Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CRIMEN-CASTIGO

O PESADELO DE RASKÓLNICOV

Imaxe
Raskólnikov permaneceu no hospital o resto da Coresma e ata despois da Pascua de Resurrección. Convalecente xa, lembrou os soños que tivera cando estaba con febre e deliraba. Na súa enfermidade, soñara que o mundo enteiro, estaba condenado a unha "praga mortífera e descoñecida", que dende Asia avanzaba cara a Europa. Todos tiñan que morrer, agás un pequeño número de elixidos. Apareceran unhas triquinas dun tipo novo, "seres microscópicos" que se introducían no corpo dos seres humanos. Mais tales seres, eran espíritos dotados de intelixencia e vontade. A xente que os recibía dentro de si volvíase enseguida endemoñada e tola. Pero, nunca antes os homes, se consideraran tan lúcidos e tan seguros, de estaren en posesión da verdade como os apestados. Ata entón, nunca tiveran tanta confianza na infalibilidade das súas sentenzas, na firmeza das súas conclusións científicas, das súas conviccións morais e relixiosas. Aldeas enteiras, cidades e vilas contaxiadas daquela l...