Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PSICOLOXÍA EMOCIONAL

MARÍA CHOROU NOS PÉS DE XESÚS

Imaxe
Nado en Montreal no 1960, Chester Brown publicou a súa primeira tira ós doce anos nun periódico local, e antes de cumprir os vinte trasladouse a Toronto co propósito de profesionalizarse na súa paisón que o catapultaría como unha das personalidades máis novedosas do cómic independente. No 1983, autoedita o minicomic “Yummy Fur”, que sería o previo a editar a súa novela gráfica “O Paiaso Feliz”, que acadaría varios premios internacionais, e as lembranzas autobiográficas co título de “O Playboy” e “Nunca me gustaches”. Outros traballos notables son a biografía do líder rebelde canadense do século XIX “Louis Riel”, ou as súas rotundas reflexións sobre a prostitución, baseadas en experiencias reais, recollidas no libro “Pagando por Elo”. De personalidade introvertida pero impúdico no seu discurso, Chester Brown logrou converterse nunha das voces máis poderosas e influentes con que conta hoxe o mundo do cómic para adultos. “SON MARÍA DE BETAÑA E MARÍA MADALENA, A MESMA PERSOA?” Non pod...

A MARÍA: NÉCTAR DA DELICIA

Imaxe
1) Parte superior da planta macho, con frores; 2) Parte superior da pranta femia con froitos; 3) Xerminación da pranta; 4) Foliolo dunha folla dividida en once partes; 5) Porción dunha inflorescencia estaminífera con capullos e fror madura; 6) Frores femias; 7) Froito pechado nunha bráctea resistente; 8) Froito, vista lateral; 9) Froito, vista posterior; 10) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 11) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 12) Velosidade non glandular contendo un cistolito. O NÉCTAR DA DELICIA A relación do ser humano e a Cannabis, existe probablemente, dende moito antes do descubrimento da agricultura no Vello Mundo, fai máis de dez mil anos. Pola súa múltiple utilidade, a Cannabis convértese nun dos cultivos máis antigos e máis estendidos do mundo, cumprindo eficazmente cinco propósitos: Fonte de Fibra (cáñamo), Aceite, Sementes (fonte nutricional), Narcótica e Terapéutica para tratar un amplo espectro...

PSICOLOXÍA TRANSPERSOAL

Imaxe
Transformar as distraccións sensoriais en portas ó inefable, é tarefa da mente evolucionada (Xosé Maroto Mingo) A METÁFORA SUFÍ Existe unha coñecida metáfora dos mestres sufís, describindo cunha fermosa imaxe do ser humano, como unha unidade formada por: mente, corpo, emocións e espírito. Ó nacer, somos provistos dunha carruaxe (o corpo), conducido por un cocheiro (a mente), impulsado por dous cabalos (emocións e instintos). Dentro da carruaxe, viaxa o propietario (o Ser) que da as ordes, mentres viaxa ó traveso dos camiños (a vida). É a nosa responsabilidade, durante a viaxe da vida, coidar a carruaxe; revisala, afinala e atender o que sea necesario para o seu mantemento. Deste xeito, a carruaxe nos permitirá visitar e coñecer moitos lugares. Durante a viaxe, imos dándonos conta do importante que é ensinar ó cocheiro, para que deixe de castigar ós cabalos. Mostrarlle medios para non reprimilos, que aprenda a coidalos e animalos. E tamén indicarlle como dominalos, para que non se...

EU SON EU

Imaxe
Virxinia Satir (1916-1978) psicóloga pioneira, que xunto a outros especialistas, creou o Mental Research Institute de Palo Alto (California). Este texto dela, resulta moi convinte para traballar a autoestima ou cando te sintas bloquead*. INTRO Ser ou non ser (Ernst Lubitsch, 1942) , unha das grandes xoias do cine clásico e todo un alegado de valentía e honestidade nesa época. Ser ou non ser é unha comedia atemporal que se recomenda de volver a ver -si xa se veu antes- encarecidamente. Exemplo en clave humorística, do éxito dun Eu desestructurado entre a emerxente revolución social ideolóxica, un militarismo imperial e un capitalismo armamentístico, que se brinda a resarcir a derrota humillante -a humillación alimenta o EuMonstruo - da Primeira Guerra Mundial. QUEN HAI DENTRO MIÑA? En todo o mundo, non existe ninguén exactamente igual a min. Hai persoas que se me parecen, pero de ningún xeito son eu. Por conseguinte, todo o que sae de min, é autenticamente meu, porque eu só o ...

AMOR: UNIVERSO EMOCIONAL

Imaxe
Galaxia do Amor. FUNDAMENTACIÓN CIENTÍFICA DAS EMOCIÓNS NO UNIVERSO A «astronomía» é a ciencia que estuda os corpos do universo (planetas, satélites, cometas, estrelas, materia interestelar, materia escura, galaxias, etc ). Dado o seu amplo campo de estudio, esta dividiuse en catro ramas: Astronomía de Posición, Mecánica Celeste, Astrofísica e Cosmoloxía. A Astronomía de Posición sitúa na esfera celeste a posición dos astros. Describe o seu movemento e fenómenos como os eclipses. Se aplica ó «Universo das Emocións» para determinar a posición das diferentes emocións no espazo. A Mecánica Celeste ten por cometido interpretar os movementos da Astronomía de Posición . Estuda o movemento da lúa, os planetas en torno ó sol, dos seus satélites e o cálculo das órbitas de cometas e asteroides. A súa aplicación ó «Universo das Emocións» consiste no análise da progresión dunha emoción a outra. A Astrofísica estuda os astros cono corpos cunhas calidades físicas propias, analizando a súa co...