ESCALA EVOLUTIVA DIDÁCTICA

Combinando a relación experimental, distancia-velocidade radial das galaxias, cos modelos teóricos derivados da Relatividade Xeral de Einstein, chegamos a idea actual de vivir nun Planeta, cun diámetro de 40.000 Km., que xunto con outros, dan voltas ó redor do Sol, formando un Sistema Solar cun diámetro duns 100.000 a.l. (anos luz), integrado nunha Galaxia con forma de espiral chamada "Vía Láctea".
O Sol, a nosa estrela, é ún dos douscentos millóns delas que se estima que hai na Vía Láctea, esto daría uns 3,2 billóns de planetas na Galáxia. O Sistema Solar dista uns 26.000 a.l. do centro da Galáxia, e demora uns 250 millóns de anos en orbitar a Vía Láctea. A Galáxia ten uns 100.000 a.l. de ancho e uns 1.000 a.l. de grosor. A nosa Galáxia, nun Universo en expansión, cuns dous billóns de galaxias como a nosa no Universo observable, e xurde a cuestión de: "si o Universo é 'o todo', ou formará parte dun hipotético multiuniverso?".

Desde o punto de vista mecanicista (estudio do funcionamento planetario), a Terra pode compararse a un motor onde o combustible é a enerxía depositada no seu interior polos planetesimales que a formaron, máis o calor desprendido polos elementos radioactivos. Todo o interior do planeta está en movemento, pódese entender como si foran as bielas e pistóns dun motor de explosión; as placas litosféricas (continentes + fondos oceánicos) son equiparables as rodas, as partes movibles visibles dende o exterior. Os terremotos son como o traqueteo de calquera motor ó moverse; e os volcáns son os tubos de escape.
En xeral, acéptase que a Terra
consolidouse dende fai uns 5.000 millóns de anos (MA), e as primeiras
formas de vida, o fixeron nos últimos mil MA. Orixinariamente, as
masas de auga crearon un «plasma ou caldo molecular -conxunto de
átomos-», que progresivamente fóronse xunguindo de xeito máis
complexo. Baixo a influencia das radiacións e
accidentalmente, formouse unha combinación de átomos, constituíndo
unha molécula capaz de "facer copias de si mesma -reprodución-", foise
perfeccionando e orixinou o «ácido desoxirribonucleico (ADN)». Aí
comeza a historia biolóxica da Terra, que por evolución, levan todos os tipos de plantas
e animais, entre eles ós humanos. En 1953 Crick e Watson,
conseguiron describir a estrutura de esta molécula, «a semente da
vida».
Se pode facer unha comparativa
aproximada da evolución histórica do Planeta coa propia vida, si temos 25 anos. Si temos 50, multiplicar a columna da dereita por 2. Si xa imos polos 75 anos, multiplícase por 3.
A efectos de sinxeleza,
simplificáronse e redondearon os números de cada período
histórico, si ben algúns datos, aínda son obxecto de estudio e debate.
Os traballos de investigación do sochán dos últimos coarenta anos, puxeron patas arriba, as ideas preconcibidas que tíñamos da vida no noso propio planeta. Tanto o espazo habitable, como o espectro de formas de vida terrestres, podería ser varias veces máis grande, do que nos imaxinábamos.
Temos que aprender a aceptar o feito, de que a superficie quecida polo Sol, coa que estamos tan familiarizados, non é mais que un dos escenarios, nos que a vida leva a cabo as súas xestas extraordinarias.
Dentro do contexto da vida, no conxunto do universo, a superficie da Terra alimentada polo Sol, podería non ser o escenario central, senón un compoñente case insignificante.
O cerebro humano é o resultado da Evolución Planetaria. Con ampla perspectiva, somos bolboretas dun día, moi áxiles, moi bonitas, pero que naceron fai unhas horas e que non chegarán a ver a "aurora" de mañán.
Coñecer, aínda que sea a grandes
resgos, a complexidade da vida e a inmensidade do tempo na historia
natural, axúdanos a ser máis conscientes da nosa excepción, a
relativizar mellor as vicisitudes da brevidade da nosa existencia.
Fonte:
- “O Cerebro do Rei: Vida, Sexo, Conduta, Envellecemento e Morte dos Humanos”, de Nolasc Acarín.
- “Biografía da Terra: Historia dun planeta singular” de Francisco Anguita.
- "A Nosa situación no Universo", de Ramón Vilalta López. Publicado no apartado "Luces Largas/Argumenta", na revista 'Tempos Novos (TN)', abril 2024.


