ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)
Os Ultreias na 3ª Xeira no dolmen de Axeitos (Corrubedo). Nesta Terceira Xeira os Ultreias desenrrolan unha expedición polo entorno do Barbanza, esta sería a primeira das proxectadas. Outras a realizar serían: exploración da ribeira do Tambre, as Serras de Mazaricos, a bisbarra do Xallas, a ría de Muros-Noia na súa totalidade, ... Usando a metodoloxía que xa viñan afinando e mellorando das Xeiras anteriores para a realización desta análise inédita, a excepción do catálogo prehistórico folclórico de Cuevillas e Bouza-Brey, publicado polo Seminario de Estudos Galegos. O estudio a realizar, abarcaría valorar a riqueza prehistórica-arqueolóxica, reconto das poboacións, flora da montaña, labores que se realizan no agro, etcétera, rematando no Faro de Corrubedo para coñecer o seu funcionamento, organización e traballos: “... de ligar en nobre e patriótica conversa a nosa pequena cultura de homes, que comezan a aprender coa vella e controlada sabenza dos vellos pobos enraizados nun doloro...