Publicacións

ADVERTENCIA Á CIDADANÍA

Imaxe
“Citizens Warning on Overshoot and Collapse (Advertencia Cidadán sobre a Extralimitación e o Colapso)” , foi lanzado recentemente pola The Real Green New Deal Project conxuntamente cos autores do libro «Bright Green Lies (Brilantes trolas verdes)». Coa autoría principal de Megan Seibert e apoiado como cidadáns iniciais William Rees, Ron McCormick e Alice Friedemann (por parte do Real GND) e Derrick Jensen, Max Wilbert e Lierre Keith como autores do citado libro, e gracias a tradución de Manuel Casal Lodeiro do Instituto Resiliencia , revisada por Jorge Riechmann. Esta advertencia, está aberta a asinar por calquera cidadán preocupada polo futuro da humanidade e a súa relación co medio natural, por medio dun formulario de Google ou mediante un correo electrónico a los responsables del Real GND. ADVERTENCIA A OS CIDADÁNS ACERCA DA EXTRALIMITACIÓN E DO COLAPSO Nesta penúltima hora da Humanidade e o Planeta, denunciamos que o que se está vendendo ó mundo encol da viraxe climática, é p...

«FOTOS MAYO»: A IMAXEN DA DIGNIDADE

Imaxe
Equipo de Foto Irmáns Mayo, de esquerda a dereita: os irmáns Francisco (no retrato), Xulio e Cándido Souza, e os irmáns Faustino e Pablo do Castelo. Co "golpe militar franquista" Fotos Mayo , convértese nun instrumento crucial para a difusión da causa republicana, cubrindo os distintos frontes de guerra e creando un prolífico arquivo gráfico ao pé do combatente e do pobo sufridor e masacrado. Cunha firme e inquebrantable premisa que incidía na cuestión de: "Antes de que a técnica domine ó ollo (que olla), os valores -a ideoloxía- deben dominar á mente (que ve). "A historia escríbena os vencedores, non os vencidos e pódese terxiversar sen darlle moitas voltas á realidade. A unha fotografía, por moitos pés que lle poñan, é moi difícil darlle a volta. A fotografía deunos un reflexo moito máis fidel que a propia historia escrita, con todo respecto aos historiadores. Eu non considero a fotografía como un complemento da literatura. As fotografías, como os grandes notario...

INFORME E DATOS DO «XENOCIDIO» NA COMARCA DE PLANAS, «LILA» A PRINCESA "CUIBA" DO CAPANAPARO E A «GUAHIBIÁ» DA "COMUNIDADE NUKAK"

Imaxe
INFORME E DATOS DO XENOCIDIO NA COMARCA DE PLANAS, NO ANO DE MIL NOVECENTOS E SESENTA E NOVE, CONFIRMADOS POLO VEEDOR DON PIOQUINTO GACHALÁ ENCARGADO DOS ASUNTOS INDÍXENAS DO DEPARTAMENTO DO META E NA XURISDICCIÓN DE VILLAVICENCIO.- Ao Alto Senado da República e ás Vosas Señorías, honorabeis gardas da Lei, na humildade dos meus coñecementos e na honra e mercedes que me fan, como comisario e veedor nestas terras do Meta e Casenare, e por razón do grande infortunio acaecido ás xentes que tutelaba o vello cacique Capanaparo dos "cuibas", meu amigo, e por que haxa a suficiente luz nestes sucesos e se cumpran a lei e a xustiza que en todo caso Vosas Señorías sempre outorgan, paso a esmiuzar os pormenores de todo aquilo que me foi dito e que os meus ollos viron, e as consecuencias que se poden tirar do acontecido... O LENE BRUIDO DO VULTO. De lonxe viamos o vulto enriba do samán senlleiro da planicie e non distinguiamos se era un grande abutre, dos que revoaban na outra banda ...