Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

ADVERTENCIA Á CIDADANÍA

Imaxe
“Citizens Warning on Overshoot and Collapse (Advertencia Cidadán sobre a Extralimitación e o Colapso)” , foi lanzado recentemente pola The Real Green New Deal Project conxuntamente cos autores do libro «Bright Green Lies (Brilantes trolas verdes)». Coa autoría principal de Megan Seibert e apoiado como cidadáns iniciais William Rees, Ron McCormick e Alice Friedemann (por parte do Real GND) e Derrick Jensen, Max Wilbert e Lierre Keith como autores do citado libro, e gracias a tradución de Manuel Casal Lodeiro do Instituto Resiliencia , revisada por Jorge Riechmann. Esta advertencia, está aberta a asinar por calquera cidadán preocupada polo futuro da humanidade e a súa relación co medio natural, por medio dun formulario de Google ou mediante un correo electrónico a los responsables del Real GND. ADVERTENCIA A OS CIDADÁNS ACERCA DA EXTRALIMITACIÓN E DO COLAPSO Nesta penúltima hora da Humanidade e o Planeta, denunciamos que o que se está vendendo ó mundo encol da viraxe climática, é p...

FERRER I GUARDIA

Imaxe
CONTIGO COMENZOU TODO O 13 de outubro do 1909, o Exército Español fusila a «razón» no foso do Castelo de Montjuic de Barcelona. A «razón» toma forma, neste caso, de varón de 50 anos, pelo cano que xa retrincou na parte central do cranio, abondante mostacho que impera sobre unha coidada barba, roupa elegante sobre a que se observan varios furados recén producidos por unha andanada de balas. Francisco Ferrer i Guardia , na España de principios do século XX, encarna a "luz" que se abre paso nas tebras. Ferrer escribiu cousas coma esta: “Demostrar ós nen@s, que mentres un home dependa de outro, cometeranse abusos e haberá tiranía e escravitude, estudar as causas que manteñen a ignorancia popular, coñecer a orixe de tódalas prácticas rutinarias que dan vida ó actual réxime insolidario, fixar a reflexión dos alumnos sobre canto a vista se nos presenta, tal será o programa das escolas racionalistas”. Na España, pensar así é pecado; levalo a práctica, pecado mortal. Francisco ...

SERVIDUME VOLUNTARIA (VIII/IX)

Imaxe
ÉTIENNE DA BOÉTIE (1530-1563) “Non hai política, sen coñecemento do cidadán”, podería ser o corolario da breve obra de "Da Boétie", que constatando as inclinacións humanas, tece con desenvolvemento esta trama, incluíndo a teima polo poder e a paixón pola autoridade, xunto coas debilidades que abocan á subordinación. Aprende dos seus predecesores pensadores, a vislumbrar os cálculos do tirano e os síntomas, no que se manifesta esa liberdade secuestrada e pouco a pouco subxugada. Etienne mostra agudeza, negando, por principio, calquera dignidade ou atributo o tirano, expoñendo que o tirano, so pode exercer o seu dominio si quenes son tiranizados o desexan. Si o cidadán sirve, e que foi criado como servo. Axuda a entender que a loita contra o autoritarismo, non depende das declaracións bélicas ou das ameazas de revolución, senón de acoutar a disipación ou a indiferenza política, que se adiviñan como os auténticos males da república. Pasarei agora a un punto que, ao meu ver...

PLANTAS DA PACHAMAMA

Imaxe
Fai moito tempo que a Datura asociouse co culto de Shiva, o deus da India que rixe os aspectos creativos e destrutores do universo. Nesta escultura de bronce do século XI, do sureste da India, se ve a Shiva danzando o Anandatandava , a sétima e última das súas danzas, onde se combinan todos os resgos do seu carácter. Shiva aplasta co seu pé dereito ao Demo «Apasmar Apurusa» , que se personifica na ignorancia. Shiva sostén coa man dereita superior, un tambor diminuto, que simboliza o tempo, por medio do ritmo da súa danza cósmica, no campo da vida e a creación. A súa man dereita inferior atópase na posición «abhaiamudra» , expresando a calidade de Shiva de "garda do universo". Na man superior esquerda sostén unha chama que queima o veo da ilusión. A súa man inferior esquerda na posición de «gaxahasta» , apunta ó seu pé esquerdo erguido, libre no espazo, simbolizando a "liberación espiritual". O seu cabelo está atado cunha banda, mentres que dúas serpes sosteñen u...