Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta FARXÁCOLAS

FARXÁCOLAS: A PESTE DE 1569 EN COMPOSTELA

Imaxe
Gravado de Santiago de Compostela, 1669. A PESTE DE 1569 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Ano calamitoso foi para a cidade de Santiago o de 1569, no que recrudecía una peste desenrolada tres anos atrás en varios pobos de Galicia, provocando incontable número de vítimas, a pesar das medidas sanitarias que se puxeron en práctica. O Concello de Santiago, o 2 de Maio, mandou ó Bachiller Paz, médico titular da cidade, que visitara ós enfermos do municipio, “e ver que enfermidade teñen”, dando conta ó Concello. Coa prevención, de que curase de gracia ós pobres, “e atento ó traballo que nelo ten que poñer, ate que outra cousa se provea, aumentándoselle ós "seis mil marabedís" o seu salario, cando tiña asinado un salario de catro mil”. A Danza Macabra. Non consta o resultado do estudio do médico Paz, nin hai informes doutros facultativos sobre a enfermidade que, con varias alternativas, cebouse cruelmente no noso país, por espazo de algúns anos e a que, vulgarmente déuselle o nome de “...