PESTES EN NOIA 1854
“A situación non era dunha poboación desnutrida e propensa a enfermar ou sufrir endemias. A economía pesqueira e as súas actividades complementarias proaban por sendeiros de prosperidade, en tanto as colleitas dos anos precedentes foran satisfatorias. Nada facía presaxiar a calamidade que se cerniu nos barbanzáns no 1854. E sen embargo, chegou o desastre”. (Bravo Cores 1990)
1854: Con motivo da "peste" e enterada a Xunta Municipal de Sanidade de que algunas lanchas saíran a por ostra e marisco, acordouse que a Garda Civil e Carabineiros impedisen o atraque en porto desta fauna mariña: "... pois nas Circunstancias na que se atopa a saúde pública do Distrito, sería altamente perxudicial que se consumiran tales alimentos".
23/08/1854: A primeira víctima da cólera morbo asiática foi Dominga Fernández, era solteira e vivia na Praza da Fanaqueira. Foi seguida por Pascua Agrafoxo, Benita Patiño, Marco San Martín, Manuel Pardiñas, Melchor Carril, M. Axeitos e Patricio Oviedo...
O azote da cólera matou a 32 veciños, só en Setembro, sinificando o 66% da poboación.
A epidemia do cólera foi remitindo nos meses seguintes. Pero apareceu un novo brote epidemiolóxico nas rúas de intramuros, a variola.
19/10/1854: A primeira víctima da "variola" foi Domingo Millares que vivia na rúa Laxe. Sendo seguido dias dispois, por Adelaida Rodriguez de 21 anos e Nicolasa Rita veciña da Rúa Condesa.
Dos expedentes de quintas, se sabe que en 1849 Noia contaba con 7.475 veciños (reconto feito por Gutiérrez de Velasco). Pasando no 1857 ós 7.872 (2.537 en intramuros).
FONTE:
- “400 Anos na Historia da Vila de Noia” de Xerardo Agrafoxo, editado polo Concello de Noia.
- “Efemérides Noiesas” de Manolo Hermida Iglesias (Fanaraco) e Pepe Agrelo Hermo.


