A ILLA DA CREBA
Si, mar, gran mar, de delirios dotado Pel de pantera e manto ben calado Por ídolos de sol máis dun milleiro, Ebria de carne azul, hidra completa Que mordes a túa cauda de cometa Nun tumulto ou bruido silandeiro. Antón Avilés de Taramancos , traducindo ó galego «O Cemiterio Mariño» de Paul Valery . Plinio a situaba nos pobos Tamaricos dicindo que nela se atopan as famosas Aras sextianas, feito que parece corroborar Carré Aldao ao dicir: “que as tan discutidas Aras sextianas, torques de ouro e fíbulas preciosas apareceron por estes paraxes e foron a enriquecer as colecciones soberbias do Sr. Blanco-Cicerón” . Na Historia Compostelana relátase como os piratas-sarracenos e normandos (vikingos), instalados na illa asolaban frecuentemente a costa provocando que os nativos abandonasen as súas casas a comenzos da primavera ate mediados do outono, refuxiándose nos montes próximos. Alvaro das Casas escribe: Que a últimos do século XI, os «Almorávides» fixeron incursións polos alrededores da V...