Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta OUTES NA REPÚBLICA

OUTES 1931

Imaxe
  A lei do 28 de xaneiro de 1906, dou orixe aos Sindicatos Agrícolas (de tradición católica). No período da ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), xurdiron multitude de sindicatos e organizacións obreiras. Se crea a Sociedade de Estibadores do Freixo, sindicato fundado no Freixo o 1 de xullo de 1927. No lugar do Rego, créase o 13 de decembro de 1927, “A Fraternidade Liga de Amigos”, que aparece nos rexistros como asociación político-social, e foi dirixida por Manuel Torrados Alborés ,  Antonio Domínguez Fernández e Ramón Molinos Villar. Na Constitución de decembro de 1931, contémplase unha cobertura xurídica, legal e real dos sindicatos. As leis sobre asociacións profesionais de maio de 1931 e 8 de abril de 1932, apoiadas por Largo Caballero (Secretario da UXT), marxinaron o sindicato CNT, con máis de 800.000 afiliad@s no Estado, e con forte presencia nos colectivos profesionais na Comarca (Muros, Carnota, Serra de Outes, Lousame, Noia, Porto do Son). 1930 30 de Xaneiro...