Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CANSIÑO PRADAIRO

CANSIÑO PRADAIRO

Imaxe
Hai 5 tipos diferentes de especies: o de Gunnison, de Rabo-branco, de Rabo-preto, o Mexicano e o de Utah. Todas estas especies, que comparten o xénero biolóxico dos esciuridos, primos das marmotas e os esquiús (ardillas), localízanse en América do Norte, distribuidas dende o norte de México ata Canadá. VIDA COMUNITARIA Os cansiños pradairos comezan as súas actividades no albor do día, pasándose varias horas alimentándose da vexetación, facéndolle a manicura a paisaxe, toman o sol no seu montículo e acicálanse entre eles, quitándose os parasitos (pulgas e carrapatas). A maioría métese na tobeira protexéndose das horas de calor do día, reaparecendo un rato ó atardecer e retíranse a durmir cando se fai de noite. Nas horas de vixilia adícanse a vixiar a paisaxe por si aparece algún depredador: teixóns, coiotes, raposos, furóns, linces, serpes de cascabel, aguias e falcóns. Cando algún depredador é avistado entrando na colonia, dáse a voz de alarma. Algunhas especies de cansiños pradair...