Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PLANTAS

XARINGUEIRA - XARXA - SARXA : SALVIA (cast.)

Imaxe
Se dispós de salvia na túa horta ou xardín estarás beneficiando ás abellas veciñas. As flores azul violáceas distribúense formando unha espiga e son moi ricas en néctar. É unha beleza observalas con detalle: son cápsulas perfectamente deseñadas para que a abella se pouse nelas, e, mentres penetra no seu interior, os estames deixan o pole no seu lombo. Unha enxeñería evolutiva perfecta. O seu nome é unha declaración de intencións, deriva do latín “salvare”. No século XIV, entre os médicos da Escola de Salermo, preguntábanse extranados: “Por qué morre a persoa que ten sarxa no xardín?”; resolvendo coa razón: “Por que ningunha herba do xardín é o bastante forte contra a morte”. A sarxa non da a inmortalidade, pero permite vivir con saúde o tempo que podamos pasar sobre a terra. Pedanio Dioscórides O SABER DAS PLANTAS Na Galiza temos indicios do uso de plantas alucinóxenas da familia das Solanáceas (tomates, berenxenas, pementos, chiles, …) a finais do Neolítico, polo análise do soport...

PLANTAS DA PACHAMAMA

Imaxe
Fai moito tempo que a Datura asociouse co culto de Shiva, o deus da India que rixe os aspectos creativos e destrutores do universo. Nesta escultura de bronce do século XI, do sureste da India, se ve a Shiva danzando o Anandatandava , a sétima e última das súas danzas, onde se combinan todos os resgos do seu carácter. Shiva aplasta co seu pé dereito ao Demo «Apasmar Apurusa» , que se personifica na ignorancia. Shiva sostén coa man dereita superior, un tambor diminuto, que simboliza o tempo, por medio do ritmo da súa danza cósmica, no campo da vida e a creación. A súa man dereita inferior atópase na posición «abhaiamudra» , expresando a calidade de Shiva de "garda do universo". Na man superior esquerda sostén unha chama que queima o veo da ilusión. A súa man inferior esquerda na posición de «gaxahasta» , apunta ó seu pé esquerdo erguido, libre no espazo, simbolizando a "liberación espiritual". O seu cabelo está atado cunha banda, mentres que dúas serpes sosteñen u...

A MARÍA: NÉCTAR DA DELICIA

Imaxe
1) Parte superior da planta macho, con frores; 2) Parte superior da pranta femia con froitos; 3) Xerminación da pranta; 4) Foliolo dunha folla dividida en once partes; 5) Porción dunha inflorescencia estaminífera con capullos e fror madura; 6) Frores femias; 7) Froito pechado nunha bráctea resistente; 8) Froito, vista lateral; 9) Froito, vista posterior; 10) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 11) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 12) Velosidade non glandular contendo un cistolito. O NÉCTAR DA DELICIA A relación do ser humano e a Cannabis, existe probablemente, dende moito antes do descubrimento da agricultura no Vello Mundo, fai máis de dez mil anos. Pola súa múltiple utilidade, a Cannabis convértese nun dos cultivos máis antigos e máis estendidos do mundo, cumprindo eficazmente cinco propósitos: Fonte de Fibra (cáñamo), Aceite, Sementes (fonte nutricional), Narcótica e Terapéutica para tratar un amplo espectro...