CATALINA DE ERAUSO, A MONXA ALFÉREZ (II/III)
Catalina nin foi monxa, nin madureceu muller. Cando fuxiu da clausura conventual con quince anos aínda era noviza. Cunha excelente formación humanística e de xestión persoal, moi superior á formación media a esa idade, da sociedade de calquera tempo. Dominaba o latín, vasco e castelán, lido e escrito, ca particularidade de que a humillación redutora educativa da muller, non foi exercida directamente polos seus pais, senón polas monxas, as “médiums” de Deus na Terra e o apoio dunha tia tamén monxa. Pronto decatouse de que socialmente era máis importante a superstición da credencia en Deus, que a propia realidade. A determinación de transformarse en home, "no home máis bizarro da historia humana", foi coa dignidade de superar o efecto castrante de que lle asignaran un papel de monxa de por vida, e poder experimentar a vida, sen as limitacións asociadas a muller. Xunto a brutal realidade colonizadora, que establecía as reglas deste xogo macabro, fixo que madurecera como hom...