O NEJRO ANTONIO
Antonio Silva Baiakú, mais coñecido polo "Nejro Antonio", era fillo de Ramiro Silva natural de Portodosal (Estremende), e Ubanda Baiakú princesa *Ioruba que fora adquirida como esclava, polo que logo seria o seu marido en Camagüei (Cuba), no ano 1.812.
Ramiro Silva, home de letras -quedáralle a deber a "tododiós" na aldea-, era dono dunha plantación de cana de azucre en Camagüei (Cuba). Alí namorouse da escrava Isaura (nome cristianizado de Ubanda) e concedeulle a liberdade. Tiveron un fillo, e Ramiro adicouse a ele en corpo e alma, mandandoo a estudar ós mellores colexios europeos da época. Antonio herdara da súa Nai o porte altivo e fachendoso, a fina intelixencia e o sentido musical. Do seu Pai non colleu o gusto polo viño, nin certa querenza de arranxar os asuntos difíciles a hostias.
Cando Antonio estaba a punto de rematar os estudios, seu Pai ficou arruinado polo asunto do xogo, e debeu voltar a Cuba, onde se atopou só -seus pais morreran-, pobre e abandonado.

Antón e afíns, nun acto organizado para recaudar fondos para o seu proxecto informativo emancipador: "Falabarato de Camagüei".
Farto de ver o trato degradante e discriminatorio, que sufrían os seus irmáns de raza -negros e galegos-, decide fundar un xornal, o "Falabarato de Camagüei" (puta casualidade!), que serviría de voceiro das ideas libertarias e antiesclavistas da época.
Para financialo, traballaba de bailarín e pianista, ademais de "machaca de señoritas bien" necesitadas de tenrrura.
Como destacaba moito nestas habilidades, escomenzou por ir mercando a liberdade de esclavos negros, ós que poñía ó servizo da súa imprenta, ao tempo que tentou asociarse coa emigración galega, de certo nivel cultural da época, polo que ficou só, cos seus irmáns de color.
Mais nunca renegou das súas raizames, sempre proclamou o seu orgullo de ser negro e galego.

O Himno Libertario gozou de moita difusión e popularidade. Na imaxen, nun "enseño" coreando "Polo mar abaixo vai unha troita de pé".
Traduceu cancións populares o *Ibo, que se fixeron moi coñecidos nos *quilombos da época. Famoso foi o "Samanga Nengo Golen Sambaiobá Ligüei-güei" (Polo mar abaixo vai unha troita de pé), himno libertario nos *enxeños sucreiros.
Perseguido polo Poder da época -blancos españois-, foi falsamente denunciado, por prácticas espiritistas e meigallería.
Na súa defensa, alegara estar en contra de todo o que significara ignorancia e superstición, e foi tan brillante a exposición, que tiveron que declaralo inocente.
Posteriormente acusárono de "instigador de motíns" e "incitación ó asasinato". Desta non houbo quen o "zafara". Caéronlle trinta anos de cadea.
Antonio, home libre ate os *angümiños, non puido soportar o seu cativerio, e tirouse as quenllas, tras tres anos de encerro. Rematando así unha tráxica páxina, da nosa esquecida historia.
Proba da súa clarividencia foi a frase: "Vexo mais cerca a liberdade do negro ca do galego. O negro quere ser libre, o galego mariñeiro, e non hai amo mais fodido que un armador".
Ahí queda iso!.
LELO DA PENA
VOCABULARIO
*IORUBA: Pobo africano, situado no centro oriental de África.
*IBO: Idioma dos Iorubas.
*QUILOMBO: Pobos creados por africanos nas selvas sudamericanas, fuxindo da esclavitude.
*ENSEÑOS SUCREIROS: Plantacións de cana de sucre.
*ANGÜMIÑOS: Menudillos.
Fonte:
Relato publicado no Falabarato nº 21 de Outubro 1995, no apartado de "Galería de Personaxes Históricos Esquecidos".
Láminas pertencentes ó álbum de Castelao: "Debuxos de Negros", do 1939. Editado postumamente no 1970. A excepción do debuxo que encabeza o artigo, obra do director gráfico da redacción Noé.


