epimeteo outorgara ós animais, e decidiu darlles un poder exclusivo, para o cal roubou o lume do ceo.
Zeus, enfurruñouse polo roubo, e castigou terriblemente a Prometo, e ordenou ós deuses que pensaran un castigo para os homes mortais. Entre todos tramaron unha vinganza sutil pero eterna. Modelaron en barro a figura dunha fermosa muller, a que lle deron todas as calidades dunha deusa, e puxéronlle de nome "Pandora", que significa “A Ben Dotada”, pois todos os deuses outorgáronlle os seus dons. Como regalo de despedida entregáronlle unha furna de ouro selada, de exquisito deseño, advertíndolle que nunca debería abrila para mirar o contido.
Pandora foi a primeira muller que apareceu entre os homes, os cales sentiron novas e estrañas emocións ó contemplar a súa beleza e sentir o magnetismo da súa doce voz e os seus claros ollos. Pero ela escolleu como esposo a Epimeteo, que se establecera a vivir entre os mortais.
Poderían vivir felices senón fora polas discusións que xeraba a furna de ouro. Epimeteo advertialle que era preciso obedecer ós deuses, pero estes crearon unha prohibición con un carácter autenticamente feminino e sabían que tarde ou cedo, a muller se saldría coa súa.
Pandora de John William Waterhouse, 1896.
E por fin un día Pandora quitou a tapa da furna e escoitouse un forte zumbado, como un enxame de abellas. Asas invisibles rozaron as súas meixelas, pero cando mirou ó interior da furna topouna baleira, a excepción da Esperanza, que permanecía acurrucada no fondo. Pandora asiña pechou a furna, para evitar que tamén a Esperanza se esfumara.
A primeira muller liberou a cobiza, a luxuria, o orgullo, a avareza, a envexa e todos os demais pecados e vicios, que se espallara pola terra coa velocidade do raio. Os deuses estaban vingados, e só queda a "Esperanza" para compensarnos do mal que fan os homes.
Fonte:
Enciclopedia das Cousas que Nunca Existiron (1987)” de Michael Page e Robert Ingpen

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN